Saídas didácticas cursos anteriores

VISITA AO DOMUS E AO ACUARIO FINISTERRAE. CURSO 2022/2023

O martes 20 de xuño o alumnado de 4º e 5º de primaria foi de excursión de fin de curso dous dos museos científicos da Coruña.

Comezaron visitando o Domus onde de forma interactiva aprenderon moitas cousas: distinguindo olores, corren nunha roda como as hámsters, comprobando a súa capacidade de salto vertical, a súa flexibilidade, a forza do seu golpeo co pé e a súa coordinación ollo man, enganando aos seus cerebros, competindo relaxándose, medindo o seu peso, altura, ritmo cardíaco e cantidade de auga que hai no seu corpo...

Tras repoñer forzas coa comida, percorreron os distintos espazos do acuario onde coñeceron ao tiburón Gastón e as once focas, viron peixes e moluscos de distintas especies e tamaños incluso os que aínda se atopan dentro dos ovos, observaron e tocaron os restos dunha balea...

Por último, dando un pequeno paseo achegáronse ata a Torre de Hércules para ver de preto este monumento patrimonio da humanidade que é único faro romano do mundo que segue en pé e en funcionamento.

 

VER FOTOS EXCURSIÓN AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

VISITA AO ACUARIO. EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2022/2023

O venres 9 de xuño o alumnado de Educación Infantil foi de excursión de fin de curso ao Acuario do Grove.

Realizaron unha visita guiada polas distintas salas do mesmo, puideron tocar unha estrela de mar e participaron no taller didáctico "Ollo co que pescas".

VER FOTOS EXCURSIÓN AO ACUARIO EDUCACIÓN INFANTIL

ASISTIMOS AO CONCERTO "UN MUNDO MARABILLOSO". CURSO 2022/2023

O pasado martes 25 de Abril, o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria acudeu ao Auditorio Municipal de Vilagarcía para disfrutar do concerto "Un mundo Marabilloso" que organizou a Escola de Música.

 

Puidemos escoitar e ver algúns instrumentos en directo e mesmo fomos os protagonistas de varias actividades: xogo musical de pelota contaminada, tocar instrumentos feitos con material reciclado, dirixir a orquestra...

Ao saír fixéronnos unha entrevista e mirade..., sae un alumno do noso cole.

Pica na imaxe para ver o vídeo

Aquí vos deixamos varias fotos para que vexades canto disfrutamos.

VER FOTOS CONCERTO "UN MUNDO MARABILLOSO"

FESTA DA BICICLETA. CURSO 2022/2023

Convidados polo Concello de Vilagarcía e pola Voz de Galicia, o alumnado de 5º e 6º do cole participou na Festa da Bicicleta incluída nos actos da Semana Europea da Mobilidade.

Sobre as 10:30 protexidos cos seus cascos e identificados cun pano amarelo partiron dende o cole empregando cara á Plaza da Segunda República (explanada do auditorio). Unha vez chegados ao seu destino, xunto con nenos e nenas doutros centros educativos do concello participaron nunha festa amenizada por "La Duendeneta" e no sorteo de diversos agasallos.

Unha vez rematada a festa subiron de novo as súas bicicletas para regresar ao colexio.

VER FOTOS FESTA DA BICICLETA

Fotos do cole e da Voz de Galicia (Mónica Irago e Marta Miser)

VER VÍDEO NO FACEBOOK DA VOZ DE GALICIA

XIMCANA LITERARIA. VILAGARCIA CIDADE DO LIBRO. CURSO 2021/2022

O alumnado de 1º e 2º participou na ximcana literaria organizada polo concello de Vilagarcía dentro do programa de actividades da Cidade do libro.

Os nenos e nenas foron distribuídos por grupos para realizar seis probas cooperativas co fin de conseguir as pezas do crebacabezas final. Nesta aventura estiveron acompañados de dúas bruxas, un dragón, un cabaleiro e un pirata

Proba 1: Contar unha historia empregando marionetas

Proba 2: Circuíto de axilidade

Proba 3: Representar un conto mediante xestos.

Proba 4: Ordenar as viñetas dun conto

Proba 5: Inventar unha canción ou rap coas palabras indicadas.

