Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO

ESCOLAR 2021-2022

 

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL:

Para levar a cabo unha volta ás aulas segura para todos, cada alumno debe levar consigo desde o primeiro día:

Máscara dende os 6 anos e unha de reposto gardada nunha bolsa de plástico ou nun recipiente habilitado para ese uso).

En menores de 6 anos non resulta obrigatoria pero recomendamos a súa utilización.

Bote pequeno de hidroxel de uso individual (só para Educación Primaria).

 

Caixa de panos desbotables

 

 

ORGANIZACIÓN DOS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA A PARTIR DO XOVES 9 DE SETEMBRO:

Entradas ao centro

  • Os alumnos transportados en autobús accederán ao centro polas portas habituais (no baixo do colexio)
  • Os alumnos de familias entrarán todos pola porta principal, DEIXANDO E RECOLLENDO AO ALUMNADO NA CANCELA DE ACCESO.

SO ACCEDERÁN AO RECINTO AS FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.(cada neno/a cun só acompañante)

  • Os alumnos e alumnas de Ed. Primaria serán recibidos no portal polos mestres e mestras  de garda.

As horas de entrada para os alumnos e alumnas de familias será escalonada.

 

As horas de saída do centro tamén serán escalonadas para as familias e faranse na porta principal.

 

 

POLO BEN DE TODOS, PRÉGASE A MÁXIMA PUNTUALIDADE

  • O recreo será de 30 minutos.   
  • Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria poden ser autorizados para saír do centro sen acompañamento familiar previa autorización asinada (facilitarase o modelo). No caso de ter irmáns menores no centro e estar autorizados poden facerse cargo  deles na hora da saída.
  • As reunións de principio de curso e titorias, salvo casos excepcionais , serán via telemática ou telefónica.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS POR COLABORAR CUNHA VOLTA O MÁIS SEGURA POSIBLE

 

 



Imaxe aleatoria

Listaxe definitiva admitidos e non admitidos fondo libros

story | by Dr. Radut