FIN DE CURSO 20-21

Achégase o día de despedida dun curso cheo de dúbidas, medos, nervios... 

Un curso no que unha vez máis os nos@s nen@s nos transmitiron e contaxiaron unha gran dose de enerxía positiva, entusiamo, capacidade de adaptación...

Merecen cando menos un final de curso festivo, alegre e con moita moita troula!!!

É un pracer contar coa presenza no noso centro de grandes artistas!!!

 

 GRAZAS  á ANPA  do noso cole pola colaboración e subvención de parte das actividades!!!

GRAZAS POR FACER POSIBLE UNHA DESPEDIDA DE CURSO COMO OS NOS@S NEN@S MERECEN!!!

 

Yolanda, a nosa profe de música tennos preparada unha selección de cancións para que comecemos a practicar.

COMEZAMOS???

 

 

Añadir un poco de texto de ROSA BAUTISTA LEJO

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/22

Comunicamos que está publicada a listaxe de alumnado admitido para o curso 2021/2022no taboleiro de anuncios interior do centro.

Recordamos ás persoas interesadas que poden acceder ao estado do seu expediente, única e exclusivamente, a través da aplicación admisionalumnado coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

 

Informamos que todas as solicitudes en prazo obtiveron praza no centro.

 

As presentadas fóra de prazo están pendentes de resolución.

 

O prazo para formalizar a matrícula no centro é do 20 ao 30 de xuño.

Día da familia 2021

O 15 de maio celébrase o "Día Internacional da familia". O Equipo de Convivencia do CEIP de Seixalbo propuxo agasallar ás familias cunha plantiña que simboliza o compromiso, adicación, responsabilidade e constancia que require tanto a familia como o seu coidado. O seu obxectivo é reforzar o vínculo familiar a través do seu coidado converténdose nun "membro" máis da familia.

 

"A familia é coma as raíces dunha planta. Cada unha medra na súa dirección , pero as raíces son as mesmas."

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2020/2021 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron plaza neste centro.

 

Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro de Secretaría do centro desde o venres 23 de abril. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.

 

Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web  admisiónalumnado

 

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

 de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

As familias que conten con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, poderán acceder ao listado completo a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño.

 

Contra esta resolución poderase formular reclamación dende o 26 ao 30 de abril

 

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicaranse antes do 15 de maio.

 

O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Día do Libro e emocións

Xa está aquí o 23 de abril, unha data sinalada no calendario. Este ano a celebración do Día do Libro xirou en torno ao conto "Que bigotes ,me pasa?" que nos fala de que todos sentimos enfado, calma, asco. alegría, etc e que iso non é malo se sabemos identificar cada unha desas emocións e xestionalas. O personaxe sufre diferentes transformacións segundo a emoción que sinta en cada momento. Por iso cada unha das clases creou o seu propio personaxe en función da emoción que traballou. Xunto a este título, moitos outros relacionados coas emocións están a se traballar en todas as aulas. A vindeira semana algo especial vai suceder: só vos adiantamos que proximamente abrirá as súas portas o museo das emocións...

Actividades de Infantil

Contámosvos as últimas actividades que realizaron os nenos e nenas de Infantil.

Grazas a unha actividade da Concellería de Ourense puideron aprender cousiñas sobre as plantas. Águeda foi a encargada de facelo. Ensinounos que precisan as plantas para vivir, que partes teñen,...Contounos tamén que comemos diferentes partes das plantas, como as raíces (cenorias e patacas), talos (porros,espárragos),follas (leitugas,espinacas)... Foi moi divertido porque ata nos entrevistaron para a televisión local e ao rematar levamos para casa unha plantiña de fresas trasplantada por nós.

