Graduación 6º de Infantil
O pasado 14 de xuño celebramos a graduación dos nenos e nenas de cinco anos á que convidaron aos seus compañeiros e compañeiras de infantil e primaria. Foi un acto moi emotivo no que a súa titora Rosa tivo unhas palabras cariñosas para cada un deles e se lles entregaron os correspondentes diplomas. Os irmáns tamén tiveron o seu protagonismo, pois eles mesmos lles entregaron o diploma. Ao rematar cantaron unha canción de graduación e lanzaron os seus birretes ao aire. Aquí podedes ver algunhas fotos do acto e moitas máis se premedes AQUÍ
IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025
Adxuntos no apartado de Secretaría (Autodeclaración e información comedor escolar)
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 12 de xullo.
Pódense presentar:
- a través do correo electrónico do centro (ceip.seixalbo@edu.xunta.gal)
- de xeito presencial na secretaría do centro ( en horario de 10 a 13 horas)
- no buzón exterior do centro.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
A AVENTURA CONTINÚA!!!
Seguimos a recibir novas dende Madrid!
O noso alumnado puido gozar o martes do espectáculo do Rei León.
O mércores foi unha esgotadora e frenética xornada no Parque Warner!!!
Xenial!!!
COMEZA A AVENTURA!!!
O martes 28 de Maio, o noso alumnado de 6º EP emprendeu a súa viaxe de fin de etapa con destino a Madrid.
29 nenos e nenas acompañados por 4 profes que o fan posible!!!
Queremos mostrar o noso agradecemento a toda a comunidade educativa polo seu apoio durante todo o curso para facer posible esta máxica viaxe.
Que teñades un GRAN VIAXE CAMPEÓNS/AS!!!
SUMÉRXETE CON NÓS!!!
Algo moi moi especial se está cociñando no noso cole!!!
Moi atent@s!!!
SUMÉRXETE CON NÓS!!!
O Equipo de Biblioteca e o Departamento de Orientación.
VIAXE AO FONDO DO MAR de Rbau
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025
PUBLICADO FONDO SOLIDARIO PARA ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAIS PARA O CURSO 2024-2025.
PRAZO DE SOLICITUDE: desde o 21 de maio ata o 21 de xuño.
INSTRUCCIÓNS E ANEXOS NO SEGUINTE ENLACE. FAI CLIC AQUÍ.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2024
Inscripcións ata o 6 de xuño clicando no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMorMP29-1zOGBSzyuST3JwkoP2iUc...
Se tes calquera dubida podes escribirnos a : ampaseixalbo@gmail.com
Agardamosvos!!!!
![CAMPAMENTO DE VERÁN 2024 CAMPAMENTO DE VERÁN 2024](https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseixalbo/?q=system/files/images/Cartel_campamento%20pirata%20Ver%C3%A1n%202024.thumbnail.png)
- APIs de Blogue
OS PERIGOS DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS. Como protexer aos nos@s menores.
Tal e como anunciamos semanas atrás, o pasado 2 de Maio, tivo lugar outra interesante charla dirixida ás familias e resto da comunidade educativa sobre o uso seguro de Internet e as redes sociais.
O xuíz, D. Jose Antonio Vázquez Taín, fixo que as dúas horas de ponencia se nos quedasen escasas.
Agradecer a presenza do Xefe Territorial de Educación de Ourense, D. Jorge Rubén Sampedro Grande.
Do mesmo xeito dar as grazas ao CFR de Ourense, e concretamente á nosa asesora D Rosa Pato polo seu apoio e colaboración nas nosas propostas.
Grazas tamén a todos os asistentes (profesorado, familias, ANPA e AVV de Seixalbo) polo seu interese.
Coordinadora de Benestar e Departamento de Orientación.
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODERÁS ACCEDER A MÁIS FOTOS
SEGURIDADE VIAL
O pasado 2 de Maio tivemos a visita da Garda Civil para levar a cabo unha charla sobre SEGURIDADE VIAL, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de EP, dentro do programa Plan Director para mellorar a convivencia cidadá nos entornos escolares.
Os encargados de dirixila e impartila foron Javier Barja (Capitán-xefe), Damián Novoa (Cabo 1º) e Manuel Rodríguez (Garda Civil) do Subsector de Tráfico de Ourense.
Agora toca poñer en práctica todo o que eles nos ensinaron e/ou lembraron.
Moitas grazas pola visita!!!
O departamento de Orientación do CEIP SEIXALBO
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODERÁS ACCEDER A MÁIS FOTOS SOBRE A VISITA
LISTAXE ADMITIDOS CURSO 2024-2025
Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2024/2025 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron praza neste centro.
Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro interior do centro. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.
Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web admisiónalumnado
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
MENORES E USO SEGURO DE INTERNET E REDES SOCIAIS
O pasado martes 16 de abril, contamos coa presenza no noso centro do garda civil Efrén Varón Gil pertencente ao equipo de delincuencia tecnolóxica.
