Nadal

Festival de Nadal Seixalvisión 2022

  O festival de Nadal deste ano tivo un formato diferente ao habitual pois o enmarcamos dentro do noso PDI "Recordos na maleta". Neste PDI, estamos a traballar sobre diferentes países (cada curso nun) para tentar aprender moitas cousas e poderllas ensinar de novo a Leo, a nosa mascota da biblioteca, que durante o verán estivo de vacacións en todos eses países, pero ao voltar caeulle un libro da biblioteca na cabeza o que lle produciu unha amnesia terrible e non recorda nada e da que estamos tentando axudalo a recuperarse.

  Todos os países nos que estamos a traballar participaron neste I Certame de Seixalvisión, cada un cunha actuación referida ao país en cuestión. Como poderedes ver houbo moita variedade e diversidade de xéneros, dando lugar a un festival moi entretido e plural. Houbo xurado e todo! e seu veredicto foi que todos os países merecían ser gañadores. O xurado formado por tres profesoras do centro foron indicando as puntuacións de cada un dos países en inglés, francés e galego concedendo a todos os países a máxima puntuación!! 12 PUNTOS. Noraboa a todos. Por suposto, non faltaron as correspondentes bandeiras para animar a todos os participantes. 

 

Foi unha xornada moi divertida e emocionante. Damos as grazas a todos os que a fixeron posible e deixamos tamén aquí o noso agradecemento a Soraya Picouto Cid por realizar e ceder todas as grabacións de cada unha das actuacións. Moitas  grazas!

Na seguinte presentación podedes ver cada unha das actuacións. Pinchando no nome ou na bandeira iredes directamente ao vídeo.

FESTIVAL SEIXALVISIÓN

O vindeiro 22 celebraremos o noso festival de Nadal cun enfoque diferente. Formará parte no noso PDI sobre países titulado "Recordos na maleta" e consistirá nun certame semellante ao de Eurovisión, pero con características propias. Cada aula representará cunha actuación o país que está a traballar. Estades todos convidados a velo en directo. Será ás 11:00 da mañá no salón de actos. Aquí podedes ver o cartel co programa. Esperámosvos!

Actividades de Nadal 2020

Como é costumbre no noso cole gústanos despedir o primeiro trimestre felicitando as Festas e o Ano Novo a toda comunidade educativa con diferentes actividades que presentamos sempre nun festival. Este ano no que todo é diferente, esta felicitación tamén se adapta á situación, pero sen deixar de facervos chegar os nosos mellores desexos para o vindeiro ano. Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades levadas a cabo neste trimestre a modo de "festival virtual". Esperamos que o desfrutedes e que os nenos e nenas sexan quen de debuxar un sorriso nas vosas caras. Feliz Ano 2021!

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

O pasado 17 de decembro dous membros da Asociación Xuvenil Amencer pasaron a recoller os nosos Xoguetes para que puderan chegar a tempo aos seus destinos. 

Dende o centro queremos dar as gracias a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA polas súas aportacións. TODAS as aportacións se fixeron seguindo as recomendacións de PAPA NOEL e o resultado foi espectacular como ven podemos apreciar nas imaxes.

 

Tamén expresar o noso agrademento á ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER pola súa gran labor. 

Contade co noso centro para colaborar en máis campañas e/ou iniciativas. MOITAS GRACIAS!

Actuacións do festival de Nadal

Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!

Festival de Nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal no cole para todos os nenos e nenas e mañá será o gran día, pois todas as familias que o desexen poderán acompañarnos e disfrutar do traballo que realizamos durante as últimas semanas. Asi pois, esperámosvos a partir das once e media no salón de actos! Só recordar unha cousa importante...

Festival de Nadal 2017

Antes de comezar as vacacións de Nadal celebramos o noso festival de Nadal como todos os anos, no que non podían faltar bailes, cancións, panxoliñas, teatro e moitas cousas máis. Aquí podedes ver as fotos e vídeos de todo o que fixemos con tanto esforzo e ilusión.

ÁLBUM DE FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2017

Powered by Drupal - Design by artinet