O NOSO CENTRO
Saúdamos a todo o alumnado e familias do centro e vos damos a benvida a este novo curso escolar 2023-2024.
- As clases iniciaránse o día 11 para todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, agás 4º de Educación Infantil que están co período de adaptación, en horario continuo de 8:55 a 14:50.
- Os libros do alumnado de 3º e 4º de primaria serán entregados pola titora nos primeiros días do curso.
PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Segundo a ORDE de 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se poderá prolongar máis do 15 de setembro.
Dito período servirá para facilitar o paso do neno/a dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento.
Por este motivo, durante estes primeiros días, faremos unha incorporación progresiva dos nenos e nenas cun horario reducido e flexible.
HORARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
ENTRADA |
10:00 |
10:00 |
10:00 |
10:00 |
10:00 |
SAÍDA |
11:30 |
11:45 |
12:00 |
12:30 |
12:50 |
ENTRADAS E SAÍDAS
Listaxe definitiva fondo libros
A listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 4º de educación primaria (na que xa se poden consultar o número de libros asignados) NON ten o nome do alumno/a, senón o DNI/NIE do/a solicitante.
Tamén ocorre o mesmo coa listaxe definitiva de cheques para a adquisición de libros ou material escolar.
Todo por dar cumprimento do artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023, que non permite a súa publicación na páxina web con datos persoais.
RECORDAMOS que:
Os vales para as axudas de libros de 1º e 2º de primaria, así como os vales de material para todo o alumnado de primaria pódense pasar a recoller os días 6 e 7 de setembro, en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Na imaxe inferior, facendo click nela, abriráse o PDF coas listas DEFINITIVAS das AXUDAS e o REPARTO do FONDO de Libros.
Listaxe provisional fondo libros
A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 4º de educación primaria (na que se poden consultar só o número de libros asignados) NON ten o nome do alumno/a, senón o DNI do/a solicitante.
Tamén ocorre o mesmo coa listaxe provisional de cheques para a adquisición de libros ou material escolar.
Todo por dar cumprimento do artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023, que non permite a súa publicación na páxina web con datos persoais.
O período de reclamación a estas listaxes é de dous días (martes e mércores)
Na listaxe DEFINITIVA (6 de xullo) SI figurarán os libros asignados por materia.
Os vales para as axudas de libros de 1º e 2º de primaria, así como os vales de material para todo o alumnado de primaria pódense pasar a recoller os días 6 e 7 de setembro, en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Na imaxe inferior, facendo click nela, abriráse o PDF coas listas das AXUDAS e FONDO de Libros.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Segundo a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024
Prazo de participación dende o 20 de maio ata o 21 de xuño (ambos incluídos)
Xestión de solicitudes: preferiblemente por vía telemática.
Para presentación na SEDE ELECTRÓNICA: prema aquí
Para presentación presencial utilice os Anexos I e II da convocatoria. Pode descargalos premendo no seguinte enlace
1- FONDO LIBROS
• PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL o 3 DE XULLO
• RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL o 4 e 5 DE XULLO
• PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA o 6 DE XULLO
• ENTREGA DE LIBROS DO FONDO EN SETEMBRO
2- AXUDAS LIBROS E MATERIAL
-ENTREGA DE VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL EN SETEMBRO
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre
Facendo click en calquera das tres imaxes de FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
poderás ver cousas moi divertidas.
Continuamos con máis melloras no centro, neste caso con pizarras interactivas dixitais.
Facendo click na imaxe, obténse toda a información
Admisión alumnado
Comunicámoslles que TODAS as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2023/24 figuran en estado ADMITIDAS.
O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.
Listaxe provisional solicitudes de admisión
Provisionalmente, TODAS as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión do alumnado do curso 2023/2024 figuran en estado ADMITIDAS.
Listaxe definitiva: 15 de maio.
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024
Resumo:Información pública admisión_2023-24
Fai click na imaxe e poderáse acceder a todas as actividades que fixemos polo Día da Paz.
ALUMNADO 6º
RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE ADMISIÓN PARA O CURSO 23/24
Toda a información en SECRETARÍA > MATRÍCULA
Vémonos o 9 de xaneiro de 2023.
Último día do trimestre
Neste último día de curso do ano 2022 pasámolo xenial!
O alumnado gozou dunha xornada con Rondallas e dous talleres con MATRÁCALA,
onde aprenderon a facer papel e facer música con material de refugallo.
Despois destes obradoiros, visitounos o Rei Mago Melchor grazas a persoal do Concello.
E para finalizar, despedimos o ano no comedor escolar cun menú especial e cantamos de novo un par de villancicos coa axuda do profe Jose.
FELIZ 2023!!! (fai click aquí para ver as fotos e videos)
Gañador/a sección EI: ZULEMA
Gañador/a sección 1º,2º,3º EP: NOA
Gañador/a 4º,5º,6º EP: PAULA F. BREA
Vale adicional material escolar
A Consellería de Educación acaba de ampliar a axuda para adquirir material escolar regulada na orde do 29 de abril de 2022.
