Obradoiros e Charlas

ALMORZ@ CON BEIXOS BRANCOS

O martes 25 de outubro o alumnado de 3º e 4º participou na actividade "Almorz@ con beizos brancos" promovida conxuntamente pola Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a obra social La Caixa.

A actividade comezou cunha pequena charla para mostrarlles os nenos e nenas a importancia de almorzar todos os días de forma completa e saudable. Tamén ensináronlles o proceso produtivo do leite.

Tras a charla realizaouse a degustación dun almorzo saudable composto por leite enteiro con cacao puro e mel, torradas de pan galego con aceite e froita.

VER FOTOS ALMORZ@S COS BEIZOS BRANCOS

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores 19 de Outubro tivemos un pequeno concerto didáctico no patio do cole realizado por algúns membros da banda de música de Faxilde.

Tras presentar os distintos instrumentos, interpretaron varias pezas musicais.

ECOS DE CORTEGADA

Nas primeiras semanas do mes de Outubro de 2016 tivemos no cole a exposición "Ecos de Cortegada.

O venres 14 o alumnado de 5º e 6º asistíu a unha proxección dun documental sobre a vida na illa de Cortegada e como viviron os seus habitantes a ter que marcharse da mesma. Ao finalizar a proxección participaron nun pequeno coloquio coas persoas que realizaron o documental pertencentes a asociación "O faiado da memoria".

APRENDEMOS A RECICLAR

O venres 22 de Febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º asistimos no cole a unha charla sobre reciclaxe.

Nela aprendemos que para poder aforrar materias primas é importante aplicar a regra das tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

E que a reciclaxe é posible se cada elemento vai ao contedor que lle corresponde. Se tes algunha dúbida sobre en que contedor tes que botar o que queres tirar podes consultalo na páxina de Ecoembes picando sobre a imaxe.

Coida do noso planeta RECICLANDO.

OBRADOIRO DE DANZA (II)

Tal e como informamos nunha entrada anterior, os días 26 e 27 de Abril celebramos un obradoiro de Danza Clásica que foi impartido pola profe Eva.

A actividade realizouse no ximnasio de cole e para participar no mesmo o alumnado dividiuse en varios grupos. Así mesmo os nenos e nenas de Educación Infantil tamén participaron no obradoiro como observadores e realizando exercicios moi sinxelos.

Cada sesión do obradoiro dividiuse en dúas partes. Na primeira parte, de carácter mais teórico presentáronnos os materiais que empregan os bailaríns: punteiras, protectores, calentadores, maiots ... e presentáronos a algúns dos bailaríns e bailarinas mais importantes a nivel mundial.

A segunda parte foi práctica e estivo adaptada a cada ciclo. Comezamos con exercicios de estiramentos para a continuación coñecer as distintas posicións básicas da danza clásica tanto de pés coma de brazos, realizamos exercicios de equilibrio e pequenos saltos e antes de finalizar a sesión estiramos outra vez.

Todos/as os participantes recibimos un diploma que recoñece o noso traballo no aobradoiro de Danza Clásica.

OBRADOIRO DE DANZA

Para conmemorar o Día Mundial da Danza que se celebra o 29 de Abril, imos realizar no cole un obradoiro de danza os días 26 e 27 dese mesmo mes.

A profe Eva encargarase de impartir as actividades prácticas desta disciplina artística nas que participará todo o alumnado de primaria dividido en distintos grupos.

Nos días previos á realización do obradoiro, proxectarémoslle ao alumnado  varios vídeos para que coñezan distintos aspectos da danza.

  

BEBIDAS SAUDABLES 2012

O mércores 21 de Marzo os nenos e nenas de 5º participaron no obradoiro de bebidas saudables organizadas polo SPAD de Vilagarcía e impartido no colexio.

A actividade comezou cunha parte teórica pola que o alumnado mostrou moito interese e na que aprendeu as grandes vantaxes que ten non consumir alcol nin drogas.

A continuación chegou a parte práctica na que entre todos elaboraron batidos e outras bebidas empregando ingredientes naturais como froia, leite e azucre.

VISITA DOS BOMBEIROS

O venres 10 de xuño os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos unha visita moi especial, dous bombeiros do parque do Salnés.

Explicáronnos en que consiste o seu traballo, para que o entendéramos mellor vimos unha pequena películade debuxos animados na que dous nenos atópanse nun incendio e chaman aos bombeiros para que os axuden.

 

Despois mostráronnos as súas roupas de traballo: as botas, o pantalón, a chaqueta, o protector da cara, o casco, as lubas e as máscara para poder respirar cando hai moito fume. Incluso poidemos probarnos toda esta roupa.

Antes de marchar deronnos uns contos sobre os bombeiros.

OBRADOIRO BEBIDAS SAUDABLES

Como en anos anteriores os nenos e nenas de 5º de Primaria participaron no obradoiro de bebidas saudables organizado polo SPAD de Vilagarcía de Arousa.


A actividade realizouse na cociña  do noso centro, sendo o alumnado o encargado de elaborar as bebidas seguindo as instrucións da monitoras. Unha vez feitas trasladáronse ata o comedor para saborealas.

ALMORZOS SAUDABLES

O alumnado de 1º de Primaria participou no programa de Almorzos Saudables organizado polo concello de Vilagarcía de Arousa.


Estes rapaces e rapazas almorzaron dúos días no centro para aprender a realizar esta importante comida dunha maneira saudable.

O primeiro dos días almorzaron leite, un iogur, unha peza de froita e un bocadillo. Mentres que o segundo día acompañaron o leite e o iogur cun croisant e unha tostada con marmelada.

A actividade completouse coa visita dun dentista que explicoulles ao alumnado como deben de lavarse os dentes despois de cada comida.

VER INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE EN TELE SALNÉS

Distribuir contido