Letras Galegas

A NOSA BANDEIRA E O NOSO HIMNO. LETRAS GALEGAS 2014

Este ano para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha bandeira galega de gran tamaño sobre a que escribimos as súas primeiras estrofas do Himno Galego.

A bandeira está colocada no patio cuberto e para a súa "inauguración" realizamos un pequeno acto no que participaron as pequenas pandereteiras do cole que acompañadas pola gaita do seu profe Cándido cantaron varias cantigas populares e realizaran dous bailes tradicionais.

O acto finalizou con todo o alumnado e profesorado cantando as dúas estrofas do Himno que están escritas na bandeira.

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Este ano, para clausurar as actividades da Semana das Letras Galegas os equipos de Biblioteca, Normalización e Actividades Complementarias organizaron un recital de poesías de Rosalía de Castro, como homenaxe a esta autora ao cumprirse o 150 aniversario da publicación da súa obra "Cantares Gallegos".

Antes de comezar o recital entregáronse uns pequenos agasallos aos colaboradores da biblioteca.


As poesías recitadas foron:

  • Educación Infantil; " Miña Gaiteira"
  • Primeiro; "Gaiteiro moi repoludo"
  • Segundo A e B; "Nasín cando as plantas"
  • Terceiro A e B; "Campanas de Bastabales"
  • Cuarto A; "Miña Santiña"
  • Cuarto B; " Vente Rapasa"
  • Quinto; "Adiós ríos, adiós fontes"
  • Sexto; " Castellanos de Castilla"

VER FOTOS HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2011

O martes 31 de maio celebramos o festival das LETRAS GALEGAS, nel participou todo o alumnado do centro

O festival comezou cos nenos e nenas de E Infantil 3 anos que realizaron unhas escenificación da obra " A primavera" de Vivaldi. A continuación os seus compañeiros/as de 4 anos bailaron o "Pezinho" e para rematar cos pequenos os nenos e nenas de 5 anos escenificaron a canción " Pulga na Palla".

O alumnado de 2º contounos a historia de "cuadradiño" do conto " Por catro esquiniñas de nada".

Os nenos e nenas de 5º que realizaron o seu proxecto sobre o "Lago de los cisnes" danzaron a obertura desta obra.

Os rapaces e rapazas de 6º quixeron contarons a súa peculiar visión da historia con "Historias da historia".

" O pitiño" foi a canción que escenificaron os nenos e nenas de 1º mentres que os seus compañeiros/as de 3º e 4º bailaron " o Malhao" que é un baile tradicional de Portugal.

Os nenos e nenas que participan na actividade de baile da ANPA bailaron: "Ven, ven, ven", " Como quieres que te quiera" e " Danza Kuduro"

Para homenaxear a auxiliar de conversa en lingua inglesa o alumnado do 2º e 3º ciclo cantoulle unha canción da súa Irlanda natal " Danny boy".

Para poñer o punto e final ao festival o coro do colexio interpretou dúas cancións: " Aquí teño ben cantare"e " Sete saias".

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2010

Este ano celebramos o Festival das Letras Galegas o día 25 de Maio. O público asistente disfrutou durante dúas horas coas actuacións do noso alumnado.

O festival comezou coas actuacións dos cativos/as de Educación Infantil. Os pequerechos de 3 anos bailaron ao son das bolboretas, os nenos e nenas da clase de 4 anos cantaron coa Vaca Marela e o alumnado de 5 anos representou o conto "Corre, corre cabaciña".

Outras representación coas que se entretivo público foron: "Ovelliña dame lá" interpretada polos nenos e nenas de 1º, "As letras Galegas" protagonizada polo alumnado de 3º e " O merlo branco" obra realizada polos rapaces/as de 4º que tamén mostaron o seu dominio do inglés co conto " The very hungry caterpillar".

O baile estivo presente no festival, os nenos e nenas de 2º bailaron " El negrito del colacao", "I gotta felling" realizada polo alumnado de 5º foi outro dos bailes e os rapaces/as de 6º deixaron abraiado ao público cunha danza contemporánea. Non podemos esquecernos dos bailes da actividade da ANPA: "Baile de Hawai", " Amigos del corazón" e " Que el ritmo no pare".

A nosa particular dedicatoria a Uxío Novoneyra foi realizada polo alumnado de 6º que leu a súa biografía e recitou un dos seus poemas.

Como non podería ser doutra maneira, o punto e final do festival correu a cargo do coro do colexio que interpretou " Fisterra" e " Muñeira de San Amaro".

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2009

O 26 de Maio celebramos no noso centro o Festival das Letras Galegas. Pola maña foi un ensaio xeral, xa que os nenos e nenas dos distintos cursos actuaron para os seus compañeiros e compañeiras.

Xa pola tarde as actuacións do festival foron para as familias e para todas aquelas persoas que acudiron a velos.

 Tanto os nenos e nenas que actuaron nos bailes, nas danzas, nas interpretacións, no coro ... pasáronno moi ben, así e como as persoas que se achegaron ao centro para ver o noso festival.

Distribuir contido