Dalí

DALÍ, UN XENIO

Seguindo coa nosa investigación sobre Dalí descubrimos que na súa localidade natal de Figueras atópase o seu Teatro Museo, para coñecelo máis a fondo decidimos facer unha reprodución no colexio.

Xunto ao Teatro Museo podedes ver a nosa árbore dos reloxos brandos inspirada en varias obras de Dalí.

Ademais de investigar, gústanos moito facer os quebracabezas dos cadros pintados por este xenio.

Para acceder aos quebracabezas e xogos de memoria dixitais baseados nos cadros de Dalí debedes de picar no enlace.

JCLIC "DALÍ"

OS SOÑOS DE DALÍ

Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 e 4 anos estamos realizando un pequeno proxecto sobre Dalí co que queremos coñecer un pouco máis a este tolo e excéntrico pintor.

Xa aprendemos moitas cousas sobre a súa vida e agora estamos coñecendo algúns dos seus cadros.

 

Distribuir contido