Día da Paz

CANCIÓN E BAILE PARA O DÍA DA PAZ 2017

Este ano o Día da Paz imos cantar e e bailar a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea.

Aquí vos deixamos dous vídeos para os que queirades comezar a ensaiar nas aulas, un co baile e outro coa letra.

 

CELEBRAMOS A PAZ 2016

O venres 29 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz con diversas actividades que podedes ver nestas fotografías:

(Pica na imaxe para ver as fotos)


Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria fixemos pombas coas que adornamos a entrada do cole.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º escribiron mensaxes de paz nas notas musicais da nosa melodía de Paz "Cada un de nós unha nota única, xuntos: unha obra maestra.

Ao entrar do recreo lemos o noso manifesto de paz e contamos todos xuntos a canción "Bajo el mismo sol".

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ 2016

Por si queredes ir ensaiando as cancións que imos cantar este ano para celebrar o Día da Paz, aquí vos deixamos un vídeo subtitulado coa súa letra.

EL MISMO SOL

ABECEDARIO DA PAZ

Este ano para conmemorar o Día da Paz creamos entre todo o alumnado o noso ABECEDARIO DA PAZ, aquí tedes a súa versión dixital.

(Pica na imaxe para ver o libro)

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Para ir preparando o Día da Paz aquí tedes un corto e unha canción.


 

DÍA DA PAZ XANEIRO 2014

Neste 2014 para conmemorar o Día da Paz, decidimos facer entre todo o cole un gran Scrabble.

Os días previos á partida, cada curso escolleu a palabra relacionada coa PAZ que desexaba engadir ao taboleiro e preparou as letras decorando pequenas cartolinas.

O Día 30, os nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos foron os encargados de comezar o xogo, situando no centro do taboleiro a palabra PAZ. A partir dela cada un dos cursos (en orde ascendente) continuaron a partida colocando as súas palabras.

Outros lugares do cole tamén foron decorados con elementos relacionados coa Paz.

Rematamos as actividades do Día da Paz cantando todos xuntos a canción "Una marea de gente" de Macaco.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2013

Este ano para conmemorar o Día da Paz, os equipos de Actividades Complementarias, Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron varias actividades.

Comezamos na biblioteca vendo o corto "Abrazos" e os vídeos das cancións "Peaceful word" e "Rumba de apertas".

Despois fixemos a montaxe do noso "Guernica" que no que cada peza do mesmo foi coloreada por un curso. E rematamos cantando nós as cancións "Peaceful word" e "Rumba de apertas".

Ademais ao longo de todo o día os nenos e nenas foron colocando na "Árbore dos desexos de Paz", os seus ingredientes para conseguir Paz.

DÍA DA PAZ 2012

Este ano para conmemorar o Día da Paz fixemos entre todos os nenos e nenas do cole o Muro da Paz no que o alumnado de Educación Infantil deixou impresas as súas mans e os rapaces e rapazas de primaria adornamos con palabras de paz.

Tamén decoramos outros corredores de cole con pombas da paz.

         

OS SENTIDOS DA PAZ

 O luns 31 de Xaneiro conmemoramos no cole o "Día da Paz" coa elaboración do mural "OS SENTIDOS DA PAZ".

A paz para os nenos e nenas do noso cole é de cor verde esperanza, amarelo, lila suave, distintos tonos de azul ou de moitas cores.

Cando olemos flores, colonia, vainilla e a natureza pensamos na Paz.

Tocar un peluche, plastilina, a nosa mascota, a man doutra persoa, o cuíño dun bebé, o algodón, as nubes, a un oso panda ou a sensación na pel ao rodar pola herba é igual que tocar a Paz. 

Cando escoitamos unha campá, unha melodía, ao canto dos paxaros, a ondas do mar, a burbullas nunha bañeira, a auga caendo nunha cascada, gotas de choiva e ao "Himno á Alegría" escoitamos sons de Paz.

Saborear chocolate, chuches e lampeiradas, caramelos, fresa con menta poleo, algodón de azucre, xeado de fresa ou de chocolate, pombiñas de maíz ou azucre é igual que saborear a Paz.

O símbolo da Paz, un sonriso, as pombas, una fermosa praia, un corazón, un abrazo, a amistade e a posta de sol son imaxes que nos recordan a Paz.

 

Unha vez montado o mural cantamos o "Himno á Alegría".

DIA DA PAZ 2010

 O venres 29 de Xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ. Entre todos montamos un gran quebracabezas no que se representa a unha pomba de varias cores, sobre a pomba colocamos tiras de papel que levan escrita a palabra PAZ en varios idiomas e que están pintadas de diferentes cores.

A continuación Alejandra de 5º leu un manifesto sobre a Paz e Verónica e Angy de 4º leron un poema para a Paz titulado " El niño del mar".

Para rematar o acto fixemos un gran círculo no patio para cantar "A muralla" acompañando a letra con xestos.

Ese mesmo día as 12 da maña unha representación do centro, o alumnado de 5º de primaria, acudíu ao acto de conmemoración do Día da PAZ organizado polo concello de Vilagarcía da Arousa. Para dito acto os nenos e nenas elaboraron un manifesto en favor da Paz.

Distribuir contido