Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

EDUCACIÓN PRIMARIA

ENTRADA

ALUMNADO TRANSPORTADO:  Os autobuses terán os mesmos horarios que no curso 19-20. Á chegada ao colexio, o alumnado será conducido polo profesorado de garda ao interior do centro ao fin de manter as distancias e aforos marcados no Protocolo.

ALUMNADO ACHEGADO POR FAMILIAS:  Pola porta principal, como o ano pasado, a partir das 9:00. Comezarase por dar entrada a 6º de E.P., 5º de E.P., 4º de E.P.,3º de E.P.,2º de E.P.,1º de E.P.,E.I 6º e E.I. 5º.

SAÍDA

ALUMNADO TRANSPORTADO: Ás 14:00 h. serán conducidos polo profesorado de garda ata as diferentes liñas de autobuses e chegarán ás diferentes paradas no mesmo horario do curso 19-20.

ALUMNADO RECOLLIDO POR FAMILIAS: As familias esperarán ao alumnado de Educación Primaria no exterior da porta de acceso principal, como o ano pasado, ás 13:55 h. Sairán de xeito escalonado, de 1º a 6º de Primaria. O alumnado de 5º e 6º de E.P. poderá sair só do centro, previa autorización dos seus pais/nais/ titores/as legais.

EDUCACIÓN INFANTIL

(SALVO 4º DE E.I. EN PERIODO DE ADAPTACIÓN)

ENTRADA

ALUMNADO TRANSPORTADO: Os autobuses terán os mesmos horarios que no curso 19-20. Á chegada ao colexio, o alumnado será conducido polo profesorado de garda ao interior do centro ao fin de manter as distancias e aforos marcados no Protocolo.

ALUMNADO ACHEGADO POR FAMILIAS: Pola porta principal, como o ano pasado, a partir das 9:00. O alumnado de E.I. entrará despois do de Primaria.

SAÍDA

ALUMNADO TRANSPORTADO: Ás 14:00 h. serán conducidos polo profesorado que imparta a última sesión lectiva ata as diferentes liñas de autobuses e chegarán ás diferentes paradas no mesmo horario do curso 19-20.

ALUMNADO RECOLLIDO POR FAMILIAS: As familias esperarán ao alumnado de Educación Infantil ás 13:50 na porta 1 do patio cuberto, recollerán ao alumnado (que irá acompañado polo profesorado que imparta a última sesión) e abandonarán ordenadamente o recinto escolar.



Imaxe aleatoria

Concurso de postais de Nadal

story | by Dr. Radut