Maios

MAIOS 2023

Este ano contando coa colaboración da ANPA elaboramos e presentamos á Festa dos Maios organizada polo concello de Vilagarcía un maio tradicional e un maio artístico que representaba un faro.

Coma é habitual, o alumnado encargouse de traer fiuncho, flores, froitas, laranxas...

Estes maios estiveron acompañados do coro do colexio que interpretou as coplas "Ponte ao día" coas que informaron a tódolos presentes sobre o que está acontecendo tanto a nivel mundial, nacional como no noso colexio.

  VER FOTOS MAIOS 2023

MAIOS 2022

Seguindo coa tradición do cole, ese ano elaboramos o Maio empregando o fiuncho, as flores, as froitas e demais elementos que trouxo o alumnado.

O alumnado de sexto encargouse principalmente de facer feixes co fiuncho que formaron a base do Maio, os restantes cursos  repartíronse as funcións de realizar colares de flores, de laranxas, de limóns e de "cocos" que xunto coas calas e outras pequenas flores adornaron o Maio.

Moitas grazas ao alumnado, ao profesorado e ao persoal non docente polo voso traballo que deu coma resultado o noso Maio Peregrino

 VER FOTOS MAIOS 2022

MAIOS 2021

Este ano celebramos os Maios no cole elaborando entre todos os cursos, por quendas, un Maio tradicional.

Cada curso compuxo as súa copliñas e cantounas xunto ao Maio unha vez que estivo rematado.

 VER FOTOS MAIOS 2021

MAIOS 2019

O 30 de Abril celebramos os Maios no centro, elaborando un Maio tradicional e unha caixa para o que contamos coa axuda do alumnado dos distintos cursos. Tampouco faltaron as copliñas cantadas polo coro do colexio.

Estes Maios conxuntamente cun Maio Artístico, unha Cruz e un Barco que foron elaborados polos membros da ANPA do centro participaron na Festa dos Maios que organizou o día 1 o Concello de Vilagarcía sendo acompañados nas copliñas polo noso coro.

 

  VER FOTOS MAIOS 2019

VER VÍDEO CANTANDO OS MAIOS 2019

MAIOS 2018

O 27 de Abril cuns días de adianto celebramos os Maios no cole. Nas aulas elaboramos Maios de caixa, Maios tradicionais e Maios artísticos e o coro do cole cantóulles unhas copliñas.

Pica na imaxe para ver o vídeo da actuación do coro

 

VER FOTOS MAIOS 18

O NOSO MAIO

Este ano celebramos a festa dos Maios no cole, coa realización dun pequeno Maio por parte do alumnado de Educación Infantil, ao redor do cal o coro do cole cantou unhas copliñas.

O MAIO PILLABÁN. MAIOS 2011

Coa chegada do novo mes, puxémonos  mans a obra e elaboramos o maio para participar no concurso convocado polo Concello.

Como este ano a festa foi o domingo, tivemos que facer o noso maio o sábado, para o que contamos coa axuda dos membros da ANPA.  Traballamos durante toda a tarde e como podedes ver quedounos un maio moi xeitoso ao que bautizamos como o MAIO PILLABÁN.


No concurso acompañamos ao maio cantando unha letriña que estivemos ensaiando durante toda a semana.

VER LETRA "MAIO PILLABÁN"

MAIO DA FE. MAIOS 2010

 

 

 

 

 

Continuando coa tradición, o cole participou na Festa dos Maios, organizada polo concello de Vilagarcía o 1º de Maio.

Durante toda a mañá do venres, contando coa colaboración de varios pais e nais, estivemos elaborando o noso maio cos elementos naturais que nos días previos trouxo o alumnado.

 

"O Maio da FE" foi o título do noso un maio, que estivo acompañado polos nenos e nenas do cole que cantaron unha letriña na que se reflexaban os acontecementos e situacións máis significativas dos últimos meses.

 

VER LETRIÑA MAIO DA FE

MAIO PEDICHÓN. MAIOS 2009

 O día 1 de Maio o noso cole participou na "Festa dos Maios" organizada polo Concello de Vilagarcía.

Presentamos un Maio cónico baixo o título do "MAIO PEDICHÓN" que estivo acompañado polo coro do colexio que cantou unha letriña sobre os temas de actualidade.

O xoves 30 de abril estivemos toda a maña elaborando o noso Maio, para o que empregamos fiúncho, flores de distintos tipos, ovos, laranxas... que trouxeron os nenos e nenas nos días previos. Todos os grupos colaboraron na elaboración do Maio e contamos tamén coa axuda dos pais e nais que se achegaron ata o centro para botarnos unha man con este traballo.

Finalizamos o día realizando o último ensaio da letriña ante o Maio.

 LETRIÑA MAIO PEDICHÓN

 

Distribuir contido