MARCHA EN BICICLETA "SEIXALBO BIKE CONTRA O VANDALISMO"

O alumnado de 6º de EP leva varios meses inmerso no programa "Investigadores Sociais #SENVANDALISMO". Un programa que se levou a cabo nun total de 10 centros galegos e que é organizado pola asociación APES e a fundación BARRIÉ.

Dito programa, tal e como fomos compartindo, permitiunos facer unha análise de que é o vandalismo e os riscos aos que conleva participar neste tipo de actos.

O vandalismo é un comportamento antisocial qeu se inicia, normalmente, na adolescencia e supón unha conduta de risco por ter como fundamento o uso da violencia contra as cousas. Estos actos supoñen unha aprendizaxe de comportamentos potencialmente delictivos.

Foron meses de aprendizaxe arredor dunha temática da que xurdiron dúbidas e inquedanzas.

Sendo a base metodolóxica do programa a Aprendizaxe-Servizo, chegou o momento de realizar a acción social que o alumnado deseñou baixo o lema que eles mesmos inventaron "SEIXALBO BIKE CONTRA O VANDALISMO". Ademáis, alumnos da clase foron os encargados de darlle forma ao logo baixo o asesoramento de toda a clase que foi aportando ideas.

O vindeiro 8 de febreiro achegámonos a Taboadela coa idea de concienciar á comunidade sobre a importancia da prevención dos comportamentos de risco. 

Decir que o alumnado está emocionado, xa que no concello nos recibirán representantes do mesmo para escoitar un resumo de todo o que aprendemos neste pequeno-gran proxecto.

Dar as grazas ao Concello de TABOADELA e ao club TABOADELA BIKE por darnos a oportunidade de facer realidade a ilusión que o alumnado deseñou.

Convidámosvos a acompañarnos.

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 

SEIXALBO BIKE CONTRA O VANDALISMO de Rbau

Menú especial exipcio

 Este venres 27 de febreiro tivemos un dos nosos menús especiais enmarcados no noso PDI. Tocoulle o turno a Exipto e os pratos cos que nos deleitaron foron: de primeiro hummus e de segundo un saboroso arroz mashi. Coma sempre as colaboradoras coas tarefas do comedor apareceron co seu toque especial para a ocasión co que sempre conseguen darlle máis importancia e resaltar o menú dos días especiais. Moitas grazas polo voso gran de area! Aquí vos queda unha presentación con algunhas fotos.

SORTEO DA CESTA DE NADAL

O número agraciado no sorteo da cesta foi o 604.

Noraboa!!!

Festival de Nadal Seixalvisión 2022

  O festival de Nadal deste ano tivo un formato diferente ao habitual pois o enmarcamos dentro do noso PDI "Recordos na maleta". Neste PDI, estamos a traballar sobre diferentes países (cada curso nun) para tentar aprender moitas cousas e poderllas ensinar de novo a Leo, a nosa mascota da biblioteca, que durante o verán estivo de vacacións en todos eses países, pero ao voltar caeulle un libro da biblioteca na cabeza o que lle produciu unha amnesia terrible e non recorda nada e da que estamos tentando axudalo a recuperarse.

  Todos os países nos que estamos a traballar participaron neste I Certame de Seixalvisión, cada un cunha actuación referida ao país en cuestión. Como poderedes ver houbo moita variedade e diversidade de xéneros, dando lugar a un festival moi entretido e plural. Houbo xurado e todo! e seu veredicto foi que todos os países merecían ser gañadores. O xurado formado por tres profesoras do centro foron indicando as puntuacións de cada un dos países en inglés, francés e galego concedendo a todos os países a máxima puntuación!! 12 PUNTOS. Noraboa a todos. Por suposto, non faltaron as correspondentes bandeiras para animar a todos os participantes. 

 

Foi unha xornada moi divertida e emocionante. Damos as grazas a todos os que a fixeron posible e deixamos tamén aquí o noso agradecemento a Soraya Picouto Cid por realizar e ceder todas as grabacións de cada unha das actuacións. Moitas  grazas!

Na seguinte presentación podedes ver cada unha das actuacións. Pinchando no nome ou na bandeira iredes directamente ao vídeo.

Degustación menú italiano

O venres 16 de decembro tivemos o segundo menú especial no comedor enmarcado no noso proxecto de centro "Recordos na maleta". Esta vez tocoulle o turno a Italia e os pratos cos que nos deleitou o persoal de cociña foi unha ensalada capresse e pasta á carbonara. Unha vez máis os colaboradores tiveron a iniciativa de vir ataviados para a ocasión cos seus sombreiros de cociñeiros. Moitas grazas a todos pola vosa implicación! Estaba todo moi rico! Aquí podedes ver as fotos da xornada. 

