Pasiño a pasiño faise o camiño

LIBRO PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO

O alumnado de 5º para colaborar no proxecto de investigación de centro "Pasiño a pasiño faise o camiño", elaborou nas clases de informática, un libro no que se recolle información sobre as etapas das diferentes rutas do Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia.

Pica na imaxe para ver o libro

Se queres comprobar o que sabes sobre as rutas do camiño de Santiago podes facer estas actividades LIM.

Pica na imaxe para facer as actividades LIM

BRINCALETRAS CAMIÑO DE SANTIAGO

Aquí tedes dos Brincaletras para comprobar os vosos coñecementos sobre o camiño de Santiago.

Este primeiro Brincaletras está dirixido ao alumnado de 3º a 6º e nel tes que escribir a resposta. Se non ves ben o xogo pica aquí e abrirase nunha nova xanela.

Este segundo Brincaletras está dirixido ao alumnado de Educación Infanti, 1º e 2º e nel tes escoller a resposta entre tres opcións. Se non ves ben o xogo pica aquí e abrirase nunha nova xanela.

A RUTA DO PADRE SARMIENTO

O mércores 11 de Novembro os nenos e nenas de 1º e 2º, dentro do proxecto anual de centro "Pasiño a pasiño faise o camiño" asistiron na biblioteca o cole a unha charla sobre a "Ruta do Padre Sarmiento, a actividade está organizada pola Mancomunidade do Salnés.

Nela explicáronlle ao alumnado as distintas etapas desta ruta Xacobea que saíndo de Pontevedra chega ata Santiago de Compostela seguindo toda a costa e que nunha das súas etapas pasa por Vilaxoán.

FOTOS A RUTA DO PADRE SARMIENTO

O MAR NO CAMIÑO

Dentro do proxecto de investigación de este ano os nenos e nenas de 4 e 5 anos participaron na actividade " O mar no camiño".

Comezaron escoitando o conto que narra as aventuras da vieira Migueliña que xunto cos seus amigos realiza o camiño a Santiago por mar.

A continuación realizaron un taller de origami no que aprenderon a facer unha xarda e mexillóns.

Todos estes alumnos e alumnas recibiron como agasallo un exemplar do conto da vieira Migueliña.

FOTOS O MAR NO CAMIÑO

PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO

A temática do proxecto de investigación de centro deste curso 2021/2022 son os camiños Xacobeos.

Neste recuncho da nosa páxina iremos informando das temas a traballar nos distintos cursos.

Distribuir contido