Skip to Content

Comedor e transporte

Ábrese o prazo para solicitar comedor e transpote de cara ao vindeiro curso escolar 2022-2023. Débese cumprimentar o solicitude correspondente e entregar no centro neste mes de xuño.

 

Impreso do comedor (prema aquí)

Impreso do transporte (prema aquí)

Libros de texto 2022-2023

Relación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-2023 (premer aquí).

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes definitvas

Publicación das listaxes definitivas de axudas de libros, axudas de material e fondolibros no taboleiro do centro.

A recollida das axudas e dos libros correspondentespoderá ser do 1 ao 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 ou no mes de setembro, con cita previa. Esta recollida debe ser efectuada pola persoa que cubriu a solicitude.

Reunión informativa 4º de EI curso 2022 - 2023

Convócase unha reunión o vindeiro mércores 29 de xuño ás 12:00 horas para as familias do alumnado que accede o vindeiro curso escolar 2022-2023 ao CEIP Plurilingüe de Tirán en 4º de Educación Infantil (3 anos).

O alumnado, se así o desexan, pode asistir.

Formalización da matrícula

O prazo para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

 

Documentación a entregar:

  • Anexo III (prema aquí)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor.
  • No caso de que solicite comedor, cumprimentar este impreso (prema aquí)
  • No caso de que solicite transporte, cumprimentar este impreso (prema aquí)

Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.

BECAS 2022-23

Está aberto o prazo de solicitude de AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO ACADÉMICO 2022-2023.

 

Podedes ver a convocatoria e toda a información no senguinte link.

 

O alumnado que cambie de centro debe entregar a documentación no centro onde vaia estudiar o vindeiro curso.

 

O prazo de solicitude é ata o 30 de setembro, inclusive.

 

As familias que soliciten estas axudas deberán entregar a seguinte documentación:

  • Solicitude de beca cuberta e debidamente asinada.
  • Informe médico onde conste o diagnóstico.
  • Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Fotocopia de DNI do alumno e dos adultos da unidade familiar.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Título de familia numerosa (se así é).
  • Xustificante do banco do número de conta onde o alumno figura coma titular de dita conta (ou deberán marcar a casilla de que autoriza ao centro a percibir os cartos).
  • Memoria do gabinete.
  • Se conviven outros membros no mesmo domicilio, certificado de empadroamento onde figure o domicilio do alumno de tódalas persoas que conviven.

 

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende o 19 de maio e ata o 22 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros para o alumnado que o vindeiro curso escolar curse Educación Primaria e Secundaria. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático; no caso de presentar a solicitude no colexio é IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foi admitido.

 

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Orde do 29 de abril que regula o proceso (premer aquí)

Resumo da Orde do 29 de abril que regula o  proceso (premer aquí)

Anexos I e II (premer aquí)

 

*Aclaración: no anexo II deben aparecer todos membros computables da unidade familiar agás a persoa solicitante.

Formación en igualdade 25 de maio

 

Modificación dos criterios de promoción

Conforme ás modificacións da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria e de bacherelato no sistema educactivo de Galicia, o claustro do CEIP Plurilingüe de Tirán acordou por unanimidade adaptar os criterios de promoción, tal e como se pode consultar no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut