Certame Chefs Saudables

Unha vez máis o noso cole participa no certame de "Chefs Saudables" posto en marcha pola Consellería de Sanidade. O obxectivo era elaborar un prato principal que incluise alomenos legumes, peixe e verduras ou hortalizas. Desta volta participaron os nenos e nenas de tres anos elaborando ricas Arepas e as nenas e nenos de 1º de primaria que cociñaron un saudable Cous Cous de verduras. Nestes videos podedes ver os seus traballos e comprobaredes que a calquera se lle abre o apetito!

Servizo de atención temperá

Dende hoxe, 3 de abril de 2018, o noso centro conta cun novo servizo de acollida temperá para as familias que o precisen. Se estades interesados non deixedes de achegarvos para  pedir información.

Exposición "Lembranzas do pasado"

Do 20 ao 23 de marzo na biblioteca do cole tivo lugar unha exposición de aparellos diferentes cos que nos remontamos ao pasado. Tratábase de diferente material que estaba agochado no vello laboratorio do cole e que foi atopado o curso pasado. Dende máquinas de escribir, teléfonos, microscopios, balanzas, tocadiscos etc... Todos en perfecto estado e con moitas cousas que contar. Os nenos dos diferentes cursos investigaron sobre eles e elaboraron unha pequena ficha que acompañaba a cada obxecto. Ademais na clase de música traballouse a obra de Leroy Anderson "A máquina de escribir", que foi o aparello que elixiron para investigar os alumnos/as de terceiro.

Día da Árbore . Marzo de 2018.

O 22 de marzo conmemórase o Día da Árbore e no noso cole celebrámolo plantando un salgueiro que nos facilitou a Deputación de Ourense. O seu novo fogar está no patio, nun lugar protexido onde todos o coidaremos para que medre san e forte. e como non, entre todos escollimos un nome para poñerlle. O elixido foi: SEIXALGUEIRO.

Álbum de fotos día da Árbore. Marzo 2018

 

Artesanía na Escola

No mes de Novembro comezouse unha nova actividade nalgunhas aulas moi motivadora para todos. Tratábase de tecer cun telar para lá. A actividade acolleuse moi ben por parte de todos os nenos que adicaron parte do seu tempo a esta tarefa. Os máis maiores fixeron gorros que logo luciron no festival de Nadal. Os de 2º A fixeron unha bufanda entre todos, e os peques de cinco anos fixeron unhas bonitas pulseiras e colares cun telar adaptado cos que complementaron os seus disfraces polo entroido. Foi unha actividade moi productiva e motivadora! 

Álbum de fotos Artesanía na escola. Seixalbo curso 2017/2018

 

Actividade de Socorrismo

Os alumnos de Sexto disfrutaron no día de hoxe dunha actividade de socorrismo moi interesante e práctrica coa que aprenderon moito.

 Álbum de fotos Actividade de Socorrismo. Marzo 2019

 

Encontros co autor Xavier Estévez

A Concellería de Educación, un ano máis agasallou aos nenos de 5º de Primaria cun libro co que traballaron na aula. Esta vez tratouse de "Avións de papel" de Xavier Estévez. Hoxe, 15 de marzo tiveron a sorte de poder asisitir a un encontro co autor no Liceo co que puideron coñecer un pouco máis da súa obra e inquedanzas. Foi un encontro moi ameno e cercano, no que os nenos e nenas puideron realizar as preguntas que consideraron oportunas a Xavier Estévez. Xa por último o autor asinou os libros de todos os nenos e pousou para unha foto de recordo do acto. Todos os nenos ían encantados e algún deles incluso lle pediu a Xavier que escribise unha segunda parte do libro. Grazas Xavier!

Álbum de fotos Encontros co autor Xavier Estévez Avións de Papel

Saída ao auditorio 1º e 2º. "Garbancito"

Hoxe os alumnos de 1º e 2º asistiron a unha representación no auditorio, no que se contaba o conto de "Garbancito". Aquí vos deixamos algunha foto da actividade.

Álbum de fotos Saída 1º e 2º Auditorio

Visita da Bombeira Cristina

O día 7 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, veu de visita ao cole a bombeira Cristina para dar a coñecer a súa profesión e reivindicar o papel da muller en profesións que son normalmente masculinas. Os nenos fixéronlle preguntas moi interesantes e divertidas. Grazas Cristina por aceptar a nosa invitación!!