Na clase de música coñecimos a música da Primavera de Vivaldi. Aprendimos que non é un músico moderno, como os de agora e que lle gustaba tocar o violín. Gustounos moito escoitar como co violín é capaz de imitar os paxariños, a tormenta, os ríos... Encantounos! Despois coa súa música conseguimos que espertasen unhas flores que aínda durmían pensando que todavía era inverno, pero ao escoitar a música da primavera sucedeu algo máxico. Non deixedes de velo...

No areeiro...

Os nenos e nenas de Infantil aproveitando os días soleados da primavera puideron desfrutar do areeiro cos cubos e pas. A alegría que iso lles supuxo é indescriptible  e imposible de captar na súa totalidade nas imaxes que ilustran ese momento...

 

Chegou a primavera!

Coa primavera recén estreada, así de ben celebraron a súa chegada os nosos pequenos de Infantil!!

Día da árbore 2021

O luns 22 de marzo fixemos unha pequena actividade para conmemorar o Día da árbore. Grazas á colaboración do axente forestal, Santos, os alumnos de quinto e sexto recibiron unha pequena explicación acerca das árbores para logo proceder á plantación dunha delas. Tamén forma parte do noso entorno unha nova maceira que substitúe a unha anterior que houbo que talar. Aproveitando o tronco desa maceira talada fixéronse carteis co nome de cada unha das árbores do noso cole que colocaron as diferentes clases. Na seguinte presentación podedes ver un vídeo e as fotos da xornada.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

O día 24 de febreiro, é o día da nosa ROSALÍA DE CASTRO.

A continuación compartimos unha presentación das diferentes actividades organizadas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: elaboración dun mural decorado con adxectivos que definen a personalidade de Rosalía (relacionados co manifesto lido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega), propostas arredor da versión que “The Lelli Kellies” fai do poema da escritora “A clase é un galiñeiro”, coreografías da canción “Non me asombres, negra sombra” (Sebastian Black e Its Soul) elaboradas na área de Educación Fïsica nos cursos de 5º e 6º de EP…

Actividades todas cun fin único… gozar da nosa cultura!!!

Preparados para divertivos?

 

                                                                                                                                                Podedes ver tamén esta actividade a través do seguinte código QR, unha ferramenta moi útil na actualidade.
 
 

Día da Muller 2021

O 8 de marzo é unha data sinalada no calendario que non podiamos pasar por alto. Así pois este ano o Equipo de Convivencia propuxo a elaboración de diferentes murais por aulas nos que se fixeran unha homenaxe a todas as mulleres que loitaron e seguen a loitar para conseguir vencer ao covid. O lema que guiou a actividade foi: "Heroínas fronte ao Covid". Unha vez expostos os diferentes traballos, todos de gran calidade e sensibilidade, disfrutamos inmortalizando a celebración desta data facendo fotos nos diferentes photocall. Na seguinte presentación podedes ver un vídeo e as fotos da xornada. 

ADMISIÓN E MATRÍCULA 21-22

 

Nos arquivos ANEXOS podedes ver e descargar información e documentación a entregar

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 21-22

Comunicamos que foi admitido todo o alumnado que fixo reserva de praza procedente das Escolas de Educación Infantil adscritas ao centro.

As listaxes están publicadas no taboleiro de anuncios interior do centro.

 

AGARDÁMOSVOS

Para todos aqueles que desexades formar parte do noso proxecto ide pedindo cita  para vir a coñecernos. Chamade ao número 988237000. Estaremos encantados de recibirvos para que nos coñezades. Esperámosvos!



Día da Paz 2021

O passado xoves 4 de febreiro poidemos levar a cabo o acto con motivo do Día da Paz aprazado por motivos meteorolóxicos.  A actividade dinamizada polo equipo de Biblioteca consistiu na lectura e visionado dos contos: "El lazo invisible" e "Los lazos invisibles"  En torno a estes contos xirou o acto en común que levamos a cabo todos xuntos no patio. A idea foi facer visibles os lazos que nos unen con todas as persoas que queremos e para facelo, un globo por aula foi o portador deses fíos. Podedes ver o resultado no vídeo e fotos da seguinte presentación.

