40 Anos da nosa historia

CELEBRAMOS O 40 ANIVERSARIO

Desde o colexio queremos celebrar o noso 40 aniversario e queremos que sexan datas participativas e moi emotivas para todos aqueles que pasaron polo centro ou tiveron relación con el e escribiron un cachiño da súa historia: alumnado, profesorado, familias, veciños, organismos…

O noso colexio foi evolucionando con nós e coa sociedade, pero é moi importante saber de onde vimos e recoñecer o esforzo de todos para chegar ata aquí.

 Por iso, entre outras, temos programadas as seguintes actividades

Charlas ao alumnado de unhas avoas que nos van vir a contar como era a escola de antes.

 Está programada para o mércores, 13 de novembro.

 

 

Temos invitados antigos alumnos e alumnas relacionados profesionalmente co mundo da música que impartirán un taller para o alumnado.

 

 

Estamos igualmente contactando con outro alumnado de distintas profesións para que veñan a contarnos as súas experiencias.

Non se realizou por mor da suspensión da actividade lectiva presencial pola pandemia da COVID 19.

 

Teo Cardalda pasará polo colexio para contarlle ás familias un pouco da historia do noso colexio, e sobre todo dos preliminares, das primeiras escolas que houbo en Vilaxoán.

 

 

 Estamos recopilando fotografías relacionadas co colexio e tamén de actividades destes 40 anos, así como algún obxecto (libros, cadernos, mobles…) para facer unha exposición.

Non se realizou por mor da suspensión da actividade lectiva presencial pola pandemia da COVID 19.

 

  
Empezamos a contactar coas primeiras promocións de alumnado para que nos acompañen e participen con nós destes actos.

Non se realizou por mor da suspensión da actividade lectiva presencial pola pandemia da COVID 19.

  
No segundo trimestre queremos contar con asociacións e organismos da nosa localidade que nos veñan a explicar a súa historia e a súa función na nosa localidade.

Non se realizou por mor da suspensión da actividade lectiva presencial pola pandemia da COVID 19.

  
No mes de marzo (no que cumprimos os 40) farase unha xornada de portas abertas a toda a comunidade, cun acto central de conmemoración, invitación a autoridades, actuacións e onde se poderá visitar a exposición.

Non se realizou por mor da suspensión da actividade lectiva presencial pola pandemia da COVID 19.

 

 

No mes de abril celebraremos unha comida aberta para todos os que queiran participar nun restaurante próximo .

Non se realizou por mor da suspensión da actividade lectiva presencial pola pandemia da COVID 19.

 

 

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR CON NÓS DESTA CELEBRACIÓN!!!

FACÉDENOS CHEGAR AS VOSAS IDEAS E SUXERENCIAS.
 

CHARLA REMO

O 27 de Febreiro, e dentro das actividades de conmemoración do 40 aniversario, veu darnos unha charla ao cole Gelo Tarrío presidente do Clube de Remo Vilaxoán.

Falounos das características desde deporte, dos distintos tipos de embarcacións, dos adestramentos, das instalacións do clube, das competicións.

O alumnado de 4º a 6º asistente mostrouse moi interesado.

A ver se seguimos a ter campións e campionas de Vilaxoán nas competicións autonómicas e nacionais.

Moitas grazas a Gelo, antigo alumno do Centro, pola súa colaboración.

VER FOTOS CHARLA CLUBE REMO

CHARLA TEO CARDALDA: AS PRIMEIRAS ESCOLAS DE VILAXOÁN

O martes 10 de Decembro, dentro dos actos de celebración do noso 40 Aniversario acompañounos Teo Cardalda, sen dúbida unha das persoas que máis sabe de historia da nosa localidade.

Falounos de cando na República había seis escolas en Vilaxóan, de cando estudaban moitos rapaces xuntos, das listas dos mestres perseguidos durante o franquismo, de Dona Concha e de Don Paco, da xente que saíu desas aulas..., é dicir falounos da nosa historia.

VER FOTOS CHARLA TEO CARDALDA

CONCERTO DIDÁCTICO EXALUMNAS

O 4 de Decembro recibimos a visita de catro integrates nda de música de Vilagarcía que son ademais ex-alumnas do cole.

Coa súa axuda repasamos os instrumentos dunha banda de música e tivemos a ocasión de escoitar en vivo e en directo o violoncello, o saxofón e a frauta traveseira.

Pasámolo xenial cantando grandes éxitos coma “Un elefante se balanceaba”, “Baby Shark” e facendo percusión corporal para acompañar a Marcha Radetzky. 

VER FOTOS CONCERTO EXALUMNAS

VER VÍDEO CONCERTO EXALUMNAS

A ESCOLA DE ANTES CHARLA DAS AVOAS

Hoxe, día 13 de novembro visitáronnos no colexio Leo e Cocha, as avoas de Carmen González e Antía Blanco.

ViñeroN a contarnos os recordos que tiñan da súa escola de cando elas eran pequenas. A pesar de que o no noso colexio cumpre 40, elas non viñero aquí, senón que foron á Escola de Dona Concha.

Faláronnos daquela época dura onde a roupa e a comida era moi escasa. Cando facían bocadillos de pan reseso e monda de plátano ou de queixo.

Leo aos 11 anos xa foi a traballar para a fábrica e contaba Concha como desde os 9 anos xa facía de comer para toda a familia. Non había vacacións, e traballaban axudando na casa, collendo piñas nos montes ou traballando nas leiras.

Tampouco tiñan xoguetes: algunha boneca de cartón que se esfolicaba ao mollarse. E claro cando dicían que non había móbiles, nin ordenadores, nin tele, nin neveiras, nin cociñas (cociñaban nas lareiras), nin baños... menuda cara nos quedou!!!

A profe era estrita e axudábase dunha vara para impoñer a orde. Ninguén rechistaba pola conta que lle tiña. Non había cadernos, nin libros, nin lapis nin colores... Había a Enciclopedia Álvarez e o pizarrillo no que escribían cun cacho de tella.

Aconselláronnos menos móbil e menos ordenador, máis deporte, comer todo e sobre todo querer e respectar moito aos avós e avoas.

GRAZAS LEO E CONCHA!!!!

 

  VER FOTOS CHARLA AVOAS A ESCOLA DE ANTES

Distribuir contido