Por este motivo, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros.
Podedes recoller no centro este vale en horario de:
-
8:55h a 13:00h de luns a venres
COMENZAMOS O 8 DE SETEMBRO, XOVES
ENTRADAS E SAÍDAS
Calendario escolar 2022/2023
DÍA DO ENSINO 31 DE OUTUBRO
Días Non Lectivos que se solicitan á Administración, por motivos de tradición:
05 de decembro de 2022 e 02 de maio de 2023
AVISO
Listaxe definitiva admisión alumnado
TODAS as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2022/23 figuran en estado ADMITIDAS.
O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.
Listaxe provisional solicitudes admisión
Provisionalmente, TODAS as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión do alumnado do curso 2022/2023 figuran en estado ADMITIDAS.
Esta listaxe farase definitiva a partir do 26 de abril.
Facendo click na imaxe, pódense ver diferentes fotografías do Entroido
Facendo click na imaxe pódense ver as distintas actividades que se fixeron para commemorar este día.
Novas medidas anti COVID
Novo Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico Fronte ao COVID no ámbito educativo.
Premendo neste enlace pódese acceder ao Protocolo para a detección de infección polo
SARS-Cov-2 con test rápido de antíxeno en saliva en centros de educación primaria.
Facendo click na imaxe pódense ver todas as fotografías e vídeos coas actividades que se realizaron o día previo ás vacacións de Nadal.
Chegando a época de Nadal, o Concello felicita a todos os seus veciños cunha postal feita por un dos nenos do noso centro,
ademáis todos eles recibirán un DIPLOMA de participación e un pequeno agasallo.
Facendo click na imaxe, pódense ver as postais participantes, así como a gañadora que servirá para felicitar o NADAL.
O pasado venres 3 de decembro fixemos diferentes actividades para commemorar o
Día da Discapacidade.
Facendo click na imaxe pódense ver diferentes momentos.
Facendo click na imaxe podes ver todas as imaxes do MAGOSTO.
Se facedes click na imaxe de arriba podes ver a exposición de CABAZAS que se fixo no centro, tamén un video dos nenos e nenas de infantil ...e moitas cousas máis.
Comezaron as CHARLAS sobre igualdade no noso centro e fas click na imaxe poderás ver todas as fotografías.
Se fas click na imaxe poderás ver o video cos nosos compañeiros de Educación Infantil.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto co seu tutor, Jesús, estiveron estes días a traballar nun proxecto que pronto poderemos ver e será unha GRAN SORPRESA para tod@s.
Un pouquiño de paciencia...xa queda menos!!
Calendario escolar curso 2021/22
A Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, marca o inicio de actividade lectiva o día 09 de setembro de 2021.
16 e 18 de maio de 2022
ENTRADAS E SAÍDAS
ENTRADA:
Listaxe DEFINITIVA fondo libros curso 2021/2022
A listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar os libros asignados) e os vales está exposta no blog principal do centro, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 06 de maio de 2021, que non permite a súa publicación na páxina web.
Este ano, os VALES entregaránse no mes de setembro (xa vos informaremos) e os LIBROS repartiránse como todos os anos, comenzando as clases.
Bo verán!
Listaxe provisional fondo libros curso 2021/2022
A listaxe PROVISIONAL do fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) e os vales está exposta no blog principal do centro, en cumprimento do artigo 13 da Orde do 06 de maio de 2021, que non permite a súa publicación na páxina web. O período de reclamación a esta listaxe é de dous días (martes e mércores)
Na listaxe DEFINITIVA SÍ figurarán os libros asignados por materia.
Fai click na imaxe para saber mais ou vai ao apartado de actualidade,
na marxe esquerda, arriba de todo.
Fai click sobre a imaxe para saber máis da autora
(vai pinchando na parte da dereita de cada diapositiva)
Fai click na imaxe para ver imaxes do Día do Libro no colexio.
Dende o 29 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous incluídos.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
(fai click na imaxe)
Podedes ver as fotos facendo click neste enlace
http://virxedaluz.blogspot.com/
Todas as fotos e videos facendo click neste enlace
http://virxedaluz.blogspot.com/
N O V A S
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021 - 2022.
ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
O alumnado de 6º de primaria do C.E.I.P. Plurilingüe Virxe da Luz que durante o curso 2021-2022 desexe cursar 1º da E.S.O. no I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes, centro ao que estamos adscritos, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro (anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).
Se deciden optar por un centro distinto ao que lles corresponde por adscrición terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 20 de marzo (anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexo I- Reserva de praza no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)
Anexo II- Solicitude de admisión en centro distinto (1 ao 20 de marzo)
Aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
BOAS FESTAS
