Cursos anteriores
TALLER DE COCIÑA SAUDABLE. CURSO 2021/2022
O alumnado de 4º traballou este trimestre a alimentación cociñando e degustando na aula distintos pratos saudables, algúns deles foron: tortilla de pataca, ensalada, xudías con ovos, tartaletas e brochetas de froitas, ensalada de pasta e pataca, guacamole...
|
CONCURSO DE MAQUETAS CON MATERIAL RECICLADO. CURSO 2021/2022
O alumnado de 4º dentro da materia de ciencias naturais elaborou catro maquetascon material reciclado que presentou ao concurso "Illas Atlánticas". Co proceso de creación destas maquetas o alumnado pretendía, por unha banda coñecer a clasificación dos animais invertebrados e por outra coñecer o parque natural das Illas Atlánticas.
Para a creación da "Estrela de Mar, empregaron o cartón de caixas de folios que mesturaron con auga e un pouco de cola para formar a pasta coa que modelaron a estrela. A estrutura da "Árbore come pedras" foi creada con tres botellas de plástico que recubriron con papel de periódico e panos de man de papel para darlle a textura desexada. No seu interior metéronlle unhas pequenas ramas de carballo.
A creación do "Ourizo de mar" foi a máis sinxela. A base foi unha bola de papel de aluminio obtido dos envoltorios da merenda do alumnos e alumnas, ao redor dela cravaron páos de dentes e empregaron unhas tesoiras para escarbar na bola a boca do ourizo. "A centola" foi a maqueta que máis lles custou facer e a que menos parecido ten co animal real. O corpo está formado por un anaco de botella de plástico, as patas foron feitas con plastilina e para facer a boca e ollos empregaron o plástico cunha bandexa de friame.
O proceso de pintado e vernizado empregando "alkiyl" foi a última acción realizada en tódalas maquetas. Ao ser os gañadores do primeiro premio do concurso, o alumnado vai visitar unha as Illas Atlánticas nos primeiros días do mes de Maio. |
CORREO DA IGUALDADE. CURSO 2020/2021
Os nenos e nenas de 2º de primaria para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidades, fixemos un emotivo correo postal, onde os nenos/as escribiron cartas dirixidas a persoas con capacidades diferentes. Pica na lupa para ler a información sobre a actividade, nos ollos para ler as nosas cartas e ver os noso debuxos, e no altofalante para escoitar a nosa intervención no programa de radio "Colorín nas ondas" |
OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN. CURSO 2019/2020
O venres 13 de Decembro, o alumnado de 6º de primaria participou nun obradoiro de interpretación. Este é o segundo obradoiro do que desfrutamos ao estar inscritos no concurso de curtas convocado polo Museo de Pontevedra.
|
TALLER DE CRHOMA. CURSO 2019/2020
O venres 29 o alumnado de 6º disfrutou dun taller de crhoma, onde aprenderon a empregar esta ferramenta.
O taller foi impartido gratuítamente ao estar inscritos no concurso de curtas convocado polo Museo de Pontevedra. |
CURTAMETRAXES "COUSAS DE CASTELAO" E "A VOZ DOS SEUS OLLOS". CURSO 2018/2019
O alumnado de 5º participou no II Festival audiovisual infantil e xuvenil "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", obtendo unha mención honorífica do xurado. A curtametraxe rodada polos alumnos e alumnas de 5º A titúlase "Cousas de Castelao". Comeza cun Rap no que se conta a vida deste escritor, continúa coa escenificación de varias das súas viñetas do seu libro "Cousas" e remata coas tomas falsas e fotografías de como se realizou a rodaxe.
Pola súa banda "A voz dos seus ollos" é o título da curtametraxe rodada polo alumnado de 5º B. Nela cóntase a historia dun Pedro e María, un rapaz e unha rapaza que unha noite entran no museo de Pontevedra e na sala na que se atopan as obras de Castelao acontécenlle cousas inesperadas... |