Foi o encargado, tendo en conta a súa ampla experiencia e formación no tema, de impartir unha charla dirixida a familias sobre o uso seguro de Internet e Redes sociais en menores.
O público presente puido escoitar de primeira man aspectos tan importantes na temática como: dualidade "culpable-responsable", é lícito revisar as mensaxes/móbil d@s nos@s fill@s?, ludopatía en adolescentes, cerberus...
Ademáis, Efrén deu resposta a moitas das nosas dúbidas e inquedanzas.
Moitas grazas Efrén por facer que máis de 2 horas de charla non nos chegaran a nada!!!
Grazas ao público presente (familias, profesorado e veciños de Seixalbo) por mostrar interés por unha temática tan interesante como preocupante!
Dar tamén as grazas ao CFR e á ANPA do cole pola súa colaboración.
Do mesmo xeito, queremos agradecer á AVV de Seixalbo a súa presenza e difusión da charla.
GRAZAS POR COLABORAR SEMPRE!!!
Adxunto compartimos a presentación que Efrén nos deixou para poder compartila coa comunidade educativa.
Tamén vos deixamos os seguintes enlaces que el mesmo nos facilitou con tutoriais para poder descargar o control parental:
ANDROID:
https://www.youtube.com/watch?v=4cES-8KtxQM
IOS:
https://www.youtube.com/watch?v=4ZwnJsW--tQ
A COORDINADORA DE BENESTAR E O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
O VINDEIRO 17 DE ABRIL, O NOSO COLE PARTICIPA POR TERCEIRA VEZ NA CELEBRACIÓN DO "DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA", UNHA XORNADA FESTIVA E DE CONVIVENCIA PARA FACER VISIBLE O VALOR DESTA MATERIA.
ESTE ANO O LEMA É "EDUCACIÓN FÍSICA E SAÚDE MENTAL" E BUSCA IMPULSAR E REIVINDICAR A IMPORTANCIA DA ACTIVIDADE FÍSICA PARA FACILITAR UN EQUILIBRIO EMOCIONAL ENTRE O ALUMNADO.
TERÁ LUGAR NO PARQUE DA INFESTA DO POBO DE SEIXALBO ÁS 12 HORAS.
ESE DÍA, TODO O ALUMNADO E OS SEUS MESTRES BAIXAREMOS CAMIÑANDO AO POBO XUNTÁNDONOS NA INFESTA ONDE TERÁ LUGAR O ACTO (COREOGRAFÍAS, XOGOS, PROMOCIÓN DO EXERCICIO FÍSICO...) QUE DURARÁ UNHA HORA E LOGO VOLTAREMOS ANDANDO TAMÉN.
O ALUMNADO VIRÁ VESTIDO CON PANTALÓN NEGRO CÓMODO, CAMISETA BRANCA E DEPORTIVOS, A MODO DE UNIFORME.
MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!
VÉMONOS O 17 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS NO PARQUE DA INFESTA!!!
DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS 2024
O pasado 29 de febreiro celebrouse o Día Mundial das Enfermidades Raras 2024.
Nas aulas de 1º de Educación Primaria quixeronlle darlle visiblidade a través da historia de XIana, unha nena cunha Enfermidade Rara.
Non esquezamos palabras tan importantes como COLABORACIÓN, INVESTIGACIÓN, APOIO E EMPATÍA!!!
Grazas profes Jessica, Aida e Belén polo organizar e implementar esta actividade tan importante ademáis de NECESARIA!!!
Queda moito camiño...
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
SESIÓNS DE MINDFULNESS
Dende o Equipo de Benestar e Convivencia do centro estase a levar a cabo Formación sobre MINDFULNESS.
A finalidade é poñelo en práctica co alumnado do centro tendo en conta os beneficios desta práctica.
O pasado martes 27 de febreiro tivemos sesións con varios grupos de alumnos/as.
Foi unha experiencia satisfactoria ademáis de necesaria: coñecemento e percepción do noso propio corpo, control de emocións, relaxación...
Esta práctica axuda a mellorar o Benestar e á Convivencia no centro.
Grazas a Julia, a nosa experta formadora, por compartir e ensinarnos a súa experiencia.
Queda moito camiño por percorrer e moitas ganas de continuar!
EQUIPO DE BENESTAR E CONVIVENCIA
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS E VÍDEOS
Entroido 2024
![]() |
Xirafas de 4º de Infantil. |
![]() |
Osos panda vermellos de 5º de Educación Infantil. |
![]() |
Linces Ibéricos de 6º de Infantil. |
![]() |
Peixes Pallaso de 1º de Primaria. |
![]() |
Abellas e apicultores, 3º de Primaria. |
NÚMERO AGRACIADO NO SORTEO DA CESTA DO ENTROIDO
O número gañador da cesta do entroido foi o 2428
O gañador/a que se poña en contacto co centro.