Proba 6: Inventar entre todo o grupo unha historia empregando as palabras que saíron ao tirar tres dados de imaxes.

EXCURSIÓN A APÍPOLIS - EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2021/2022

O alumnado de Educación Infantil realizou a súa excursión de fin de curso a Apípolis onde participaron ao logo da mañá en catro talleres que realizaron de forma rotatoria.

Taller 1: Exposición na que observaron as partes das abellas e da abella reina.

Taller 2: Entrada no apiario vestidos cos traxes protectores que empregan os apicultores.

Taller 3: Elaboración de galletas de mel

Taller 4: Proba do mel e elaboración unha vela empregando a cera que fan as abellas.

VER FOTOS EXCURSIÓN A APÍPOLIS

EXCURSIÓN POLA RUTA DO MAR DE AROUSA E RÍO ULLA 5º PRIMARI. CURSO 2021/2022

O alumnado de 5º de Primaria realizou a súa excursión seguindo a ruta do mar de Arousa e o Río Ulla sobre a que estiveron investigando ao longo do curso.

O punto de partida foi o porto de Vilanova de Arousa, onde embarcaron no catamarán que os levou ata Pontecesures. Nada máis zarpar a embarcación achegouse ata as bateas onde o alumnado poido ver as características destas estruturas e como as persoas que traballan nas mesmas sacan as cordas cos mexillóns para desprender os moluscos e levalos ás depuradoras. Tamén tiveron a sorte de ver a varios arroaces que nadaron preto do catamarán saíndo e entrando da auga.

Durante a singradura contemplaron Vilagarcía de Arousa, a Illa de Cortegada, As Torres do Oeste de Catoira e varios cruceiros que sinalan este percorrido marítimo.

En Pontecesures colleron o autobús ata Padrón, onde antes de comer pasearon pola alameda vendo as estatuas de Camilo José Cela e de Rosalía, visitaron a igrexa de Santiago onde viron o Pedrón, e achegáronse ata a fonte do Carmen.

Tras xantar, unha vez repostas as forzas, continuaron a súa viaxe en autobús ata Santiago de Compostela para ver a fachada da Catedral dende a praza do Obradoiro e entrar na mesma pola Porta Santa para visitar a cripta do Apóstolo, ver o botafumeiro e outros dos recunchos deste templo.

Pica na imaxe para ver as fotos da excursión  

EXCURSIÓN A ILLA DE CORTEGADA 4º PRIMARIA. CURSO 2021/2022

O alumnado de 4º de Primaria gozou do premio gañado no concurso das Illas Atlánticas realizando unha visita guiada a Illa de Cortegada, onde coñeceron novas cousas sobre a flora e a fauna desta illa. Tamén recibiron un diploma para a aula e para cada un dos nenos e nenas unha camiseta e un imáns para poñer na neveira.

VER FOTOS EXCURSIÓN A CORTEGADA

CONCERTO DIDÁCTICO UN MUNDO MARABILLOSO. CURSO 2021/2022

O 26 de Abril os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria achegáronse ata o auditorio de Vilagarcía para asistir ao concerto didáctico "Un mundo marabilloso" interpretado polo profesorado da escola municipal de música "Bernardo del Río".

No mesmo,  co fin de amosar os conceptos básicos da linguaxe musical (melodía, acompañamento, ritmo...) e de potenciar a conciencia sobre a educación ambiental,  interpretaron varias pezas musicais de bandas sonoras de coñecidas películas de animación.

A participación activa no concerto fixo que o público coñecera de forma directa as emocións que provoca a música.

Para completar a actividade enviáronnos unha serie de fichas que podedes descargar e realizar.

VER FOTOS CONCERTO BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

VER FICHAS ACTIVIDADES

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR. CURSO 2021/2022

O día 1 De abril foi un dia de excursión marabilloso onde o alumnado de quinto percorremos os xardíns e o interior do Castelo de Soutomaior.

Alí imaxinamos a Pedro Madruga e moitos anos despois, a María Vinyals vivir as súas historias entre os muros do castelo.

Pasámolo moi ben!!!

VER FOTOS VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

Distribuir contido