SORTEO DUNHA CESTA DE NADAL

No festival do vindeiro 22 de decembro ás 11:00h, ao que estades tod@s convidad@s terá lugar un sorteo organizado polas familias do alumnado de 6º de Educacion Primaria co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de etapa de dito alumnado.

Podedes mercar as participacións no propio festival, realizándose o sorteo ao rematar o mesmo e só coas participacións vendidas para asegurar que a cesta teña gañador/a.

No caso de que o gañador/a xa non se atope no salón de actos, o número agraciado será dado a coñecer na páxina web do centro e no facebook da ANPA; ademáis informarase do mesmo ás familias a través de ABALAR.

Animádevos tod@s a participar!!!

 

SORTEO DE CESTA DE NADAL de Rbau

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL 2022-2023

Aquí vos deixamos as recomendación que o Equipo de Biblioteca preparou para o Nadal. Hai un pouquiño de todo: títulos en galego, castelán e inglés. Hai para primaria e para infantil e nos de infantil alún título para xogar, tocar e dubuxar. Esperamos que sexan do voso agrado!
 RECOMENDACIÓNS PARA PRIMARIA


 

RECOMENDACIÓNS PARA INFANTIL

FESTIVAL SEIXALVISIÓN

O vindeiro 22 celebraremos o noso festival de Nadal cun enfoque diferente. Formará parte no noso PDI sobre países titulado "Recordos na maleta" e consistirá nun certame semellante ao de Eurovisión, pero con características propias. Cada aula representará cunha actuación o país que está a traballar. Estades todos convidados a velo en directo. Será ás 11:00 da mañá no salón de actos. Aquí podedes ver o cartel co programa. Esperámosvos!

ACTIVIDADES POLO 25 N

 Para resaltar o 25 N (Día Internacional contra a violencia de xénero) levamos a cabo unha serie de actividades coordinadas polo Equipo de Convivencia que consistiron na elaboración dun mural conxunto no que se podía ver un gran lazo violeta e o seguinte lema: "A violencia machista parámola unidas" Arredor do lazo pegáronse as vestimentas típicas dos diferentes países que se están a traballar dentro do  PDI "Recordos na maleta". Tamén se levou a cabo o visionado e posterior debate do vídeo "Pepuka e o Monstro" do que tamén se realizaron debuxos sobre os protagonistas do mesmo. A música do timbre para destacar esta data era do grupo Dubbi Kids "No controles". Na seguinte presentación podedes ver todo o traballado con motivo da celebración deste día.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES

Este ano somos punto de RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES para a campaña que organiza tanto Protección Civil do Concello de Ourense como da OPERACIÓN QUILO da Asociación Amencer. 

Podedes facer entrega de xoguetes, xogos, libros... en bo estado; así como de alimentos non perecedeiros ata o vindeiro 20de decembro.

Podedes enviar as vosas aportacións a través do alumnado ou achegalas vós mesm@s.

 

Gracias pola vosa colaboración

Degustación de menú mexicano no comedor

 Para levar a cabo o PDI do centro "Recordos na maleta" co que estamos axudando a Leo a recordar todo o que aprendeu no verán nos países que visitou nas súas vacacións, necesitábamos coñecer de primeira man como é a gastronomía deses lugares para explicárllela a Leo. Así pois, este venres 25 de novembro foi un día especial no comedor porque había un menú diferente. Era un menú mexicano co que o persoal de cociña  deleitou a todos os que quedan a comer no cole. Moitos probaron por primeira vez un rico guacamole con nachos e unhas quesadillas recheas de polo moi saborosas. Todos esperaban a chegada dese día que foi anunciado ao longo da semana na entrada ás aulas e para animar aínda máis ese momento  os colaboradores non dubidaron en vir ataviados con chamativos sombreiros mexicanos. Moitas grazas pola vosa implicación!! Sen vós sería imposible!

A continuación podedes ver algunha foto dese xantar especial.

BIBLIOTECA DE FAMILIAS

Compartimos a listaxe de libros actualizada que temos dispoñibles no noso centro para o empréstito a familias.

Son libros con temáticas que nos poden axudar na crianza dos nos@s fill@s e desexamos que sexan do voso interese.

Lembramos que as vías para pedir un libro podédelo facer a través o titor/a ou directamente ao Departamento de Orientación.

Un saúdo.

