Nadal

NADAL 2022

Este ano preparámonos para celebrar o Nadal realizando distintas actividades no centro, podedes velas neste vídeo.

Pica na imaxe para ver o vídeo

FELICITACIÓN NADAL 2020

A comunidade educativa do CEIP Vilaxoán quere desexarvos un bo Nadal e un venturoso 2021

CELEBRAMOS O NADAL 2018

Este ano celebramos o Nadal recibindo a Papa Noel que visitou ao alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.

Brindamos polo novo ano con chocolate con churros, o chocolate foi preparado por membros da ANPA e os churros por uns churreiros que instalaron o seu posto no patio o que permitiu que chegaran recen feitos ás aulas.

Escoitamos a actuación do coro do cole que vai a participar, como todos os anos, no Certame de Panxoliñas que organiza o Fogar do Pescador.

Pica na imaxe para ver o vídeo da actuación.

 

E rematamos a maña, recibindo os agasallos por participar no V Certame de decoración de portas que este ano foi gañado pola aula de 5º A.

(Pica na imaxe para ver a decoración das portas)

VER FOTOS NADAL 2018

BO NADAL!

Coa imaxe da porta gañadora do III Certame de decoración de portas no Nadal, queremos felicitarvos estas festas.

NADAL 2016

Chega o Nadal e o noso centro vístese de gala: decoración de portas, postais, árbores e santa, contos e moita ciencia.


(Pica na imaxe para ver a decoración do centro)

Ademais, dende finais do mes de Novembro o noso coro estivo ensaiando as panxoliñas que interpretou o pasado sábado no Fogar do Pescador e o mércores 22 despois da visita do Paxe Real e antes da entrega de premios do III Certame de decoración de portas, teremos ocasión de escoitalos.

 

 

VER FOTOS NADAL 2016

Distribuir contido