Actividades

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

O día 24 de febreiro, é o día da nosa ROSALÍA DE CASTRO.

A continuación compartimos unha presentación das diferentes actividades organizadas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: elaboración dun mural decorado con adxectivos que definen a personalidade de Rosalía (relacionados co manifesto lido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega), propostas arredor da versión que “The Lelli Kellies” fai do poema da escritora “A clase é un galiñeiro”, coreografías da canción “Non me asombres, negra sombra” (Sebastian Black e Its Soul) elaboradas na área de Educación Fïsica nos cursos de 5º e 6º de EP…

Actividades todas cun fin único… gozar da nosa cultura!!!

Preparados para divertivos?

 

                                                                                                                                                Podedes ver tamén esta actividade a través do seguinte código QR, unha ferramenta moi útil na actualidade.
 
 

CORREOS: Repartindo ILUSIÓN

O pasado martes 17 de decembro recibimos unha visita moi moi especial... Cristina e Ana; dúas carteiras que traballan na oficina de correos do Polígono de San Cibrao, sendo ademáis unha delas nai de dous dos nosos alumnos; percorreron as nosas aulas repartindo sorrisos, explicando o seu traballo con enstusiasmo, compartindo experiencias e recollendo unhas postais feitas con moita, moita ilusión...

Unha actividade organizada polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA da que en breve teredes novas...
Novas que de seguro espertarán o sorriso e/ou as bagoas de máis dun...
Gracias Cristina e Ana polo voso traballo, tan importante no noso día a día; e gracias tamén por quitar tempo de onde moitas veces non o hai.
Ver fotos no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/oLsF7NAdaqvZvKdB9 

ÉXITO TOTAL DO ENTROIDO

O venres 1 de marzo celebramos como estaba previsto o desfile polo pobo de Seixalbo. Saímos ás once e fixemos o percorrido polas rúas recibindo o agarimo e aplauso do público. Xa na praza, presidida pola presenza no balcón de Paquita e Nicanor, realizamos as coreografías que preparamos durante estes días. Este ano acompañounos Vicentiño despois de estar todo o curso connosco e conseguir graduarse e que será entregado o martes de entroido a outro veciño ou veciña do pobo. Foi unha xornada moi divertida que encheu as rúas de música, cor e alegría. Aquí vos quedan vídeos e fotos de todo o acontecido.

Samaín 2018

E aquí está o Samaín! Un ano máis celebramos o Samaín cunha impresionante exposición de cabazas na que cada ano vos superades máis. Impresionantes! Noraboa a todos os que colaborástedes e grazas pola vosa participación. Ademáis o cole vestiuse para a ocasión cunha decoración de medo. E por suposto a nosa amiga a Bruxa Catuxa visitou de novo aos pequenos do cole, os nenos e nenas de Educaión Infantil, convidándoos a larpeiradas. Pinchade na imaxe nos elementos que se moven e poderedes ver catro vídeos diferentes relacionados con esta celebración. A ver se os atopades!

Día da Biblioteca

Este mes celebramos o Día da Biblioteca cunha actividade no salón de actos moi divertida. Tras explicarnos o tema escollido este ano dende Bibliotecas Escolares que é sobre a poesía, e o do centro que xirará en torno a "Alimentación saudable", un grupo de mestras expuxeron no escenario diferentes razóns da importancia da lectura. Ao final cantamos todos xuntos unha canción que fala da importacia de "alimentarnos" saudablemente lendo moitos libros. Pasamos un ratiño moi entretido!

Día do Libro 2018


 

Exposición "Lembranzas do pasado"

Do 20 ao 23 de marzo na biblioteca do cole tivo lugar unha exposición de aparellos diferentes cos que nos remontamos ao pasado. Tratábase de diferente material que estaba agochado no vello laboratorio do cole e que foi atopado o curso pasado. Dende máquinas de escribir, teléfonos, microscopios, balanzas, tocadiscos etc... Todos en perfecto estado e con moitas cousas que contar. Os nenos dos diferentes cursos investigaron sobre eles e elaboraron unha pequena ficha que acompañaba a cada obxecto. Ademais na clase de música traballouse a obra de Leroy Anderson "A máquina de escribir", que foi o aparello que elixiron para investigar os alumnos/as de terceiro.

Encontros co autor Xavier Estévez

A Concellería de Educación, un ano máis agasallou aos nenos de 5º de Primaria cun libro co que traballaron na aula. Esta vez tratouse de "Avións de papel" de Xavier Estévez. Hoxe, 15 de marzo tiveron a sorte de poder asisitir a un encontro co autor no Liceo co que puideron coñecer un pouco máis da súa obra e inquedanzas. Foi un encontro moi ameno e cercano, no que os nenos e nenas puideron realizar as preguntas que consideraron oportunas a Xavier Estévez. Xa por último o autor asinou os libros de todos os nenos e pousou para unha foto de recordo do acto. Todos os nenos ían encantados e algún deles incluso lle pediu a Xavier que escribise unha segunda parte do libro. Grazas Xavier!

Álbum de fotos Encontros co autor Xavier Estévez Avións de Papel

ENTROIDO 2018

O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!

 

Festival de Nadal 2017

Antes de comezar as vacacións de Nadal celebramos o noso festival de Nadal como todos os anos, no que non podían faltar bailes, cancións, panxoliñas, teatro e moitas cousas máis. Aquí podedes ver as fotos e vídeos de todo o que fixemos con tanto esforzo e ilusión.

ÁLBUM DE FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2017

FESTA DO MAGOSTO

Este venres 10 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. Non faltaron moitos xogos tradicionais cos que o pasamos moi ben e como non, ricas castañas asadas e quentiñas. Aquí vos quedan as fotos da celebración e algún vídeo cos mellores momentos.

Álbum de fotos O Magosto

 

 

Así celebramos o Samain

Seguimos de celebracións no cole. Despois do día da Biblioteca esperábamos con moitas ganas o Samaín e foron moitas as cousas que fixemos. Non faltou a xa tradicional exposición de cabazas que non poderíamos ter realizado se non fose pola inestimable colaboración das familias que ano a ano se superan coas súas creacións. Podédelo ver no vídeo que hai máis abaixo e nas fotos do álbum. Fixéronse traballos escritos de contos de medo e de menús do samaín; cantáronse cancións e os máis pequenos do cole tiveron tamén a súa particular celebración: unha merenda terrorífica na que comeron arañas, cabazas e fantasmas e a visita da bruxa Catuxa,que ultimamente non falta nunca a esta cita. A continuación podedes ver vídeos e fotos de todo isto. Espero que vos gusten. Nós pasámolo de medo!

 

 

 

 

CONTOS DE MEDO DE 6º

 

Aquí non hai quen viva!

Os nenos e nenas de 3º B e 4º B, fixeron uns textos de escritura creativa relacionados co samaín que levan por título "Aquí non hai quen viva". Podédelos ver no seguinte vídeo. 
 

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares. No salón de actos realizamos diferentes actividades que podedes ver no seguinte vídeo. Nel recóllense desde ás dos días previos ata as de hoxe.

ÁLBUM DE FOTOS

ÁLBUM DE FOTOS

Arde Galicia

Que as vosas conciencias e corazóns sexan sempre tan inocentes coma hoxe. Oxalá vós melloredes o futuro...
 

Recomendacións de lectura para o Nadal

Achégase o Nadal, tempo de regalos, e que mellor agasallo ca un libro! Para axudarvos a decidir, aquí tedes algunha suxerencia, aínda que non vai ser fácil escoller, pois todos teñen algo especial.

Powered by Drupal - Design by artinet