LEOCLUB

LeoClub de 4º. Sesión de abril

 Neste mes de abril, estamos ao comezo dunha nova aventura: "Charlie e a fábrica de chocolate". 

Nesta nova sesión, tendo en conta que a lectura leva diferentes ritmos e a película xa foi vista por a maioría... estivemos a analizar que é mellor: Ler antes un libro que a película do mesmo ou ao revés?, se xa vimos a película, que cousas nos chaman a atención?, cando lemos un libro do que non vimo película ningunha estamos máis emocionados?, será igual a trama dun libro que a da película, que situación é mellor para deixar voar a imaxinación?, imaxinariamonos así aos protagonistas (fisicamente) se non os hobueramos visto na película?...

Ademáis démoslle voltas á idea de como pode ser unha fábrica de chocolate e o proceso de elaboración, que pasaría se nos tocase un dos billetes dourados de cinco; quen ten máis posibilidades de que lle toque un, a nena consentida ou Charlie? Por que?

 

Finalmente, tal e como fixeramos no anterior libro, analizamos as características máis destacadas de cada un dos personaxes, neste caso asociando os nomes, as caraterísticas e o aspecto físico.

Bo traballo equipo!!!

Esta doce aventura continúa!!!

 

 

 

 

LeoClub 2º e 3º. Sesión de abril

Para a sesión de abril traiamos lido o libro titulado "A formiga destemida". Un libro moi divertido e aventureiro sobre unha formiga diferente ás demais con moita curiosidade por aprender  que a levou a vivir moitísimas aventuras. Sobre este libro fixemos unha actividade para a  que nos dividimos en grupos e na tiñamos que ser capaces de ordenar os personaxes cos que se atopou a formiguiña xunto cos obxectos que foi levando consigo na súa viaxe. Aquí vos deixamos as imaxes.
Nesta sesión tamén rematamos o traballo que comezáramos na anterior sobre o libro "Catro Pitas"
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como nos quedou.

 

Lectura de cómics para a sesión de maio

 Para a última sesión de maio queremos facer algo diferente polo que a proposta que vos lanzamos é a lectura meditada dos seguintes cómics. Nos dous casos están relacionados con animais, xa que é o noso proxecto deste ano.

Un deles con viñetas moi delicadas, tenras, e con detalles cheos de significados e outro recollido na revista Humor Gráfico Ambiental publicado por Amabul (programa de divulgación ambiental). Trátase dunha ferramenta de sensibilización  arredor das problemáticas ambientais que asolagan a nosa comunidade. Gustaríanos que os nenos e nenas fixeran unha lectura crítica das imaxes (acordes ao seu nivel madurativo) acompañados dalgún adulto da casiña. Seguro que os maiores tamén os disfrutades. Animádesvos? Aquí volos deixamos.

LeoClub de 6º. Sesión de marzo

Nesta sesión do club de lectura de sexto estivemos a falar do final do noso libro:  "A volta ao mundo en 80 días" e logo  aproveitamos a ploter de corte para facer uns adhesivos da portada. E como aprendemos rápido, algúns tamén proveitamos para facer os nosos nomes!
































LeoClub 4º. Sesión de marzo

Nesta nova xuntanza do LeoClub de 4º puxemos o foco no grao de imaxinación, creatividade e humor de PIPI e... como chegarían a "creala".

Pois coñecemos un chisco sobre a fonte de inspiración da súa autora ASTRID LINGRED.

E se nós tiveramos que inventar, crear e imaxinar unha historia...?, e se inventamos unha historia a través dun gran garabato feito con liñas curvas e rectas?, e se debuxamos meigas, coches, arcos da vella... e todo aquelo ao que nos leva a nosa imaxinación?..

Pois si... poden sair cousas moi dispares...

Unha vez máis... GRAN TRABALLO EQUIPO!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 

 

 

 

LeoCLub de 1º. Sesión de marzo

Os lectores do LecoClub de1º foron quen de descubrir o secreto que gardaba Zoe, a protagonista do libro que leron para esta sesión. E logo tocoulles a eles! Primeiro buscaron palabras da lectura que estaban agochadas nunha sopa de letras e logo....Tiñan un reto por diante! Varias receitas coas que elaborar mensaxes secretas e os ingredientes e materiais necesarios para realizalas. Pero.... Que habería que facer? Seguir estes pasos era fundamental: Escoller a receita. Leela. Entendela. Coller os ingredientes necesarios. Poñela en práctica..... e ver se funcionaba!!! Todo un proceso do máis divertido! E funcionou!
Libro que lemos para esta sesión
 

 

 



Ingredientes necesarios para facer as mensaxes secretas.

Esta será a nosa seguinte aventura!

