Educación Física

Volta Junior

Onte os alumnos de 3º, 4º e 5º e 6º tivemos a ocasión de participar nunha actividade relacionada co ciclismo que leva por título "Vuelta Junior", levada a cabo como consecuencia da chegada da Volta Ciclista a España en setembro. A actividade consta de dúas partes e onte realizamos a primeira delas. Consistiu nunha parte teórica e outra práctica coa realización de probas e ximcanas no patio do cole. Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade.

ACROSPORT

ACROSPORT EN EDUCACIÓN FÍSICA No mes de abril os alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso de Primaria traballaron ACROSPORT na clase de Educación Física.

O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico con exercicios que integran tres elementos fundamentais: Formación de figuras ou pirámides corporais. Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra. Música que apoia a coreografía. Espectacularidade, vistosidade, dinamismo, forza e facilidade aparente son notas que definen ó ACROSPORT. Os alumnos/as estiveron moi motivados e estou moi orgullosa deles polo traballo realizado,xa que en apenas dúas semanas conseguiron realizar uns exercicios moi vistosos e ben feitos. Noraboa a todos e aquí vos deixo fotos e vídeos para que o recordedes, non están todos os grupos porque hai grabacións que non saíron ben pero é unha mostra do ben que traballáchedes.

A mestra de Educación Física.

Actividades de Educación Física

Hoxe queremos amosarvos unha sesión de Educación Física cos alumnos de 2º A onde se traballaron distintas habilidades e emocións. As actividades realizadas foron: "Seguindo a música" , "Aros musicais" e "Carreira de caracois" nas que se traballaron habilidades socioemocionais, resolución de conflictos e regulación emocional respectivamente. Ademais de aprender pasárono xenial!

Álbum Actividades de Educación Física 2ºA

Sesións de xogos populares para os alumnos de 6º de primaria

Os días 21 e 28 de febreiro os alumnos/as de 6º curso de primaria cambiaron a clase de Educación Física por dúas sesións de Xogos Populares impartidas por Lito, o monitor do Centro Cultural Xaquín Lorenzo "Xocas" da Deputación de Ourense.

Na primeira sesión practicaron "A Porca" e "O Pino" no patio, e na segunda, fixeron xogos bailados. estivo fenomenal!!

Álbum de fotos das sesións de Xogos Populares   

Powered by Drupal - Design by artinet