CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

O pasado 25 de Outubro, dentro das actividades ofertadas polo Concello de Ourense nos centros educativos, tivo lugar unha charla sobre CIBERSEGURIDADE dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria.

CHARLAS PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET E ACOSO ESCOLAR

Un ano máis, o noso centro solicitou charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º seguindo o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

 

As charlas foron impartidas por parte de membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

As sesións desenvolvéronse os pasado 17 de Outubro: "riscos das novas tecnoloxías e internet" dirixida ao alumnado de 6º de EP e "acoso escolar" destinada ao alumnado de 5º de EP

 

Samaín 2023

 Para celebrar este ano o samaín realizamos unha exposición de cabazas no salón de actos. Foi unha "animalada de exposición"!! A imaxinación e creatividade das familias non ten límites! Este ano a temática foi sobre animais en perigo de extinción que é a que estamos traballando no noso PDI e a verdade é que todas eran verdadeiras obras de arte. Grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos algunhas fotiños delas. 



 

 





 




 

E como non! Este ano tamén nos vsitou a Bruxa Catuxa! Contounos que recibira unhas cartas nas que lle contaban que había animais que estaban desaparecendo: xirafas, linces, osos pandas vermellos...
Entón para solucionar esa situación e que non desaparezan máis animais preparou un conxuro máxico. Haberá que ver se realmente funciona!!





 

 

 

Día das Bibliotecas escolares 2023

    Para conmemorar o Día das Bibliotecas escolares levamos a cabo un acto todos xuntos no salón de actos. Lemos un pequeno manifesto e aproveitamos para presentar algúns libros super-intresantes que se poden atopar na biblioteca e que nos van vir moi ben para o noso PDI deste ano sobre animais en perigo de extinción. Varios nenos e nenas de quinto e sexto encargáronse de falarnos deses libros.

Tamén fixemos entrega do premio do concurso de logos que foi para Lucía de 4º B. Noraboa Lucía!

A continuación fixemos entrega dos diplomas ás portas gañadoras nas diferentes categorías e por último entregamos as mochilas viaxeiras para que xa comecen a súa andaina as vosas casas . A continuación fotos e vídeos da celebración.

 
 
 
 
 
 
 


 

 

     


 

 

 

 

 

VOLTAMOS!!!

VOLTAMOS AO TRABALLO!!!

REUNIÓNS, COLOCACIÓN DE AULAS, PROGRAMACIÓNS.... PREPARAMOS TODO PARA RECIBIR EN BREVE AOS NOSOS NENOS!!!

DESDE O DÍA 1 ATA O DÍA 8 HORARIO DE SECRETARÍA DE 10:00 A 13:00 HORAS.

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDA DE LIBROS E MATERIAL 2023-2024

Informamos que xa foi PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA de Axudas do FondoLibros.

 

Pode consultarse coa CHAVE 365 ou ben na Xefatura de Estudos ata o 12 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

A recollida de vales no centro farase ata o 12 de xullo de 10:00 a 13:00 horas.

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024.

 

Adxuntos no apartado de Secretaría (Autodeclaración e información comedor escolar).

 

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 12 de xullo.

 

Pódense presentar: 

- a través do correo eletrónico do centro (ceip.seixalbo@edu.xunta.gal)

- de xeito presencial na secretaría do centro (en horario de 10:00 a 13:00 horas)

- no buzón exterior do centro.

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

Informamos que xa está PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL de Axuda do Fondo Libros tanto de texto como de material.

 

En cumprimento coa "Ley General de Protección de Datos"a publicación só se levará a cabo na Xefatura de Estudos.

 

Tamén se pode consultar coa "CHAVE 365".

 

- PRAZO DE RECLAMACIÓN: ata o 4 de xullo inclusive.

- LISTAXE DEFINITIVA: 6 de xullo.

. RECOLLIDA DE VALES NO CENTRO: do 4 ao 12 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

QUE TODOS OS VOSOS SOÑOS SE VEXAN CUMPRIDOS!!!

Chegou o final de curso e quixemos agasallar ao noso alumnado de 6º de EP cun vídeo resumo do seu paso polo noso cole.

Un video elaborado con moito, moito agarimo...

                                                              UNHA APERTA A TODO O ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS!!!

 

 

 

FESTA DE FIN DE CURSO NAS PISICINAS DE TABOADELA!!!

Dende o cole de Seixalbo queremos darlle as grazas ao concello de TABOADELAe en especial ao seu alcalde ÁLVAROpor convidarnos a pasar a xornada de fin de curso ás piscinas do seu concello.

 

                                                                                                                                TODO UN LUXO!!!

AXUDAS LIBROS TEXTO - FONDO LIBROS - CURSO 2023/2024

Publicada axuda para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso 2023/2024.

Toda a información no seguinte enlace.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseixalbo/?q=node/266

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023/2024

Comunicamos que está publicada a listaxe de alumnado admitido para o curso 2023-2024 no taboleiro de anuncios no interior do centro.

 

Recordamos ás persoas interesadas que poden acceder ao estado do seu expediente a través do seu expediente a través da aplicación "admisionalumado" coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

 

Informamos que todas as solicitudes en prazo obtiveron praza no centro.

 

As presentacións de instancia fóra de prazo están pendentes de resolución.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2023/2024 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron praza neste centro.

 

Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro interior do centro. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.

 

Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web  admisiónalumnado

 

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

 de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicaranse o día do 15 de maio.

 

O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Powered by Drupal - Design by artinet