Skip to Content

25-N contra a Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o "Día internacional contra a Violencia de Xénero".

Durante toda a semana (e ó longo de todo o curso transversalmente), traballamos aspectos relacionados con este día, valores e actitudes, contos, preparamos unha canción, etc.

A maiores, hoxe a nosa MILLA SAUDABLE foi especial. Ademáis de contar coa presenza de todo o equipo de educación infantil (nenos/as e mestre/as), percorremos a nosa distancia diaria e aproveitamos para adornar o itinerario con tartarugas con mensaxes (etapa de infantil), con noticias dos xornais relacionadas coa violencia de xénero, así como outros traballos, contos e frases-lemas relacionados. Quedou moi bonito!

Despois de facer esta fermosa actividade todos xuntos, reunímonos no vestidor do centro, e todos xuntos cantamos a canción de Bebe "Ella" como broche final a dita celebración. Todos os nenos e nenas do centro, xunto co claustro do mesmo, portamos un lazo morado durante todo o día, como unha manifestación máis de este día tan importante.

Dende o CEIP Plurilíngüe Tirán, animamos a toda a comunidade educativa a percorrer durante a fin de semana a nosa MILLA xunto cos seus fillos e fillas. Deste xeito poderán ver todo o exposto (parte do traballo levado a cabo durante a semana), na que os seus fillos/as explicarán orgullosos o que eles/elas fixeron. Os traballos permanecerán expostos ata o vindeiro luns que serán retirados para deixar limpo o monte.

 



blog | by Dr. Radut