 

 

 

 

LeoClub 2º e 3º. Sesión de marzo

Nesta nova aventura do LeoClub estivemos a falar das aventuras que viviron catro pitas, cada unha delas coas súas peculiaridades: Careta, Cora, Coqueta e Cachola. Menudo problema tiñan as pobres... Desaparecíanlles os ovos!!! Pero foron moi apañadas e traballando en equipo conseguiron chocar os ovos nun niño secreto e así as catro pitas foron nais de doce lindos pitiños. A todos nos gustou moito este libro e a continuación votamos cal sería o seguinte. Saíu. "A formiga destemida". Logo puxémonos mans á obra para facer un traballiño que nos ha levar un tempiño pero que nos pareceu moi interesante. Desta vez só deu tempo a comezalo. Tentaremos rematalo na seguinte sesión.
Libro que lemos para esta sesión

 

 

 

 

 

 

 

A nosa próxima aventura!

 

 

LeoClub de 2º e 3º. Sesión de febreiro

 Os superlectores de segundo e terceiro viñan emocionados co libro de Ledicia Costas, "Conexión macarrón". Case todos dixeron que lles gustara moito. Estivemos un ratiño falando del e despois realizamos unha actividade moi divertida que a todos lles encantou!
Fixemos un circuíto de papel para encenderlle os ollos a Expósito, tal e como contaba a historia que lle sucedera cando ía no ascensor con Espe e Rino.

Aprendemos a facer un circuíto con cobre adhesivo, e a que para que funcione  precisa dunha pila. Tamén que as pilas e os leds teñen polos positivos e negativos. Todos conseguimos rematalo e encenderlle os ollos a Expósito. Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo do proceso.

 

 

 

 

 

 

 

E a próxima aventura será co libro.....

 

 

LeoClub de 1º. Sesión de febreiro

 Nesta sesión dos pequenos grandes lectores...

Todos traían superlido o libro....

Primeiro fixemos sinónimos con palabras do libro.

 



 

Pensamos e filosofamos sobre a actitude e comportamento do gato Calcetíns e a súa dona.
Respectamos e razoamos as diversas opinións dos demais e vimos que tamén podían ter razón. Xa por último ilustramos a historia decidindo que 5 momentos reflectiamos e quen facía cada ilustración.





Decisións en equipo


E antes de marchar... Orelliñas de gato e foto co noso libro de hoxe!

 






E a seguinte aventuraaaaa....................
 



 




 
 

 

 

LeoClub de 6º. Sesión de xaneiro

 Na sesión de xaneiro os "Gardiáns do saber" que están a ler "La vuelta al mundo en 80 días" . realizaron unha actividade moi divertida e creativa. Entre todos tiñan que completar un debuxo partindo dunhas liñas iniciais que debuxaron decidindo se eran rectas ou curvas simulando a traxectoria dunha viaxe. A partir desas liñas realizaron diferentes debuxos segundo o que lle suxerían as liñas trazadas dialogando despois da utilidade ou non que podían ter para unha viaxe (un casco, unha estrada, un insecto? Oh , non! Poderiamos enfermar e retrasaría a nosa viaxe). Como sempre foi xenial! Nas seguintes fotos podedes ver o resultado.

 

                     

 

 

 

 

 

 

LeoClub de 5º. Sesión de xaneiro

 Na última semana de xaneiro xuntouse o club de lectura de quinto para falar sobre o libro que están a ler: "Escarlatina a cociñeira defunta" e facer un "Bingo Horrreur". Cando unha palabra saída ao azar coincidía coa do seu cartón, tíñana que explicar para poder dala por conseguida e validala.

 

 

 

 E xa temos a seguinte lectura escollida....

 





 



 



 

LEOCLUB DE 4º "Recensións"


Nova sesión do LEOCLUB de 4º de Rbau

LeoClub 2º e 3º: "A escola dos piratas"

 Na xuntanza do mes de xaneiro propuxo as actividades unha pirata amiga de Marta a protagonista do noso libro de Agustín Fernández Paz

Primeiro, falamos uns minutiños sobre o libro, do que trataba, dos personaxes, de si nos gustou, etc...

 

E logo... puxémonos "mans á obra!" Primeiro, cunha imaxe do noso cole fixemos uns barquiños de papel (xa que na lectura, o cole de Marta comezaba a moverse ata chegar ao mar).

 

                     

 

 

 

 

 
Cando xa estaban os barquiños feitos tivemos que levalos ao mar soprando, soprando... e unha vez que chegaron ao mar, de volta ao seu punto de partida (coma o cole do libro que chegou ao mar e logo tivo que voltar a colina na que se situaba sempre).




