CURTAMETRAXES "COUSAS DE CASTELAO" E "A VOZ DOS SEUS OLLOS". CURSO 2018/2019

O alumnado de 5º participou no II Festival audiovisual infantil e xuvenil "O Museo de Pontevedra en curtametraxes",  obtendo unha mención honorífica do xurado.

A curtametraxe rodada polos alumnos e alumnas de 5º A titúlase "Cousas de Castelao".

Comeza cun Rap no que se conta a vida deste escritor, continúa coa escenificación de varias das súas viñetas do seu libro "Cousas" e remata coas tomas falsas e fotografías de como se realizou a rodaxe.

Pola súa banda "A voz dos seus ollos" é o título da curtametraxe rodada polo alumnado de 5º B. Nela cóntase a historia dun Pedro e María, un rapaz e unha rapaza que unha noite entran no museo de Pontevedra e na sala na que se atopan as obras de Castelao acontécenlle cousas inesperadas...