O Departamento de Orientación

rbautista@edu.xunta.gal

Resposta da primeira embaixada

 Hoxe foi un gran día para nós!! Unha gran caixa chegou ao noso cole. Viña da embaixada do Brasil!! Fai pouquiños días que os nenos e nenas de catro anos lle escribiran unha carta ao embaixador pedindo materiais diversos sobre Brasil, xa que é o país no que están a traballar dentro do PDI "Recordos na maleta" que levamos a cabo este ano. A chegada este curso da súa compañeira Esther foi o motivo polo que se decidiron a aprender moito sobre Brasil e así axudar tamén a Leo, a nosa mascota da biblioteca, a recuperar a memoria. A sorpresa foi maiúscula. Dentro da caixa viñan moitísimas cousas: carteis grandes con preciosas fotos de Brasil, moitos libriños e contos, tarxetas postais, follas con manualidades, bolsas de algodón coa bandeira do Brasil e ademais unha carta marabillosa, totalmente personalizada chea de agarimo e sensibilidade!! Todos estamos encantados coa fantástica resposta desta embaixada e dende aquí lles damos as grazas polo interese que amosaron enviando tantos materiais. MOITAS GRAZAS! ESTAMOS ENCANTADOS!! Aquí vos deixamos algunhas fotos para que poidades ver o que recibimos.

MAGOSTO 2022

Hoxe 10 de novemvbro celebtaremos o magosto con anadainas polo monte, asando castañas na fogueira e cun gran concerto que nos dará Paco Nogueiras cantando as canción do seu disco "Brinca Vai!"  Vai ser un gran día!

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE E RISCOS DE INTERNET

A Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno, visitaranos este venres 4 de novembro para falar co alumando de 5º e 6º de Educación Primaria (levaranse a cabo dúas charlas) sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar con descoñecidos a través de INTERNET...

 

A charla será impartida por un axente da Policía Nacional da Unidade de Participación Cidadá.

 

Queda pendente unha charla para familias que se levará a cabo unha tarde deste mes a cal se está a organizar contando coa colaboración da ANPA do centro. Seredes informados da mesma nos vindeiros días.

                                                                             A Orientadora do CEIP de Plurilingüe de Seixalbo

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

Durante os meses de Novembro de 2022 farase a renovación parcial do Consello Escolar.

Publicamos calendario. 

Así celebramos o Samaín

 Coa chegada do samaín foron moitas as actividades que se levaron a cabo no noso cole:

A entrada á biblioteca engalanouse cunha exposición de libros terroríficos....

 
Os nenos e nenas de infantil gozaron dun recuncho de samaín onde xogaron e leron moitos contos.

 

 


 

 

 

Tamén na biblioteca se leron contos de bruxas á luz da lúa!

 

 

 

 

 

 

 

 

E como non!, tamén nas clases se leron contos de medo á luz do candil!


 
O máis sorprendente foi a vista de dúas bruxas: Cuca do Brasil e Lucrecia de México. Estaba prevista tamén a visita de Befana, unha bruxa italiana pero ao non poder asistir enviou unha carta en italiano dando explicacións.
 A visita das bruxas era por un motivo solidario: facer un conxuro a Leo, a nosa mascota da biblioteca (en realidade dous conxuros, un do Brasil e outro de México) e intentar que éste recuperase a memoria. Non o conseguiron, asique os nenos e nenas do colexio terán que seguir estudando sobre os países que lles tocaron para que Leo recupere a memoria.

 




 

Tamén se fixeron fotos no photocall que se preparou en plurilingüismo...
E grazas as familias puidemos realizar unha exposición de cabazas aberta ao público no salón de actos decoradas según os países que se están a traballar no PDI. Foron verdadeiras obras de arte o que aportaron facendo que a exposición fose única e inigualable. Non quedou ningún país sen representación e a imaxinación e creatividade saltan á vista!
 

Grazas familias pola vosa colaboración!

 










 





 






 





 
 

VALES DE MATERIAL

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 

 

 

A Xunta ven de ampliar o “Vale de Material” en 25  € a todo aquel alumnado que xa foi beneficiario da axuda para adquirir material no Fondo Solidario de Libros adxudicado no mes de xullo.

 

 

 

Os vales poderanse recoller na Xefatura de Estudos desde o martes 18 de Outubro en horario de 9:30 a 14:30 horas. Se a persoa solicitante non puidera recollelo deberá autorizar a outra persoa.

 

 

Segundo instruccións remitidas aos centros, o vale deberá ser canxeado na libraría antes do 1 de decembro de 2022.  

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet