LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024
Informamos que xa está PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL de Axuda do Fondo Libros tanto de texto como de material.
En cumprimento coa "Ley General de Protección de Datos"a publicación só se levará a cabo na Xefatura de Estudos.
Tamén se pode consultar coa "CHAVE 365".
- PRAZO DE RECLAMACIÓN: ata o 4 de xullo inclusive.
- LISTAXE DEFINITIVA: 6 de xullo.
. RECOLLIDA DE VALES NO CENTRO: do 4 ao 12 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
QUE TODOS OS VOSOS SOÑOS SE VEXAN CUMPRIDOS!!!
Chegou o final de curso e quixemos agasallar ao noso alumnado de 6º de EP cun vídeo resumo do seu paso polo noso cole.
Un video elaborado con moito, moito agarimo...
UNHA APERTA A TODO O ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS!!!
FESTA DE FIN DE CURSO NAS PISICINAS DE TABOADELA!!!
Dende o cole de Seixalbo queremos darlle as grazas ao concello de TABOADELA, e en especial ao seu alcalde ÁLVARO, por convidarnos a pasar a xornada de fin de curso ás piscinas do seu concello.
TODO UN LUXO!!!
AXUDAS LIBROS TEXTO - FONDO LIBROS - CURSO 2023/2024
Publicada axuda para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso 2023/2024.
Toda a información no seguinte enlace.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023/2024
Comunicamos que está publicada a listaxe de alumnado admitido para o curso 2023-2024 no taboleiro de anuncios no interior do centro.
Recordamos ás persoas interesadas que poden acceder ao estado do seu expediente a través do seu expediente a través da aplicación "admisionalumado" coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.
Informamos que todas as solicitudes en prazo obtiveron praza no centro.
As presentacións de instancia fóra de prazo están pendentes de resolución.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2023/2024 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron praza neste centro.
Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro interior do centro. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.
Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web admisiónalumnado
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
As listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicaranse o día do 15 de maio.
O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
PARTICIPAMOS NA V EDICIÓN DE OURENCANTO
CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023
O vindeiro 26 de abril, o noso cole participa por segunda vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.
Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.
Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.
O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.
MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!
Visita de Inma Soto
Hoxe as nenas e nenos de 3º tiveron unha visita moi especial! Estiveron con Inma Soto, que escribiu un conto cheo de aromas tamén especiais, porque arrecende a natureza, a flora e fauna, pero da nosa!!, da que temos aquí pretiño pero que non sempre valoramos. E ademais non veu soa, nooon...! Trouxo un montón de amigos: a vaca Marela, o merlo, o esquío, o corzo, o pica peixe, o peto, a xoaniña, a curuxa, a píntega, a ra etc.... Contoulles tantas cousas e aprenderon tanto que non a esquecerán. Faloulles da lingua do peto, da curuxa, do río, da fraga, da horta, do carballo e moitísimas cousas máis...
8 M "Viaxando pola igualdade"
Tamén na clase de terceiro prepararon un traballo sobre mulleres galegas que titularon "Mulleres galegas que abriron camiño".
Día de Rosalía de Castro
O 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo realizaremos as seguintes actividades. Dende hai algunhas semanas todos os nenos do cole aprenderon na clase de música a canción "Rosalía" do grupo Viravai que se o tempo o permite a bailarán todos xuntos no patio. Tamén nos sumamos á iniciativa da fundación de Rosalía de Castro que propoñen a actividade "Un caldo de gloria". O 23 de febreiro no menú do comedor está programado un rico caldo e ademais as mesas estarán vestidas cos salvamanteis que solicitamos á asociación e que xa están no centro. Os alumnos de terceiro están a traballar o poema "Miña casiña meu lar" que inspirou a actividade "Un caldo de gloria" co que realizarán un vídeo que vos deixaremos aquí para que o vexades. Tamén vos deixámos o vídeo da canción "Rosalía" do grupo Viravai cos debuxos que fixo o alumnado. Pola súa banda o equipo de Dinamización da Lingua teñen preparado un marcapáxinas conmemorativo desta data para todos.
ENTROIDO 2023
Pouco a pouco o entroido foi chegando e ao longo de toda a semana moitas actividades se levaron a cabo no noso cole. Un ano máis o noso meco fixo acto de presenza coas súas mandas, desta vez vestido de turista xa que el tamén debeu andar de viaxe polo mundo como a nosa mascota da biblioteca a que lle estamos axudando a recuperar a memoria investigando sobre os diferentes países nos que estivo.
Tamén recibimos a visita dalgunhas das figuras do entroido da provincia de Ourense coma o boteiro de Viana ou os galos da Mezquita.
ÁLBUM DE FOTOS DOS DISFRACES DO ENTROIDO 2023
SORTEO CESTA DO ENTROIDO
No desfile do vindeiro 17de febreiro terá lugar un sorteo organizado polas familias do alumnado de 6º de Educacion Primaria co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de etapa de dito alumnado.
Podedes mercar as participacións durante o desfile, ao longo do desfile estarán as familias vendendo.
O desfile comeza no Parque da Infesta e remata no mesmo. Ao remate levarase a cabo o sorteo coas papeletas vendidas para asegurar que toca a cesta.
No caso de que o gañador/a xa non se atope nese momento, o número agraciado será dado a coñecer na páxina web do centro e en redes sociais; ademáis informarase do mesmo ás familias a través de ABALAR.
Animádevos tod@s a participar!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »