A ESCOLA DE ANTES CHARLA DAS AVOAS

Hoxe, día 13 de novembro visitáronnos no colexio Leo e Cocha, as avoas de Carmen González e Antía Blanco.

ViñeroN a contarnos os recordos que tiñan da súa escola de cando elas eran pequenas. A pesar de que o no noso colexio cumpre 40, elas non viñero aquí, senón que foron á Escola de Dona Concha.

Faláronnos daquela época dura onde a roupa e a comida era moi escasa. Cando facían bocadillos de pan reseso e monda de plátano ou de queixo.

Leo aos 11 anos xa foi a traballar para a fábrica e contaba Concha como desde os 9 anos xa facía de comer para toda a familia. Non había vacacións, e traballaban axudando na casa, collendo piñas nos montes ou traballando nas leiras.

Tampouco tiñan xoguetes: algunha boneca de cartón que se esfolicaba ao mollarse. E claro cando dicían que non había móbiles, nin ordenadores, nin tele, nin neveiras, nin cociñas (cociñaban nas lareiras), nin baños... menuda cara nos quedou!!!

A profe era estrita e axudábase dunha vara para impoñer a orde. Ninguén rechistaba pola conta que lle tiña. Non había cadernos, nin libros, nin lapis nin colores... Había a Enciclopedia Álvarez e o pizarrillo no que escribían cun cacho de tella.

Aconselláronnos menos móbil e menos ordenador, máis deporte, comer todo e sobre todo querer e respectar moito aos avós e avoas.

GRAZAS LEO E CONCHA!!!!

 

  VER FOTOS CHARLA AVOAS A ESCOLA DE ANTES