Actividade "AQUALOXÍA" Alumnos de 3º

O luns cinco de marzo tivo lugar a actividade "AQUALOXÍA" organizada por Viaqua a través do concello de Ourense. Viñeron dous monitores con recursos educativos dixitais e interactivos. O alumnado fixo actividades prácticas sendo parte activa no desenvolvemento dun conto. Xogaron a descubrir o consumo e a rede de transporte de augas, facendo actividades para saber xestionar a auga nunha cidade.

Tamén houbo tempo para a reflexión sobre temas de cómo evitar que se manche a auga, non malgastala...

Ademais ao remate déronlle a cada neno un diploma e unha bolsa. Estivo xenial!!

Álbum de fotos dActividade "Aqualoxía"  Imagen animada de Agua   Grifos Llaves de paso   Agua 107

Actividades de Saúde Bucodental

Este luns 5 de marzo contamos coa visita dos alumnos do CIFP de A Carballeira que viñeron ao noso centro con moitas actividades relacionadas coa hixiene e a saúde bucodental. Estaba dirixido a nenos e nenas de 4 e 5 anos e dos cursos de 2º, 4º e 6º. Estiveron boa parte da mañá traballando e xogando con nós e pasámolo xenial, ademais de aprender moitas cousas. Ademais fixéronnos pequenos agasallos e déronnos un diploma pola participación nas actividades e xogos. Encantounos todo, foi unha actividade estupenda e que mereceu a pena. Grazas a todos os futuros hixienistas que o fixeron posible!! Ah, ademais a vindeira semana os nenos e nenas de 4º de primaria están invitados a visitar o seu centro na carballeira. Alí estaremos!

Álbum de fotos de saúde bucodental

Ven a coñecernos!

Lembrade, hoxe Xornadas de Portas abertas!! E se non podes vir aqui tedes un video onde vos amosamos parte do noso centro...

Un contedor de papel para o noso cole

Hai xa algún tempo que botabamos en falta no nose cole un contedor de papel e os nenos de 2º A que ademais levaban reciclándoo desde o inicio de curso non tiñan onde botalo polo que decidiron tomar a iniciativa de dicirllo ao Sr, Alcalde. A sorpresa foi que o Sr. Alcalde respondeu positivamente a súa petición e fixo chegar ao noso cole o tan desexado contedor de papel. Non só iso, senon que ademais os nenos e nenas de 2º A tiveron a sorte de contar coa súa presenza na aula. Todo un luxo! Estámoslle moi agradecidos ao Alcalde pola atención que tivo con nós e por iso fixemos este vídeo onde se recolle toda esta aventura. Grazas Alcalde!!

AQUÍ ÁLBUM FOTOS

ENTROIDO 2018

O Entroido chegou e celebrámolo por todo o alto con distintas actividades que podedes ver premendo nos distintos elementos animados da imaxe. Grazas a todos os que fixestes posible que todo saise moi ben!!

 

Día da Paz 2018

O Día da Paz celebrámolo con diversas actividades que podedes ver na seguinte imaxe premendo nos diferentes elementos.

Recuncho de Infantil na Biblioteca

Dende o equipo de Biblioteca tentamos ir mellorando e conseguindo espazos máis cómodos, atractivos e motivadores para que todos esteades desexando visitala. Un deles é este recuncho para os pequenos do cole, no que non faltan estanterías cos contos propios destas idades idade, unha alfombra e cómodos coxíns para pasar un rato moi agradable entre miles de historias.

 

 

Preparando o Día da Paz

A finais deste mes temos unha nova cita, neste caso para celebrar o Día da Paz e non violencia. Para celebralo imos traballar estas dúas cancións que aquí vos deixamos: "Baile da Paz" de Mamá Cabra e "Intenta respetar"  de Carlos Baute.

 


Festival de Nadal 2017

Antes de comezar as vacacións de Nadal celebramos o noso festival de Nadal como todos os anos, no que non podían faltar bailes, cancións, panxoliñas, teatro e moitas cousas máis. Aquí podedes ver as fotos e vídeos de todo o que fixemos con tanto esforzo e ilusión.

