Saltar navegación.
Inicio

Dependencias

O NOSO CENTRO

O noso Centro foi inaugurado en Novembro do 1963, por aquel entón a súa denominación era "Colegio Nacional Comarcal Mixto de Portomarín"

Daba cabida a alumnos procedentes do Concello de Portomarín e do Páramo.

 

No ano 1994 abriuse un centro no Páramo polo que a partires dese momento ó noso Centro tan só acoden alumnos do Concello de Portomarín e dunha parroquia colindante do Páramo.

 A denominación actual é C.E.I.P. Virxe da Luz .

Ata  fai dous anos contábamos con dous edificios.No edificio antigo atopábanse as aulas de Infantil e  Primaria ademais das de informática, laboratorio, Departamento de Orientación, audiovisuais, inglés,  titorías,  biblioteca, espacios administrativos e comedor.

 

 

 

 

 
 

  No edificio novo estaban: o Ximnasio cuberto, aula de Usos múltiples, aulas de Plástica, Música e Informática.

 

 

 

  Ao disminuir o número de alumnos, todas as aulas se agruparon no edificio antigo e o novo foi cedido ao concello para que sexa utilizado como albergue xa que hai moito pelegrín e os espazos para darlles cabida estaban quedando pequenos.

Tan só queda fora o ximnasio.

 

Distribuir contido