2019/20

Incubamos ovos

Durante o mes de marzo o equipo de E. Infantil levou a cabo unha actividade coa Asociación AVIMOS coa que nos puxo en contacto a mamá de Aldara e Xián grazas ao labor que desempeña no Centro de recursos zooxenético de Galicia. Ante o bo acollemento que tivo decidiron extendela ao resto do alumnado de Primaria que poideron gozar en maior ou menos medida do proceso de incubación dos ovos prestados ao centro pola Asociación AVIMOS. 

 

Día da auga e da árbore

Hoxe 22 de marzo celébrase o Día Mundial da auga, un ben natural esencial para a vida e que non sempre valoramos. Nestes días que estamos a vivir somos máis conscientes da súa importancia pois continuamente nos recordan a necesidade de lavar ben as mans con auga e xabón como medida preventiva contra o coronavirus. Ademáis, onte 21 de marzo coincidindo coa chegada da primavera celebrouse  o Día da Árbore, para recordarnos a importancia de protexelas e coidalas. Dende o CEIP de Seixalbo non podiamos pasar por alto estas datas  ligadas ao noso proxecto de centro "Salvemos o globo". Así pois deixámosvos algunha proposta para que compartades en familia. 

Suspensión da actividade escolar

ATENCIÓN

A expensas de ter instruccións da Inspección Educativa informamos que mañá 13 de marzo o centro permanecerá aberto, aínda que non é obrigatoria a asistencia a clase do alumnado. A partir  do vindeiro

luns 16 de marzo, o centro permanecerá pechado por un período

 

de 14 días. Calquera tipo de notificación que haxa será comuniada a través da páxina web do centro.

MERENDAS SOLIDARIAS DE 6º

Todos co noso alumnado de 6º!!!

Comezan os venres de MERENDAS SOLIDARIAS!!!

Entroido 2020

Durante varias semanas a actividade no cole foi frenética. Había que ter todo preparado para o gran día do desfile de entroido, este ano, o venres 21 de febreiro. Desde o cartel anunciando a celebración. pasando pola creación de disfraces e complementos, os bailes, a pancarta etc... Foron moitas as persoas que fixeron posible este día, persoal docente e non docente, familias, nenos e nenas, veciños e veciñas... Ata o día se puxo da nosa parte e acompañounos cun magnifico e brillante sol durante toda a xornada.

O proxecto deste ano "Salvemos o globo" foi o punto de partida á hora de pensar nos deseños dos disfraces dos diferentes cursos. Así, en Infantil dedidiron ser heroes e heroinas dispostos a salvar o Planeta como o Capitán Verdemán, o personaxe dese conto que tanto lles gustou aos nenos e nenas. En primeiro optaron polas enerxía renovables e o seus disfraces de muíños non pasaron desapercibidos. En 2º de primaria escolleron os colectores azul e amarelo para levar postos dun xeito moi orixinal con todos os detalles. En 3º quixeron poñerse na pel dun mundo enfermo e vestíronse como tal, con termómetro e vendaxes incluídas. En 4º escolleron os coches eléctricos como alternatva aos de combustibles para reducir a emisión de gases. Os nenos e nenas de 5º lucían coquetas pancartas deixando claro que o cole de Seixalbo aposta pola reciclaxe e xa os maiores de cole desprazáronse cara aos polos onde o desxeo xa é un feito e puxéronse na pel de osos e pingüíns ante semellante realidade. O resultado foi moi colorido e o desfile non deixou indiferente a ninguén. Xa na praza maior os diferentes cursos bailaron para o deleite de todo o público, que ademais este ano tiñan a súa disposición un posto de doces e receitas variadas do entroido co que podían colaborar para a excursión de final de curso dos rapaces e rapazas de 6º. Unha charanga acompañounos durante o desfile poñendo a nota alegre da xornada. Moitas grazas ás perosas que o fixeron posible!! Aquí vos quedan vídeos e fotos do entroido deste ano.

Xogo de clasificación de lixo

Durante varias semanas, todos os alumnos do cole realizaron unha interesante actividade enmarcada dentro do Proxecta "En tratos co lixo". Despois dunha breve explicación de presentación dos diferentes colectores e do que se deposita en cada un deles, realizaron un entretido xogo para ver se eran quen de clasificar correctamente os diferentes residuos que xeramos diariamente. Aínda que parece sinxelo déronse conta de que todos cometemos agún erro á hora de facelo e de que temos que tomar consciencia diso para mellorar os nosos comportamentos medioambientais. Aquí vos queda o vídeo da actividade.

Preparando o Entroido 2020

Só queda unha semana para que saiamos  lucir polo pobo os deseños dos nosos disfraces deste ano. O tema escollido está relacionado co coidado do medio ambiente. Non podía ser doutra forma, pois enmárcase dentro do noso proxecto "Salvemos o globo", así como no PROXECTA "Escolas verdes". Aquí vos deixamos o cartel anunciador do desfile con toda a información.

Refórza-T

O luns 20 de xaneiro deu comezo no noso centro o plan REFÓRZA-T.