E xa por último como na nosa aventura lectora todo resultara ser froito da imaxinación dos nenos e nenas dunha clase, decidimos facer desaparecer o que menos nos gustara do mundo. Escribimos e debuxamos o que queriamos facer desaparecer nunhas tarxetiñas, metémolas nunha caixiña e con moita imaxinación... conseguiríamos facelas desaprecer? Non desvelamos nada. Mirade o vídeo e descubrídeo vós mesmos, sorprenderédesvos moito!
 
 

 
 
 

 

 

 

 

LeoClub 1º: "O rei medorento"

Unha nova aventura viviron os nenos e nenas do club de lectura de 1º da man dun rei moi pouco común, pois tiña moitos medos.

 
O primeiro que fixeron foi tomar posesión dun novo recanto para as súas reuniónsque presentou a "Raíña medorenta" coma o seu reino.
A continuación falaron un ratiño do que lles pareceu o libro que leron. Todos o leron e a todos lles gustou! Asíque.... estaban preparados para participar no concurso "A ver se o sabes!"
Despois do concurso cada un leu en alto o feitizo da meiga (aínda que a meiga o mandase ler tantas veces coma raios ten o sol)
 

              

 

                             

Por último tiveron que ordenar o feitizo da meiga, primeiro cada un o seu e logo todos xuntos en equipo. Foi unha sesión moi divertida. Coma sempre!










 



 





 



 

 

 

 

 

LeoClub 4º: decembro 2023

 O pasado 20 de decembro os membros do leoclub de 4º volvemos a xuntarnos. 

 Era un día especial, xa que trala reunión ibamos ao cine e estabamos tod@s emocionados.
Nembargantes, foi de novo unha reunión variada:
 - Falamos do que lle está a acontecer a AMY e a súa pandilla!!! 
- Démoslle voltas a unha palabra que se repite moito na historia de Amy, a palabra CENSURA. Interesantes respostas!!!
 - e tamén nos deu tempo de inventar novas palabras a partir das súas letras. Desas palabras... botándolle unha pinga de imaxinación... Naceron MÁQUINAS!!!. Máquinas para???.
 
 ... unha sesión moi animada.
 Lembrade que falamos que no Nadal non hai mellor maneira de relaxarnos que... acabando a nosa aventura!!!. 
Na seguinte sesión, toca escoller un novo libro no que perdernos!!!
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sesión de cine!!

 Os nenos e nenas do LeoClub de sexto estiveron a ler "Charlie e a fábrica de chocolate" no club de lectura e aproveitando que se estreaba  película de Wonka e que comezaban as vacacións de Nadal o club de lectura convidou a todos os nenos e nenas a unha sesión de cine o mércores 20 ás seis e cuarto da tarde para ver "WONKA"!!!! Todos se apuntaron e pasamos unha tarde moi divertida. Aquí podedes ver fotos da xornada.

              

 

 

 

 

 

 

 

 

Reunión LeoClub 1º, 2º e 3º

 O mércores 13 de decembro levouse a cabo unha nova reunión dos grupos de 1º, 2º e 3º. Ose nenos e nenas de 1º traían lido o libro "Un cocodrilo sin dientes", mentres que os nenos de 2º e 3º leron "Perro Apestoso, Feliz Navidad". Ao chegar a biblioteca cada grupo tiña qie dirixirse á mesa que considerasen que lles correspondía, atendendo aos elementos que había nelas: unha dentadura xigante nunha e un can de peluche cunha bolsa do lixo ao lado noutra. Para cada grupo houbo diferentes actividades como debuxar diferentes cans ou inventar unha máquina sacadentes. Por suposto tamén falaron do argumento dos dous libros e de se fora ou non do seu agrado. Foi unha xornada moi divertida.

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 





 

Visítanos Loli Bolechas

 A secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a oportunidade de que os Bolechas se achegasen a nosa biblioteca para falarnos das familais monoparentais. Así pois, invitamos a todos os nenos do club de lectura que quixesen a participar desta actividade xunto coas súas familias. Unha vez rematada a sesión do LeoClub de sexto tivo lugar a actividade que foi moi dinámica e divertida. Un conserxe moi simpático púxonos un vídeo no que os Bolechas nos explicaban os tipos de familias facendo máis fincapé nas monoparentais. Logo presentouno a Loli Bolechas coa que falamos un anaquiño. Tamén cantamos unha canción e fixemos un xogo de preguntas. Ao remate da actividade todos os nenos e nenas levaron de agasallo o conto e o caderno de actividades sobre familias monoparentais. Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                

 

 

 

Unha xuntanza moi doce

 A xuntanza do LeoClub de sexto do 29 de novembro foi do máis saborosa!! Xa remataron o libro de Charlie e a fábrica de chocolate, polo que estiveron a falar sobre el e realizaron un xogo de preguntas e medida que as respondían correctamente conseguían moedas douradas que ían colocando enriba dun taboleiro de xogo con forma de tableta de chocolate. Con todas as respostas correctas todos gañaron unha tableta de chocolate con sorpresa no seu interior: un billete dourado para ir ao cine a ver a película de Wonka que está a piques de estrearse!!!! A sorpresa foi maiúscula! Que ilusión máis grande! Foi unha sesión inesquecible! Aquí podedes ver fotos da xuntanza.



