Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

FONDO LIBROS 2023/24

Segundo a Orde de 7 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación escolar en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Obxecto:

Adquisición de libros:  e  de EP.

Material escolar de toda E.P (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º).

Fondo de libros de 3º, 4º de EP.

Requisitos:

Renda per cápita (ano 2022) (=o inf a 6000 euros... 6 libros +cheque material/ +6000 euros e = o inf a 10.000 euros.... 4 libros). No caso de 1º e 2º EP recibirán 240 euros (1º tramo renta) e 160 euros (2º tramo de renta).

Cuantía da axuda para adquirir material escolar para o alumnado matriculado en EP será a seguinte: renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros: 75 euros; renda per cápita igual ou inferior a 10.000 euros: 60 euros.

- Calquera renda con dicapacidade 65%.

- Alumnado en garda ou tutela da Xunta.

 

Documentación cando se autoriza a consulta de datos:

1. Solicitude única por familia de todos os irmáns matriculados no mesmo centro educativo.

2. Fotocopia do libro de familia de todas as páxinas onde figure o nome de calquera dos membros da familia compurables a 31 de decembro de 2022 (orixinal e copias).

Se é o caso:

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.

- Certificado ou volante de convivencia.

- Grao de discapacidade.

Só se presentará unha única solicitude para todos os irmáns que estean matriculados nun mismo centro educativo.

Excepto a presentación electrónica, 1 por cada alumno.

A solicitude é única, inclúe libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

21 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO DE 2024.

A solicitude de Fondo solidario de libros de texto NON está dispoñible para 5º e 6º de EP para o próximo ano xa que está instaurado o programa de libro dixital E-Dixgal. SI PODERÁN SOLICITAR O CHEQUE DE MATERIAL, sempre que se atopen no rango de Renda 2022 igual ou inferior a 6000 euros.

 

ANEXO I e II

BECAS NEAE 2024-25

ALUNMADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca anualmente axudas destinadas a colaborar nos gastos que a educación do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo xenera para as súas familias.  Para o curso académico 2024-2025 dictou a Resolución de 12 do abril de 2024, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo.

Debe  cumprimentarse o formulario polos interesados, tal como indica a convocatoria, exclusivamente vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación (www.educacionyfp.gob.es) ou a través da sede electrónica do MEFPD  na dirección https://sede.educación.gob.es .  Dese modo xérase unha solicitude en PDF que os familiares e/ou interesados deben imprimir e presentar no Centro Educativo ( obrigatoriamente). a fin de que sexa recibida ( rexistrada dentro de prazo establecido) .

A data límite é ata o 13 de setembro inclusive.

As axudas ao estudio individualizadas son as seguintes:

- Alumnado con discapacidades: acredita cun certificado igual ou superior ao 25%

- TDAH ten que estar asociado a DISCAPACIDADE OU TRASTORNO GRAVE DE CONDUCTA

-Alumnado con trastorno grave da conducta.

- TEA que requira apoios ou atencións educativas  específicas :é necesario aportar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

- ALTAS CAPACIDADES para PROGRAMAS ESPECÍFICOS complementarios á educación regrada que será comprobado pola inspección Educativa. Non inclúe gastos para por ex. matriculación  na EOI, curso de mergullo ou similares, matrícula en centros de ensinanza artística, actividades extraescolares, clase de reforzo.

- Alumnado con TRASTORNO GRAVE DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE: con dificultades para comprender e expresarse que limitan significativamente a aprendizaxe, a participación e a interacción social e que requiren apoios específicos e focalizados.

Non teñen dereito a bolsa : dislexia, discalculia ou dificultades na expresión escrita.

-Tamén ínclúe nesta convocatoria un subsidio de contía fixa para gastos adicionais de caracter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo descritos anteriomente.

As SOLICITUDES que remitan para a súa tramitación deben anexar a seguinte documentación:

-         Alumnado con discapacidade recoñecida: copia da tarxeta de discapacidade en vigor.

-         Alumnso sen discapcidade recoñecida: diagnóstico médico.

-         Familia numerosa: copia do título de familia numerosa en vigor.

-         Todas as bolsas teñen que vir acompañadas de certificado  da conta bancaria na que o/a alumno/a sexa titular ou cotitular.

OS DATOS QUE SE INDIQUEN NA SOLICITUDE E NOS CERTIFICADOS DE MATRICULACIÓN DO CENTRO EDUCATIVO DEBEN CORRESPONDER AO CURSO ACADÉMICO 2024/25.

Por exemplo, se un alumno ou alumna no curso seguinte vai estar matriculado en 1º da ESO nun IES , será neste centro o que deberá ceertificar a súa matriculación e non o colexio no que se atope matricualdo neste curso.

Mais información:

Https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-cidadano/catalogo/general/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

PLAN DIXITAL FAMILIAR

 
 

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ROUPA

Un paseo polo cole

 

Xunqueira2pontevedracolegio

BLOGS DO C.E.I.P. A XUNQUEIRA Nº 2

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Maios

by Dr. Radut