Dia da Muller

MULLER TRABALLADORA 2013

Para conmemorar o Día a Muller Traballadora convidamos ao centro a tres nais que teñen traballos relacionados coa alimentación, debido a que este ano o noso proxecto de investigación xira ao redor desta temática.

Raquel, é coñecida por todo o alumnado xa que traballa no comedor do cole axudando a comer aos mais pequenos e preparando todo para o xantar.

Isabel traballa nun invernadoiro e contounos como se realiza a plantación e recolecta de verduras.

Verónica explicounos en que consiste o traballo que realiza no supermercado no que traballa.

Tras contarnos en que consisten os seus traballos, contestaron moi amablemente a todas as nosas preguntas.

MULLER E DEPORTE

Como este curso o tema dos proxectos de investigación son Os Xogos oOlímpicos, decidimos dedicar o Día da Muller Traballadora ás mulleres deportistas.

O 8 de Marzo realizamos unha charla coloquio na que contamos con dúas remeiras, un xogadora de fútbol e dúas xogadoras de baloncesto.

Ángela, Carolina, Marta, Gestrudis e Elena contáronnos moitas cousas sobre os seus deportes, as súas experiencias, os seus logros e contestaron moi amablemente a todas as nosas preguntas.

A MULLER E A MÚSICA

A muller e a música foi o título da charla coloquio que organizamos no colexio o venres 11 de Marzo para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

A este acto convidamos a catro mulleres que teñen unha gran vinculación co mundo da música para que nos falasen da súa experiencia.

Marta, compoñente da banda municipal e profesora nunha escola de música, ensinounos as partes dunha frauta traveseira ( que é o instrumento que ela toca) e interpretounos fragmentos de obras coñecidas para ver se as identificábamos ( “La mañana” de Grieg e “ Pequeña serenata nocturna” de Mozart), tamén mostrounos como é a frauta coa que empezan os nenos e nenas que diferenciase na cabeza.

Loli dedica parte do seu tempo a tocar a pandeireta, contounos como empezou con este instrumento e fíxonos unha pequena demostración axudada por varias alumnas que están aprendendo a tocar a pandeireta con ela.

Olalla e Chus son profesoras de música nunha academia da súa propiedade, contáronos como se coñeceron no conservatorio cando estudaban a carreira de música e decidiron montar unha academia na que ensinar a rapaces e maiores distintas disciplinas relacionadas coa música. Olalla cantounos un pequeno fragmento dunha das cancións do seu disco no que puxo música a poemas galegos.

A charla finalizou coa nosas convidadas respondendo amablemente a tódalas preguntas que lle fixemos.

 

VER NOTICIA NO XORNAL

A MULLER E O MAR

"A MULLER E O MAR" foi o título da charla coloquio coa que este ano conmemoramos no centro o Día da Muller Traballadora. Tres mulleres que realizan traballos vinculados ao mar foron as nosas invitadas, todas elas relacionadas co noso cole ao ser nais ou avoas de alumnos/as.

Para introducir a charla proxectamos unha serie de fotos de mulleres realizando traballos relacionados co mar.

A continuación: Cristina falounos do seu traballo como mariscadora, María do traballo na fábrica de conservas e na depuradora e Mª José explicou en que consiste o seu traballo de peixeira na praza da abastos.

A actividade rematou coa preguntas do alumnado as nosas invitadas.

VER SAÍMOS NA TELE MULLER TRABALLADORA 2010 

O TRABALLO DE MAMA

Os nenos e nenas de Educación Infantil para celebrar o Día da Muller Traballadora realizaron coa axuda das súas familias debuxos e montaxes fotográficos nos que explican cales son os traballos que realizan as mulleres da súa familia. O día 8 explicaron os traballos ao resto dos compañeiros/as.

Estes traballos poden ser admirados no corredor da entrada do centro.

TRABALLOS DE MULLERES = (?) TRABALLOS DE HOMES. MARZO 2009

O venres 6 de Marzo celebramos no noso cole o Día da Muller Traballadora, para o cal invitamos a tres mulleres que desenvolven diariamente traballos que ata fai pouco tempo eran desempeñados exclusivamente polos homes.

As nosas invitadas foron: unha condutora de autobuses, unha traballadora de xardíns, unha traballadora de obras que antes estivo no exército e unha traballadora que estuvo no mantemento de maquinaria dunha empresa láctea e que agora traballa nunha empresa de carpintería de ferro.

O elemento introdutor da actividade foi unha presentación Power Point relacionada co tema para que a continuación as nosas invitadas contaran ao alumnado en que consiste o seu traballo e responderan as súas preguntas.

Distribuir contido