Coñecendo a Nosa Terra

O CAMIÑO FRANCÉS A SANTIAGO. XOGAMOS?

Xogo de preguntas e respostas para dous xogadores sobre o Camiño Francés a Santiago ao seu paso por Galicia.

Con cada resposta correcta avanzaras no Camiño cara a Catedral de Santiago de Compostela. Moita sorte.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

A información para responder correctamente ás preguntas atópase na guía do mesmo nome elaborada polo alumnado de 5º.

O CAMIÑO FRANCÉS A SANTIAGO

Os nenos e nenas de 5º A estivemos investigando sobre o tramo galego do Camiño Francés a Santiago, neste pequeno libro podedes ver todo o que aprendimos.

(Pica na imaxe para ver o libro)

 

A NOSA GUIA DE VIAXES POR GALICIA

Para coñecer mellor a Nosa Terra, o alumnado de 5º realizou esta guia de viaxes nas que se recollen distintas localidades de Galicia.

(Pica na imaxe para ver a guia de viaxes)

COÑECENDO AOS VIQUINGOS

 Xogo de preguntas e respostas baseado no proxecto de investigación sobre os viquingos realizado polo alumnado de Educación Infantil.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

COÑECENDO AS NOSAS FESTAS

Dentro do proxecto de investigación "Coñecendo a Nosa Terra", imos aprender algunhas cousas sobre varias das festas da nosa terra.

No corredor da entrada podedes ver o calendario coas fichas das festas que imos traballar.


 

"CARTEIS AS NOSAS FESTAS"

"BRINCALETRAS AS NOSAS FESTAS (EI - 1ºciclo)"

"BRINCALETRAS AS NOSAS FESTAS (2º e 3ºciclo)"

"JCLIC MAGOSTO"

"JCLIC ENTROIDO"

"JCLIC  MAIOS"

COÑECENDO A NOSA TERRA

Este curso o noso proxecto de investigación leva por nome "Coñecendo a nosa terra" e ten como obxectivo aprender moitas cousas sobre a nosa comunidade.

O alumnado de Educación Infantil vai investigar sobre as Torres do Oeste de Catoira.

Os nenos e nenas do primeiro ciclo queren aprender cousas sobre Vilaxoán e xa comezaron a investigar sobre a igrexa e o pazo de Sobrán.

O grupo de 3º A vai investigar sobre a Illa de Cortegada, mentres que os seus compañeiros de 3º B coñecerán máis a fondo as Dunas de Corrubedo.

O alumnado de 4º retrocedarán ata a prehistoria investigando sobre o Parque arqueolóxico de Campolameiro.

Os rapaces e rapazas de 5º A percorreran na súa investigación a parte Galega do Camiño de Santiago. E o grupo de 5º B coñecerá as Illa de Ons e as Cies.

Finalmente o alumnado de 6º investigará diversos lugares da Nosa Terra.

Distribuir contido