 

Libros e guías imprescindibles para superar con éxito a PUBERTADE

A chegada da PUBERTADE é unha época "emocionante" a cal xera unha infinidade de inquietudes e dúbidas tanto nos nos@s fill@s como nas familias.

Na seguinte publicación presentámosvos unha serie de guías e libros destinados aos nenos e nenas dos cursos superiores (3º, 4º, 5º e 6º de EP) pero tamén ás súas familias para favorecer que os vos@s fill@s cheguen informados a esa intensa época.

Lembrade que un nen@ informado é un nen@ máis seguro polo que debemos crear un clima agradable e transmitir a información libre de tabúes e dun xeito natural e respetuoso cos seus intereses.

Que mellor maneira de crear ese clima que a través da lectura!

LIBROS E GUÍAS IMPRESCINDIBLES PARA SUPERAR CON ÉXITO A PUBERTADE de ROSA BAUTISTA LEJO

 

  Os libros están á disposición das familias a través do servizo de biblioteca para familias

 

Lembramos que os libros se poden levar a través de diferentes vías: 
  • Poñéndose en contacto directamente co Departamento de Orientación (rbautista@edu.xunta.gal)
  • A través do titor/a, @ cal transmitirá a demanda ao Departamento. 
  • A través da ANPA que tamén se encargará de facer a demanda ante o Departamento. 

Nos arquivos adxuntos podedes visualizar todos os libros dipoñibles na biblioteca para famlias.

Xa para finalizar dar as grazas ao Equipo de Dinamización da Biblioteca pola súa colaboración

O Departamento de Orientación

O noso proxecto na revista EDUGA

Compartimos con toda a comunidade educativa a publicación na Revista Galega do ensino (EDUGA) dunha reportaxe adicada ao proxecto do noso centro "En tratos co lixo" coordinado pola nosa compañeira Elia María Salve Areal. Este recoñecemneto ao traballo e esforzo realizados é para nós motivo de orgullo e supón unha motivación máis para continuar o camiño iniciado.

 

ANUNCIO: Datas para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado

             "ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 

              pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado"

 

Actividades de Nadal 2020

Como é costumbre no noso cole gústanos despedir o primeiro trimestre felicitando as Festas e o Ano Novo a toda comunidade educativa con diferentes actividades que presentamos sempre nun festival. Este ano no que todo é diferente, esta felicitación tamén se adapta á situación, pero sen deixar de facervos chegar os nosos mellores desexos para o vindeiro ano. Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades levadas a cabo neste trimestre a modo de "festival virtual". Esperamos que o desfrutedes e que os nenos e nenas sexan quen de debuxar un sorriso nas vosas caras. Feliz Ano 2021!

 

@S NEN@S E O USO DOS VIDEOXOGOS

Tod@s estamos inmersos no mundo das novas tecnoloxías, un mundo cheo de pros e contras e un mundo no que debemos facer un uso responsable das mesmas.

Dentro deste mundo están os videoxogos. Neste eido, somos os adultos os que debemos facer unha supervisión para que o seu uso por parte dos nen@s sexa razoable, saudable e equilibrado con respecto a outro tipo de xogos.

Os videoxogos forman parte da vida da maioría do noso alumnado, percibindo ultimamente por parte do profesorado un uso excesivo dos mesmos.

A pesar de estar na época COVID e ser conscientes de que a tod@s nos toca ser responsables e quedar máis na casa reducindo as relacións sociais, pedimos buscar outras alternativas de xogo, buscar momentos para sair a dar paseos, desfrutar en familia... e reducir na medida do posible o seu uso.

Lembrade tamén a importancia do control parental no uso das novas tecnoloxías.

Por todo elo compartimos con vós unha publicación elaborado polo departamento de orientación con enlaces a artigos de interese que pensamos que nos/vos pode axudar.

Un saúdo a tod@s.

Powered by Drupal - Design by artinet