ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2010/2011

Neste curso recen rematado o Equipo TIC do noso centro elaborou tres paquetes de actividades Jclic para completar os proxectos de investigación realizados por distintos grupos de alumnos/as.

O primeiro deles emprega a información traballada polo alumnado de Educación Infantil no seu proxecto sobre o escritor "Valle - Inclán". Son actividades moi sinxelas de tipo visual, xa que están dirixidas aos nenos e nenas máis cativos do cole.

Pica na imaxe para abrir a actividade

O segundo paquete de actividades completa o proxecto de investigación sobre os vermes de seda, proxecto realizado polo alumnado de Educación Infantil 5 anos e de 1º B.

Pica na imaxe para abrir a actividade

Finalmente creamos un paquete de actividades sobre a música clásica que foi o tema central de todas as actividades realizadas este ano no noso cole. Este paquete de actividades divídese en dúas partes unha sobre compositores e as súas obras e outra sobre os instrumentos da orquestra.

Pica na imaxe para abrir a actividade