 

O programa impártese en grupos reducidos (máx. 15 alumn@s) fóra do horario lectivo. Os destinatarios son alumn@s de  3º, 4º, 5º e 6º de EP propost@s polo centro  e autorizados polas súas familias para asistir

O xoves 23 de xaneiro todas as familias dos alumn@s asistentes foron convocadas a unha reunión no salón de actos do centro para tratar varios puntos relativos ao programa: obxectivos que pretendemos, compromisos, metodoloxía...; así como para tratar de resolver todas as dúbidas que se plantexaron. 

 

Para levalo a cabo foinos asignada unha docente, a cal impartirá o programa no seguinte horario:

- Luns e xoves: alumnado de 3º e 4º de EP en horario de 15:45 h. a 17:45 h

- Mércores e venres: alumnado de 5º e 6º de EP en horario de 15:45 h. a 17:45 h

O ALUMNADO POSTERIORMENTE É TRANSPORTADO AOS SEUS DOMICILIOS EN TRANSPORTE AUTORIZADO O CAL CONTA CON ACOMPAÑANTE.

 

O reforzo escolar ten como obxectivo prestar unha atención máis personalizada e individualizada que lles permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha maior motivación cara a súa aprendizaxe.

 

 

 

 

 

Día da Paz 2020

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e non violencia cunha homenaxe a persoa de Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004, pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a Paz, fundando o Movemento "Cinturón Verde". Duante estas semanas profundizamos na súa historia lendo ou vendo o conto "Wangari e as árbores da Paz". A partir dese conto, os nenos e nenas de 2º A e B e os/as de de 4º B fixeron as súas propias ilustracións. Os compañeiros/as de sexto A e B fixeron a narración e con todo ese material elaborouse o video do conto que podedes ver máis abaixo. Nel tamén aparecen outros traballos que realizaron as demais clases. Hoxe reunímonos todos no salón de actos para o seu visionado. Despois do mesmo, cada neno/a para dar continuidade á iniciativa de Wangari, "plantou" unha árbore cunha mensaxe nun mural coa imaxe de Wangari colocado na entrada á biblioteca. Aquí vos deixamos fotos e vídeos do día de hoxe.

Paralelamente a esta actividade, os alumnos de sexto, xunto cos seus titores presentaron un novo vídeo de sensibilización, enmarcado no Proxecta. Buscaron imaxes nas que se reflexan os efectos das guerras no medio ambiente, pois case sempre á hora de facer balance das mesmas contabilízanse vítimas persoais, sendo o noso planeta a vítima olvidada. Aquí vos queda tamén o vídeo do seu traballo.

Unha merenda que mola

Reducir o uso de plásticos non é tan difícil e todos podemos aportar o noso gran de area. Por iso os alumnos de 4º A e 4º B lánzannos esta mensaxe tan clara e directa para que eliminemos os plásticos das merendas que traemos ao cole e os substituamos por outros envases de máis dun uso. Prestade moita atención ao vídeo e o máis importante...

TOMADE NOTA!!

Recomendacións lectoras para o Nadal

Agora que é tempo de agasallos aí van dende a biblioteca algunhas recomendacións de lecturas moi apetecibles para que teñades a man. Hai para todos os gustos!

"Charla coas especialistas" Campaña de sensibilización Proxecta, "En tratos co lixo"

"Charla coas especialistas" é o título dunha das actividades de sensibilización que se están a realizar no centro para que todos sexamos conscientes da importancia que ten a reducción de lixo, así como a súa correcta reciclaxe para contribuír coas nosas pequenas accións a "Salvar o globo". "As especialistas" son as persoas que se encargan cada día da limpeza do noso cole, e as que mellor saben dos nosos comportamentos en relación ao lixo. Por ise motivo planificamos un encontro con elas, para que nos disen respostas ás diferentes preguntas que se lle plantexaron dende cada un dos cursos. A súa cercanía e amabilidade xunto coas respostas que nos diron conseguiron que nos fixésemos unha idea do que temos que mellorar, así como poñer en valor o labor que realizan. Grazas a Mary, Alejandra, Loli e Marcia por prestarvos a colaborar con nós. O vídeo que vedes a continuación foi o que serviu como presentación da actividade.

Campaña de sensibilización, Proxecta: "En tratos co lixo"

Durante estes días estanse levando a cabo no cole diferentes actividades de sensibilización sobre as actuacións humanas e as súas consecuencias no planeta. Unha desas actividades levárona acabo os alumnos de sexto que realizaron unha busca e recollida de imaxes na web que reflectisen por un lado paisaxes non contaminadas, e por outro lado  todo o contrario, paisaxes contaminadas debido á acción humana. Esa recollida de imaxes tiña como obxectivo a sensibilización e búsqueda de reflexións

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de Novembro, no noso cole temos programadas unha serie de actividades para unirnos á loita contra a violencia de xénero.

Hoxe ponse o foco na eliminación da violencia, pero esta é unha loita que...

DEBE DE FACERSE ENTRE TODAS AS PERSOAS E DENDE TODOS OS ÁMBITOS!!!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet