Skip to Content

Escola de familias

Arrancamos a escola de familias do cole coas seguintes actividades:

  • Formación en igualdade con A Carón o mércores 28 de abril;
  • Formación en Trastorno do Espectro Autista con Gabriella Dagmar o martes 03 de maio;
  • Formación en edución dos nosos fillos e fillas no día a día con Bibiana Caamaño de Alicce.

Iremos colgando a iformación de cada unha destas formacións en canto teñamos os datos necesarios.

Admisión de alumnado para o curso escolar 2022-2023

Dende o vindeiro luns 1 de marzo e ata o día 21 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

Xornada de portas abertas 2022

 

 

Admisión: reserva de praza en centros adscritos

Dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2022-2023 no IES A Paralaia.

- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.

* O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar a apertura doutro prazo.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación:

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

 

Axudas máscaras hixiénicas: procedemento

O venres 12 de novembro publicouse o procedemento polo cal serán distribuídas máscaras hixiénicas entre o alumnado de educacion primaria. Para ser beneficiaria ou beneficiario desta axuda, débese presentar o anexo I, anexo II e a copia do libro de familia.

Cómpre ter en conta que:

  • O prazo é ata o 26 de novembro.
  • A presentación das solicitudes será no propio colexio baixo CITA PREVIA.
  • O alumnado que recibiu a axuda de material escolar NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, xa que de xeito autómatico se lle proporcionarán as máscaras.
  • A situación persoal e a composición da unidade familiar a ter en conta é a 31 de decembro de 2019.
  • A renda per cápita para a concesión da axuda debe ser igual ou inferior a 6.000 €.

 

Anexo I e II (descargar aquí)

Publicación no DOG (información extendida) (descargar aquí)

Reunións de titoría

Convócase ás familias dos distintos cursos ás reunións coas titorías. Por cuestións de aforo e protocolo, solicítase a asistencia á dita reunión dunha soa persoa da unidade familiar.

    * 3 anos: 28 de setembro ás 17:00

    * 4 anos: 14 de setembro ás 17:00

    * 5 anos: 21 de setembro ás 17:00

    * 1º EP: 14 de setembro ás 17:00

    * 2º EP: 14 de setembro ás 18:00

    * 3º EP: 21 de setembro ás 17:00

    * 4º EP: 21 de setembro ás 18:00

    * 5º EP: 21 de setembro ás 18:00

    * 6º EP: 21 de setembro ás 18:00

Listaxes de material (Educación Primaria)

Adxúntanse as listaxes de material de Educación Primaria:

     * 1º EP (prema aquí)

     * 2º EP (prema aquí)

     * 3º EP (prema aquí)

     * 4º EP (prema aquí)

     * 5º EP (prema aquí)

     * 6º EP (prema aquí)

 

* Todas as clases de Educación Primaria precisarán dunha axenda escolar. A vindeira semana estará dispoñible a axenda escolar do noso colexio, informarémosvos de cando a podedes solicitar.

Autorización para a saída do alumnado sen acompañante

Adxúntase a autorización para a saída do alumnado do centro educativo ou do servizo de transporte sen acompañante maior de idade (prema aquí).

Servizo de comedor

Adxúntase o modelo de autodeclaración para especificar a taxa correspondente do servizo de comedor (prema aquí).

Presentación do novo equipo directivo

Convócase ás familias interesadas a unha reunión informativa a vindeira semana para a presentación do novo equipo directivo e cuestións relativas de cara ao inicio de curso.

Luns 6:

       * 17:00 - 18:00 > Familias de Educación Infantil

       * 18:30 - 19:30 > Familias de 1º e 2º de Educación Primaria

Martes 7:

       * 17:00 - 18:00 > Familias de 3º e 4º de Educación Primaria

       * 18:30 - 19:30 > Familias de 5º e 6º de Educación Primaria

Por cuestións de aforo e protocolo, solicítase a asistencia á dita reunión dunha soa persoa da unidade familiar.

Distribuir contido


by Dr. Radut