Actividades biblioteca cursos anteriores
DÍA DO LIBRO: AS NOSAS LECTURAS NA RADIO DA BIBLIO. CURSO 2019/2020
Este ano temos que conmemorar o Día do Libro dende a casa, por iso Colorín propúxovos que gravárades un audio lendo un anaquiño dun libro. Dende aquí poderedes escoitar esas lecturas. Imos ir subíndoas pouco a pouco. |
|
Mini programa 1 - Publicado o 23 de Abril |
|
Mini programa 2 - Publicado o 24 de Abril |
|
Mini programa 3 - Publicado o 27 de Abril |
|
Mini programa 4 - Publicado o 28 de Abril |
|
Mini programa 5 - Publicado o 29 de Abril |
|
RECOMENDACIÓNS DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2020. CURSO 2019/2020
CONCURSO LOGOTIPO 40 ANIVERSARIO. CURSO 2019/2020
Dende a biblioteca organizamos o concurso de logotipos do 40 aniversario do cole. A gañadora foi Inés Rodríguez Berredy alumna de 6ºA que recibíu como agasallo unha taza co logotipo que diseñou. |
EN ABRIL LIBROS MIL. CURSO 2018/2019
O martes 23 de Abril na HORA DE LER o profesorado titor cambiou de aula para realizar diferentes lecturas en cada unha das titorías de educación infantil a 6º de Primaria. Os especialistas realizarán a mesma actividade noutra data. |
VISITA AUTORES: IAGO LÓPEZ. CURSO 2017/2018
É a terceira vez que Iago López visita o noso colexio e estamos encantados de recibilo pola súa forma que ten de contar historias. Nesta ocasión veunos a falar do seu libro "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". O alumnado de Infantil, 1º e 2º estivo encantado co autor.
|
VISITA AUTORES: ALICIA BORRÁS SANJURJO. CURSO 2017/2018
O mércores día 18 de abril veu ao noso colexio Alicia Borrás para falarnos do seu libro Nata y chocolate. O alumnado de 4º, 5º e 6º puido falar coa autora sobre o libro, manifestarlle canto lles gustou e resolver as dúbidas que tiñan despois da lectura comentada nas aulas.
|