 

 

 

 

                  

  

 

                  

Nova sesión do LeoClub de 1º, 2º e 3º

 O mércores 8 de novembro tivemos unha nova sesión do LeoClub de 1º, 2º e 3º. O primeiro que fixemos foi unha mestura de contos. Cada un tiña que escribir quen era o/a protagonista do libro que leu, como era, que lle pasaba e como se solucionaba ao final. Logo córtanse os diferentes apartados e mestúranse para formar novas historias. 

A continuación escolléronse os libros dos diferentes grupos. En 1º tiñan que elixir entre tres propostas: "Como bañar a un marciano", "Un cocodrilo sin dientes" y "El domador de monstruos". Vimos de que trataba cada un deles e ao final o elixido foooooii.... "Un cocodrilo sin dientes".

No grupo de 2º e 3º tiñan que elixir un dos títulos da colección de "Perro Apestoso", aínda que había diferentes opinións, a decisión final foooooii... "Perro Apestoso, ¡Feliz Navidad!" seguro porque son unhas datas que están próximas.
E xa para rematar e antes de marchar fixemos un ensaio de como sería ser un "Booktuber", para preparar algún vídeo en vindeiras reunións. Unha vez máis pasámolo xenial!!
 
 





 

Arranca o LeoClub de 6º 23/24

A rapazada de 6º estaba ansiosa por comezar o club de lectura e por fin o 25 de outubro foi a súa quenda. Na xuntanza falaron dos seus compromisos para este curso e asinaron os acordos cos que se comprometeron. Tamén escolleron de entre as propostas de lectura a que lles parecía máis interesante, resultando elixida por maioría "Charlie e a fábrica de chocolate". Comeza a nova aventura!

                         

            

                

             

           

             

                           

 

LeoClub de 5º 23/24

O mércores 18 de outubro tivo lugar na biblioteca a reunión do club de lectura dos nenos e nenas de 5º. Estiveron decidindo por que lectura empezarían primeiro de todas as propostas que había enriba da mesa. A decisión foi unánime e todos se animaron a ler "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas. Quizais porque está cerquiña a celebración do samaín ou porque os compañeiros do club de lectura do curso pasado a leron e lles encantou. Quen sabe!! A cuestión é que están moi animados a correr moitas aventuras da man de Escarlatina. 

 

 

 

Comezamos o LeoClub 23/24

 Co comezo do mes de outubro comeza a funcionar o noso LeoClub. Todos os mércores reunións! Este ano como novidade quixemos darlle a oportunidade aos máis pequenos de primaria de formar parte do club e temos un grupiño de nenos e nenas de primeiro e segundo que se animaron a probar esta aventura. Este grupo xunto cos de 3º foi o primeiro en inaugurar este novo curso e o 4 de outubro comezaron as aventuras.  Foi divertidísimo e pasámolo todos en grande cos xogos e misterios que nos agardaban...

A sesión foi do máis divertida desciframos mensaxes que nos levaban a outras escondidas polo cole ata chegar ao final onde estaban os libros e Leo dándonos a benvida. Desta vez cada quen levou un libro ao seu gusto para lelo na casiña. A continuación fotos e vídeo da xuntanza.

 

 

 

 

 

 

 

Derradeira sesión do LeoClub de quinto deste curso 22-23

Hoxe tocaba rematar o Club de Lectura de 5º. O libro que tiñan entre mans era o de "Vampira de biblioteca" que moitos xa remataron e outros fáltalles pouquiño. Como actividade final fixemos un pequeniño proxecto con Scratch e a Makey-Makey. Fixemos interactiva unha foto da nosa biblioteca onde estaba Eleonora e os seus amigos Xa e Mon e mais Leo . Inventamos os diálogos que podían estar diciendo entre eles de tal xeito que ao tocarlles se podían escoitar. Mellor védelo nestes minutiños de vídeo.

 
Imaxe que fixemos interactiva cos personaxes do libro "Vampira de biblioteca" e Leo

 

 

Leoclub de 5º Abril 2023

 O mércores 19 de abril o noso Leoclub de quinto volveuse reunir para seguir coa lectura do libro "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas. Falaron un ratiño sobre el e logo fixeron unhas actividades en equipo.

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet