Cursos anteriores

MAQUETAS DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º realizou unha tarefa de aula moi interesante: Maquetas onde funcionaran circuitos eléctricos simples compostos de xerador, motores, interruptores, cables...

Logo ensináronlle os máis pequenos do cole o seu funcionamento.

VER FOTOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

KANDISKY

Nesta primeiro avaliación, os nenos e nenas de 5º na materia de plástica achegámonos ata o pintor Kandisky para coñecer algunhas características da súa obra.

Aquí podedes ver os nosos traballos inspirados na técnica pictórica deste artista ruso.


CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

 O alumnado de 6º curso dentro da materia de coñecemento do medio elaborou uns circuítos eléctricos.

A clase dividiuse en catro grupos para realizar o proxecto, cada grupo empregou cartón ( para crear o fondo e a base do circuíto), cables, un porta lámpadas, unha bombilla, un pequeno motor, unha pila e un interruptor.

 

Os circuítos están expostos na entrado do colexio e son moitos os alumnos e alumnas doutros cursos que se achegan a velos e a probar o seu funcionamento.

 

RIMAS SALVAXES

Os alumnos e alumnas de 3º fixeron rimas dedicadas aos animais. Todas elas atópanse recollidas nun pequeno libro que está na biblioteca do colexio e que tamén podedes ver picando na portada do libriño.

Esperamos que vos gusten.

A PRAIA MISTERIOSA

Partindo dun pequeno cadro que atoparon na súa aula os nenos e nenas de 3º fixeron unha lectura de imaxes que deu como resultado a historia " A praia misteriosa".

Mirando o cadro e deixando voar a súa  imaxinación deron resposta as seguintes preguntas:

  • Que colores vemos?
  • A que ole?
  • Que oímos ?
  • Que tocamos?
  • A que sabe?

Co información obtida elaboraron entre todos a historia do que pasou na praia do cadro.

Se queredes ler de que vai o conto, achegarvos ata a biblioteca do cole pois alí atópase o libriño que resultou desta actividades.

E para os que non podades ir ata a nosa biblioteca picade na portada do libro e a historia abrirase ante os vosos ollos.  

 

Distribuir contido