Actuacións do festival de Nadal

Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!

Festival de Nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal no cole para todos os nenos e nenas e mañá será o gran día, pois todas as familias que o desexen poderán acompañarnos e disfrutar do traballo que realizamos durante as últimas semanas. Asi pois, esperámosvos a partir das once e media no salón de actos! Só recordar unha cousa importante...

Así foi a visita de Susa Herrera

Por fin chegou o momento esperado no que Susa Herrera subía ao escenario e nos deleitaba coas súas cancións de animais do seu coñecido libro "Cantos animais". Desde o primeiro segundo todos conectamos con ela e nos entregamos aos seus cantos e coreografías, desde os máis cativos aos máis maiores pasando polos profes. Foi un rato  moi agradable que se pasou moi rápido e que nos deixou con ganas de máis. Grazas a Anpa por brindarnos a oportunidade de desfrutar duns minutos musicais cheos de maxia e grazas a Susa Herrera por aceptar compartir con nós esa maxia que desprendes.

Susa Herrera visita o noso cole

Este venres ás doce e media, grazas a colaboración da Anpa, temos a sorte de poder contar no noso cole coa presenza de Susa Herrera coa que imos pasar un rato moi agradable e divertido escoitando e cantando as súas cancións de animais. Que privilexiados nos sentimos!

Certame do Concello Postais de Nadal

Os alumnos de 3º A e 3º B participaron nun Certame organizado polo Concello consistente en elaborar unha postal para felicitar este Nadal 2018. Aquí podedes ver as súas creacións.

Saída 3º A e 3º B "O Ártico se rompe"

O 23 de novembro os alumnos de 3º A e 3º B realizaron unha saída que resultou moi interesante. Visitaron unha exposición que se atopa no Xardín do Posío titulada "O ártico se rompe" e tamén visitaron o IES Otero Pedrayo pois conta cunha colección de aves disecadas que merece a pena ver. Foi unha xornada moi aproveitada ademais de divertida!

Samaín 2018

E aquí está o Samaín! Un ano máis celebramos o Samaín cunha impresionante exposición de cabazas na que cada ano vos superades máis. Impresionantes! Noraboa a todos os que colaborástedes e grazas pola vosa participación. Ademáis o cole vestiuse para a ocasión cunha decoración de medo. E por suposto a nosa amiga a Bruxa Catuxa visitou de novo aos pequenos do cole, os nenos e nenas de Educaión Infantil, convidándoos a larpeiradas. Pinchade na imaxe nos elementos que se moven e poderedes ver catro vídeos diferentes relacionados con esta celebración. A ver se os atopades!

Día da Biblioteca

Este mes celebramos o Día da Biblioteca cunha actividade no salón de actos moi divertida. Tras explicarnos o tema escollido este ano dende Bibliotecas Escolares que é sobre a poesía, e o do centro que xirará en torno a "Alimentación saudable", un grupo de mestras expuxeron no escenario diferentes razóns da importancia da lectura. Ao final cantamos todos xuntos unha canción que fala da importacia de "alimentarnos" saudablemente lendo moitos libros. Pasamos un ratiño moi entretido!

Un recreo alternativo

Este ano decidimos adicar un día á semana a xogos sen balóns. Así pois, os venres os  deixamos aparcados, pois non só eles teñen que ser os protagonistas nas horas de lecer, senon que hai moitos máis xogos que poden resultar divertidos e interesantes. A zona da entrada converteuse nun recuncho de xogos tranquilos, onde están permitidos os xogos de mesa, cartas, construccións etc... e tamén proximamente sairá á luz a nosa Bibliopatio cunha selección de títulos para os que queiran adicar un ratiño á lectura.

Os pais continuan a loita polo cambio de xornada no centro

Hoxe, 12 de setembro de 2018, comeza o curso escolar e no CEIP Seixalbo continúan os actos para tentar cambiar o actual horario do centro.

A piques de comezar o curso escolar, hoxe, 11 de setembro continuan as reivindicacións dos pais do grupo promotor pola xornada única no CEIP Seixalbo.

Hoxe 28 de agosto, Nuria Sueiro, nai integrante da comisión que se formou no centro para tentar levar a cabo un cambio de xornada, foi entrevistada pola canle Telemiño para dar a coñecer a nosa problemática e inquedanzas.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS SOLIDARIO

Xa está dispoñible a listaxe definitiva do reparto de libros do fondo solidario.

Lembramos que as clases comezan o 12 de setembro

as 9:30h.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Xa está dispoñible a listaxe provisional do fondo solidario.

A listaxe definitiva estará dispoñible o martes 10 de xullo.

CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL

Xa están dispoñibles os cheques de libros e material para 1º e 2º, e os de material de 3º a 6º.

Poderanse recoller durante esta semana e ata o martes 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 2024/2025

Adxúntanse os arquivos dos Libros de texto para o Curso 2024/2025.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

                                             FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

                                           AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

                                                          E MATERIAL ESCOLAR

                                                     CURSO ESCOLAR 2024/2025

 

 

                      (INFORMACIÓN E IMPRESOS SOLICITUDE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS) 

Powered by Drupal - Design by artinet