Samaín e Halloween

Infantil celebra o Samaín

Para celebrar o Samaín os nenos e nenas da etapa de Infantil realizaron durante os recreos da semana uns xogos moi divertidos e terroríficos. Neste vídeo podedes ver que ben o pasaron.

 

Celebramos o Samaín pensando no planeta

Este ano celebramos a tradicional festa de samaín dun modo diferente. Fixemos tamén unha exposición, pero desta vez sen cabazas, senón con monstros que nós mesmos realizamos con materiais de refugallo xunto coas nosas familias. Foi moi orixinal e gustou a todo o mundo. Un bo traballo realizado entre todos e todas. Agradecer especialmente ás familias a súa implicación, clave para levar a cabo esta exposición que resultou ser un éxito. aquí podedes ver os vídeos.

Samaín 2018

E aquí está o Samaín! Un ano máis celebramos o Samaín cunha impresionante exposición de cabazas na que cada ano vos superades máis. Impresionantes! Noraboa a todos os que colaborástedes e grazas pola vosa participación. Ademáis o cole vestiuse para a ocasión cunha decoración de medo. E por suposto a nosa amiga a Bruxa Catuxa visitou de novo aos pequenos do cole, os nenos e nenas de Educaión Infantil, convidándoos a larpeiradas. Pinchade na imaxe nos elementos que se moven e poderedes ver catro vídeos diferentes relacionados con esta celebración. A ver se os atopades!

Así celebramos o Samain

Seguimos de celebracións no cole. Despois do día da Biblioteca esperábamos con moitas ganas o Samaín e foron moitas as cousas que fixemos. Non faltou a xa tradicional exposición de cabazas que non poderíamos ter realizado se non fose pola inestimable colaboración das familias que ano a ano se superan coas súas creacións. Podédelo ver no vídeo que hai máis abaixo e nas fotos do álbum. Fixéronse traballos escritos de contos de medo e de menús do samaín; cantáronse cancións e os máis pequenos do cole tiveron tamén a súa particular celebración: unha merenda terrorífica na que comeron arañas, cabazas e fantasmas e a visita da bruxa Catuxa,que ultimamente non falta nunca a esta cita. A continuación podedes ver vídeos e fotos de todo isto. Espero que vos gusten. Nós pasámolo de medo!

 

 

 

 

CONTOS DE MEDO DE 6º

 

Aquí non hai quen viva!

Os nenos e nenas de 3º B e 4º B, fixeron uns textos de escritura creativa relacionados co samaín que levan por título "Aquí non hai quen viva". Podédelos ver no seguinte vídeo. 
 

Powered by Drupal - Design by artinet