Positivo Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de hoxe comunicouse un novo positivo por Covid-19 no Centro.

Unha vez efectuada a comunicación, por parte das autoridades sanitarias indícannos a posta en corentena dos contactos estreitos, que, neste caso, afecta só a  unha pequena parte do alumnado dunha aula de educación primaria. As súas familias xa foron informadas da situación.

O resto da comunidade educativa non foi considerada contacto estreito por parte de sanidade, polo que non é necesaria a corentena, acudindo ao Centro coma de costume.

Pregamos continúen mantendo as medidas de prevención.

Un saúdo, o equipo directivo.

Back to top