ÁLBUM DE FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2017

Circopeta

Circopeta é o título do espéctaculo do que os nenos de 1º e 2º gozaron no auditorio o luns 4 de decembro. 

Álbum de fotos "Circopeta". Saída 1º e 2º

A celebración do día da diabetes no xornal "La Región"

O pasado mércores 22 de novembro recollíase no Xornal Escolar de "La Región" unha referncia á celebración do día da diabete no noso centro. Aquí vola deixamos

 

O Magosto tamén no xornal

Así aparecíamos onte en "La Región" con motivo da celebración do Magosto.

 

Día Mundial da Diabetes

Onte 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabete e no noso cole non quixemos deixar de realizar pequenas actividades conmemorando a data, xa que algúns compañeiros conviven con esta enfermidade día a día. Neste vídeo podedes ver o que fixemos: charlas sobre a doenza, realización do símbolo da diabete, xogos con globos e Ana, a encargada do comedor, vestiuno de gala para a ocasión con bonitas cores azuis, a cor representativa da diabete. Aquí vos queda o vídeo.

FESTA DO MAGOSTO

Este venres 10 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. Non faltaron moitos xogos tradicionais cos que o pasamos moi ben e como non, ricas castañas asadas e quentiñas. Aquí vos quedan as fotos da celebración e algún vídeo cos mellores momentos.

Álbum de fotos O Magosto

 

 

Saídas didácticas

Esta semana, o luns e o martes e o xoves realizáronse tres saídas didácticas. A primeira foi o luns ao auditorio cos alumnos de 4º para asistir ao concerto dun quinteto de metais que levaba por título "Os Superhércules". Ao día seguinte os nenos e nenas de quinto e sexto foron á Escola Municipal de Artes Escénicas e disfrutaron dun obradoiro de danza. Por último,  o xoves os nenos de 1º e 2º asistiron a unha actividade sobre  a auga no Xardín do Posío. Aquí vos deixamos as fotos e vídeos.

 Álbum fotos saída auditorio "Os superhércules" 06-11-2017

 Álbum fotos saída actividade de danza 5º e 6º E.P. 07-11-2017

Polo Samaín tamén no xornal

A "Voz de Galicia" quixo unha vez máis recoller entre as súas páxinas do 1 de novembro a exposición de cabazas que realizamos no cole grazas a colaboración das familias. Desde aquí dámosvos as grazas polo voso esforzo e colaboración da que nos sentimos moi satisfeitos, pois cada ano as vosas creacións son máis sorpendentes. Grazas por compartilas con nós. . O xornal "La Región" tamán publicou hoxe 8 de novembro unha noticia sobre a exposición das cabazas Aquí vos deixamos a referencia á exposición nos dous xornais la "Voz de Galicia" e "La Región" 

 

Así celebramos o Samain

Seguimos de celebracións no cole. Despois do día da Biblioteca esperábamos con moitas ganas o Samaín e foron moitas as cousas que fixemos. Non faltou a xa tradicional exposición de cabazas que non poderíamos ter realizado se non fose pola inestimable colaboración das familias que ano a ano se superan coas súas creacións. Podédelo ver no vídeo que hai máis abaixo e nas fotos do álbum. Fixéronse traballos escritos de contos de medo e de menús do samaín; cantáronse cancións e os máis pequenos do cole tiveron tamén a súa particular celebración: unha merenda terrorífica na que comeron arañas, cabazas e fantasmas e a visita da bruxa Catuxa,que ultimamente non falta nunca a esta cita. A continuación podedes ver vídeos e fotos de todo isto. Espero que vos gusten. Nós pasámolo de medo!

 

 

 

 

CONTOS DE MEDO DE 6º

 

Novamente no xornal!

Desta volta a Voz de Galicia interesouse por un traballo realizado polos nenos a partires dun niño que Marcia atopou e levou ao cole con toda a ilusión. Tamén resaltaron a actividade levada a cabo por mor dos incendios que asolaron a Galicia o 15 de outubro. Deixámosvos a noticia para que a leades.

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares. No salón de actos realizamos diferentes actividades que podedes ver no seguinte vídeo. Nel recóllense desde ás dos días previos ata as de hoxe.

ÁLBUM DE FOTOS

ÁLBUM DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet