Despedida do alumnado de 6ºEP.
Posted Xuño 23rd, 2022 by AnónimoDatas importantes a ter en conta
Posted Xuño 20th, 2022 by Anónimo
Martes 28 de xuño
Do luns 27 ao xoves 30 de xuño
|
Venres 1 de xullo
- Publicación da listaxe definitiva de beneficiarios do Fondo de libros.
Do luns 4 de xullo ao venres 8 de xullo
- Entrega de cheques de libros para 1º e 2º de EP e entrega de cheques para mercar material escolar.
Setembro (datas aínda sen confirmar)
- Entrega dos libros de 3º, 4º e 6º EP e charla para as familias de 5º de EP sobre E-dixgal.
Formalización de matrícula – Instrucións
Posted Xuño 16th, 2022 by AnónimoDocumentación necesaria para formalizar a matrícula:
- 2 fotografías tamaño carné, recortadas e co nome do/a alumno/a por detrás.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Informe médico ou fotocopia cartilla de vacinas.
- Padrón municipal no caso de non telo presentado coa solicitude de praza.
- Fotocopia do libro de familia no caso de non tela presentada coa solicitude de praza.
- No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentencia xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia e, de ser o caso, a patria potestade.
- Certificado de matrícula do centro de procedencia no caso de estar escolarizado noutro centro.
Se finalizado o prazo de matrícula e esta non estivese formalizada, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).
O venres 1 de xullo haberá unha xuntanza ás 12:30h para as familias do alumnado que comeza 4º de EI. Será en usos múltiples e as titoras tratarán aspectos organizativos do vindeiro curso.
Transporte escolar para o curso 2022/2023
Posted Xuño 15th, 2022 by AnónimoSegundo a normativa vixente, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.
O prazo de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte durante o curso 2022-23 estará aberto entre o 16 xuño e o 8 de xullo, ambos inclusive. Non se admitirán novas solicitudes fóra deste prazo.
Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden entregarse na Secretaría do centro.
A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumnado non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun/dunha usuario/a lexítimo/a. As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.
Lembrade que hai dos formularios, un para usuarios lexítimos (con dereito a transporte) e outro provisionais.
As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído no servizo de transporte publicaranse antes do 5 de setembro no taboleiro ao carón de secretaría.
No Centro funcionan catro rutas coas seguintes paradas:
Doazón material escolar
Posted Xuño 13th, 2022 by AnónimoO noso colexio vai participar coa inciativa da ONG Ecodesarrollo Gaia, deixámosvos a iniciativa e animámosvos a participar!
- A recollida de materiais será o luns 20 e o martes 21.
Volven as froitas!
Posted Xuño 7th, 2022 by AnónimoContinuando co Programa escolar de consumo de froitas e leite no que estamos participando, a partires de mañán comezaremos coa quenda das froitas.
Información Proxecto E- Dixgal
Posted Xuño 5th, 2022 by AnónimoO alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.
Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:
- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...
- Comunicación e resolución de averias sobre o equipamento do proxecto
- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre contorna virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos na dita entorna.
Sobre calquera dos elementos relacionados coa educación dixital:
- O equipo do alumnado
- O equipo do profesorado
- Os elementos da aula dixital nunha aula dun curso E-Dixgal (encerado dixital interactivo, proxecto, armario de carga, equipo do profesor na aula, rede WIFI, servidor de centros, conexión do centro a Internet).
- Os elementos da contorna virtual de aprendizaxe (plataforma EVA, contidos dos distintos proveedores.
E que presta o dito servizo a través das seguintes canles:
De xeito remoto a través dunha canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:
- A través do número de teléfono 881 86 99 00
- De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
- A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
- A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal
De xeito presencial, mediante técnicos que se desprazan ao centro educativo no que se produce a incidencia ou mediante técnicos que se desplazan á ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.
A través de puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por todo a xeografía galega:
Rede de puntos físicos de atención:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »