Skip to Content

Mandatos da Curuxa 2023

Admisión: reserva de praza en centros adscritos

Dende o 16 de xaneiro e ata o vindeiro 6 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2023-2024 no IES A Paralaia.

- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.

* O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar a apertura doutro prazo. Neste caso, deberán cubrir, asinar e presentar a súa renuncia a dita praza no noso colexio (descargar aquí). 

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación:

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É preciso acudir en horario de secretaría para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É preciso acudir en horario de secretaría para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

Xornadas de Portas abertas para alumnado da EEI O Con

O vindeiro xoves 26 de xaneiro teremos a xornada de portas abertas para as familias do alumnado que remata a etapa de educcación infantil na EEI O Con, o noso centro adscrito. Adxuntamos tamén o tríptico informativo.

 

Calendario de Merendas

Listaxes de material (Educación Primaria)

Adxúntanse as listaxes de material de Educación Primaria:

              *   1º EP (prema aquí)

              *   2º EP (prema aquí)

              *   3º EP (prema aquí)

              *   4º EP (prema aquí)

              *   5º EP (prema aquí)

              *   6º EP (prema aquí)

Plan Madruga

Adxúntase o formulario de inscrición do servizo do Plan Madruga, onde poden consultar toda a información necesaria. A persoa de contacto no centro é Diana Alonso, dispoñible no tlf. 617731768

Reunións de titoría 2022-2023

Convócase ás familias dos distintos cursos ás reunións iniciais no seguinte horario.

Horarios

Documentación usuarios de comedor

Achégase o modelo de autodeclaración que deberán entregar todas as familias de alumnado usuario de comedor e a ficha de nova inscrción só para aqueles usuarios que acceden por primeira vez ao servozo de comedor no centro.

Información de interese para o alumnado de 4ºEI do curso 2022-2023

Achégase información de interese sobre o alumnado que accederá no vindeiro curso escolar a 4º de EI (3 anos).

  • Horario do período de adaptación (prema aquí)
  • Folleto explicativo -o mesmo que foi entregado na reunión presencial- (prema aquí)
  • Presentación explicativa -a mesma que foi exposta na reunión- (prema aquí)
Distribuir contido


by Dr. Radut