Deseñamos banda

DESEÑAMOS BANDA

A temática deste ano do proxecto de investigación de centro é a banda deseñada, polo que vamos a:

- Crear e debuxar os nosos personaxes.

- Crear bandas deseñadas tanto en papel coma en soporte dixital sobre distintas temáticas.

- Reinterpretar cómics.

- Coñecer os personaxes de banda deseña e aos seu debuxantes.

- Investigar sobre os distintos tipos de banda deseñada.

- Facer recomendacións dos cómic que nos gustan.

E sobre todo ler moitas bandas deseñadas.

MENUDA BANDA

O alumnado de 6º estivo investigando sobre os protagonistas e personaxes dos cómics de Mafalda, Zipi e Zape  Mortadelo e Filemón.

Unha vez realizadas as pertinentes investigacións debuxaron os personaxes e crearon viñetas inspiradas nesas bandas deseñadas.

Pica na imaxe se queres ver algúns exemplos dos debuxos e dos cómics que realizaron.

A RUTAS CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 1º e os Bolechas nos presentan a ruta do Padre Sarmiento a Santiago.

Pica na imaxe para vela máis grande

pPola súa banda o alumnado de 2º acompañou aos Bolechas ata Santiago pola ruta de mar de Arousa.

Pica na imaxe para vela máis grande

CHISTES EN BANDA DESEÑADA

Para facernos rir un pouquiño nestes últimos días do curso, o alumnado de 5º creou uns chistes en forma de banda deseñada.

Pica na imaxe para ver os chistes

BANDAS DESEÑADAS EN VÍDEO

O alumnado de 6º utilizando un editor de vídeo empregou as clases de informática para transformar en vídeo as súas bandas.

Tamén foron transformadas en vídeos as bandas deseñadas gañadoras do concurso convocado pola biblioteca para conmemorar o Día do Libro.

Pica na imaxe para o vídeo

VÍDEOS BANDAS DESEÑADAS 6º A

VÍDEOS BANDAS DESEÑADAS 6º B

PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA

O alumnado de 5º para colaborar no proxecto de investigación de centro "Deseñamos banda", elaborou nas clases de informática, un libro no que se recolle información sobre distintos personaxes de banda deseñada tanto españois coma doutras nacionalidades.

Pica na imaxe para ver o libro

Se queres comprobar o que sabes sobre estes personaxes de banda deseñada podes facer estes brincaletras:

BRINCALETRAS "PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA" (Escribir palabra)

BRINCALETRAS "PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA" (Escoller palabra)

Ou realizar estas actividades LIM

LIM "PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA"

CONCURSO BANDA DESEÑADA DÍA DO LIBRO. CURSO 2020/2021

Entre as actividades de celebración do Día do Libro, o equipo de biblioteca convocou un concurso de banda deseñada no que o tema central da mesma tiña que ser a lectura, os libros...

Pica na imaxe para ver as bandas deseñadas gañadoras nas distintas categorías e as máis destacadas. Se queres lelas con máis calma podes pausar o vídeo.

Coma sempre, Colorín quere darvos as grazas pola vosa participación.

LIM: SUPER HEROÍNAS

Con este Lim poderás coñecer e xogar coas super heroínas que vos creáchedes.

Pica na imaxe para abrir a actividade

CONCURSO DE DEBUXO SUPER HEROÍNA. CURSO 2020/2021

Dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero o equipo de biblioteca do cole convocou un concurso de debuxo de "Super heroínas".

Pica na imaxe para ver os debuxos gañadores nas distintas categoría e os debuxos destacados de cada curso.

Colorín quere darvos as grazas pola vosa participación.

Distribuir contido