Formalización de matrícula – Instrucións

Formalización de matrícula – Instrucións

Documentación necesaria para formalizar a matrícula:

  • 2 fotografías tamaño carné, recortadas e co nome do/a alumno/a por detrás.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Informe médico ou fotocopia cartilla de vacinas.
  • Padrón municipal no caso de non telo presentado coa solicitude de praza.
  • Fotocopia do libro de familia no caso de non tela presentada coa solicitude de praza.
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentencia xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia e, de ser o caso, a patria potestade.
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia no caso de estar escolarizado noutro centro.


Se finalizado o prazo de matrícula e esta non estivese formalizada, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

O venres 1 de xullo haberá unha xuntanza ás 12:30h para as familias do alumnado que comeza 4º de EI. Será en usos múltiples e as titoras tratarán aspectos organizativos do vindeiro curso.

   

Transporte escolar para o curso 2022/2023

Segundo a normativa vixente, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.

O prazo de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte durante o curso 2022-23 estará aberto entre o 16 xuño e o 8 de xullo, ambos inclusive. Non se admitirán novas solicitudes fóra deste prazo.

Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden entregarse na Secretaría do centro.

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumnado non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun/dunha usuario/a lexítimo/a. As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

Lembrade que hai dos formularios, un para usuarios lexítimos (con dereito a transporte) e outro provisionais.

As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído no servizo de transporte publicaranse antes do 5 de setembro  no taboleiro ao carón de secretaría.

No Centro funcionan catro rutas coas seguintes paradas:

SOLICITUDE TRANSP. LEXITIMO 22-23   SOLICITUDE TRANSPORTE PROVISIONAL 22-23   SOLICITUDE TRANSPORTE PROVISIONAL 22-23   SOLICITUDE TRANSPORTE PROVISIONAL 22-23

Libros de Texto 2023-2024

Doazón material escolar

O noso colexio vai participar coa inciativa da ONG Ecodesarrollo Gaia, deixámosvos a iniciativa e animámosvos a participar!

  • A recollida de materiais será o luns 20 e o martes 21.

 

Volven as froitas!

Continuando co Programa escolar de consumo de froitas e leite no que estamos participando, a partires de mañán comezaremos coa quenda das froitas.

                    

Información Proxecto E- Dixgal

O alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

  • Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...
  • Comunicación e resolución de averias sobre o equipamento do proxecto
  • Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre contorna virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos na dita entorna.

Sobre calquera dos elementos relacionados coa educación dixital:

  • O equipo do alumnado
  • O equipo do profesorado
  • Os elementos da aula dixital nunha aula dun curso E-Dixgal (encerado dixital interactivo, proxecto, armario de carga, equipo do profesor na aula, rede WIFI, servidor de centros, conexión do centro a Internet).
  • Os elementos da contorna virtual de aprendizaxe (plataforma EVA, contidos dos distintos proveedores.

E que presta o dito servizo a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dunha canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

  •  A través do número de teléfono 881 86 99 00
  • De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
  • A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
  • A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desprazan ao centro educativo no que se produce a incidencia ou mediante técnicos que se desplazan á ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por todo a xeografía galega:

Rede de puntos físicos de atención:

Festa de fin de curso 2021-22. Venres 17 de xuño no colexio Valle Inclán

O venres 17 de xuño, a partires das 16:00h, a ANPA Valle Inclán en colaboración co CEIP Ramón Mª del Valle Inclán organiza unha festa de Fin de Curso no cole.

Toda a comunidade educativa do colexio está convidada a participar nesta festa para dar a benvida ó verán.

  • Apertura dos postos para comprar MERENDIÑAS para recadar fondos para a excursión de fin de curso de 6º de educación primaria.
  • Exhibicións do alumnado de actividades extraescolares do cole.

  • Actuación musical dos “VERDIÑOS” e os “LARANXIÑAS”, alumnado de 6º de educación infantil.

  • “CANTAXOGA”, espectáculo de teatro e música en directo, a cargo da compañía MIGALLAS TEATRO

 A festiña seguirá ata as 

Letras Galegas 2022 e Día do Libro


Distribuir contido

Back to top