CONCURSO DE MAQUETAS CON MATERIAL RECICLADO. CURSO 2021/2022

O alumnado de 4º dentro da materia de ciencias naturais elaborou catro maquetascon material reciclado que presentou ao concurso "Illas Atlánticas".

Co proceso de creación destas maquetas o alumnado pretendía, por unha banda coñecer a clasificación dos animais invertebrados e por outra coñecer o parque natural das Illas Atlánticas.

Para a creación da "Estrela de Mar, empregaron o cartón de caixas de folios que mesturaron con auga e un pouco de cola para formar a pasta coa que modelaron a estrela.

A estrutura da "Árbore come pedras" foi creada con tres botellas de plástico que recubriron con papel de periódico e panos de man de papel para darlle a textura desexada. No seu interior metéronlle unhas pequenas ramas de carballo.

 

A creación do "Ourizo de mar" foi a máis sinxela. A base foi unha bola de papel de aluminio obtido dos envoltorios da merenda do alumnos e alumnas, ao redor dela cravaron páos de dentes e empregaron unhas tesoiras para escarbar na bola a boca do ourizo.

"A centola" foi a maqueta que máis lles custou facer e a que menos parecido ten co animal real. O corpo está formado por un anaco de botella de plástico, as patas foron feitas con plastilina e para facer a boca e ollos empregaron o plástico cunha bandexa de friame.

O proceso de pintado e vernizado empregando "alkiyl" foi a última acción realizada en tódalas maquetas.

Ao ser os gañadores do primeiro premio do concurso, o alumnado vai visitar unha as Illas Atlánticas nos primeiros días do mes de Maio.