Outras Actividades e Conmemoracións

CARREIRA SOLIDARIA DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2023

O 5 de Xuño para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, celebramos no cole a III Carreira solidaria a favor de Cáritas Vilaxoán.

Foi unha carreira por remudas na que un pequeno corazón de peluche fixo as veces de testemuña. O alumnado de Educación Infantil tivo que dar unha volta correndo  ao redor do colexio, dúas foron as voltas que tiveron que facer os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria mentres que o alumnado de 4º e 5º correron tres voltas.

FOTOS III CARREIRA SOLIDARIA DÍA DO MEDIO AMBIENTE

DESTAPANDO O MACHISMO

No noso cole poñémonos as lentes violetas para loitar contra a violencia machista e loitar pola igualdade.

 

Pica na imaxe para ver o  vídeo

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Este 15 de Febreiro no Día Internacional do Cancro Infantil o noso alumnado fixo un debuxo ou escribiu unha pequena mensaxe de apoio e ánimo dirixida a nenos e nenas que están pasando esta enfermidade e que lles faremos chegar a través da asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

Vimos nas aulas a curtametraxe animada "The Fall: o amor nunca nos defrauda" na que se amosa a loita dunha nena contra o cancro.

Así mesmo, moito dos alumnos e alumnas asistiron hoxe ao centro cun pano na cabeza.

FOTOS DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

OS XOVES DOS PLÁTANOS. NOVEMBRO 2021

Coa intención de apoiar á illa da Palma que está sufrindo as consecuencias da erupción volcánica, decidimos celebrar os xoves do plátano durante este mes de novembro.

Ese día o alumnado trae de merenda para o recreo un saboroso plátano canario.

FOTOS XOVES DO PLÁTANO

SIMULACRO DE INCENDIO XUÑO 2021

O 11 de Xuño realizamos no cole un simulacro de incendio na que contamos coa colaboración dos bombeiros e de protección civil que para darlle un maior realismo encheron os corredores de fume.

Tras escoitar o son continuo do timbre, o alumnado abandonou as súas aulas seguindo o protocolo de emerxencia establecido e concentrouse no punto de reunión que se atopa no patio.

VER FOTOS SIMULACRO INCENDIO XUÑO 2021

CARREIRA SOLIDARIA DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

O 4 de Xuño cun día de anticipación celebramos no cole o Día Mundial do medioambiente organizando unha carreira solidaria a favor de Cáritas Vilaxóan.

Segundo a idade do alumnado tiveron que dar unha, dúas ou tres voltas correndo ao redor do cole.

VER FOTOS CARREIRA SOLIDARIA DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2021

A PIZARRA DA ENTRADA - 1º TRIMESTRE

Na entrada do cole temos unha pizarra que cada semana é decorada por un curso.

Estas son algunhas das pizarras do primeiro trimestre

CARREIRA SOLIDARIA EN APOIO Á INVESTIGACIÓN DA LEUCEMIA INFANTIL. OUTUBRO 2019

O pasado venres 25 de Outubro fixemos unha pequena carreira por relevos ao redor do colexio. Con ela quixemos apoiar a investigación da leucemia infantil.

 

VER FOTOS CARREIRA SOLIDARIA OUTUBRO 2019

PROTESTA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O venres, 15 de Marzo o Ceip Vilaxoán fixo a súa protesta contra o cambio climático dentro do recinto escolar.

 

Naira recita o poema "Galicia" do que é autora.

 

MINICONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE RIBADUMIA

O mércores 4 de Outubro tivemos no cole un miniconcerto realizado por membros da banda de música de Ribadumia.

A actividade comezou coa presentación dos distintos instrumentos para a continuación interpretar cancións de series de debuxos animados e de películas coñecidas.

Para poñer o punto final a banda interpretou a canción de moda deste verán "Despacito" que todos cantamos con eles.

VER FOTOS MINICONCERTO DA BANDA DE MÚSICA

Distribuir contido