DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME CDG

 

 

Hoxe, 16 de Maio é o día mundial da concienciación da CDG.

Un ano máis, queremos mostrar o noso apoio para tratar de darlle máis visibilidade a esta enfermidade.

 

 

O noso alumno Miguel, ten CDG. No seguinte enlace, podemos visualizar parte da historia da vida de Miguel nunha entrevista realizada á nai por parte da plataforma Rarecommons de Barcelona en outubro de 2015. "Nacer, crecer e aprender con CDG"

https://www.rarecommons.org/es/actualidad/nacer-crecer-aprender-cdg

 

Loitemos por máis investigación!

Loitemos por un tratamento curativo!

 Entre TOD@S podemos conseguilo!!!

TOD@S con Miguel!!. TOD@S coa CDG!!!

 

BIBLIOTECA PARA FAMILIAS

 

Dende o Departamento de Orientación poñemos en marcha o servizo de préstamo de libros para as familias. Para a súa posta en marcha contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización de Convivencia e co Equipo de Biblioteca.

Papás del mundo // Mónica Carretero

 

 

 

 

 

 

 

 

Ricas e exquisitas novidades de abril

Non deixedes de pasar pola biblioteca que neste mes cocíñanse uns títulos moi interesantes. Dádevos présa porque ademais chegou ao cole un monstruo famento disposto a comerse todos eses libros e  máis, asíque a por eles antes de que desaparezan!!

Novidades do mes de marzo

Xa están a vosa disposición os últimos títulos que forman parte da nosa biblioteca. Non deixedes de botarlles un olllo, seguro que atopades o voso preferido!

ÉXITO TOTAL DO ENTROIDO

O venres 1 de marzo celebramos como estaba previsto o desfile polo pobo de Seixalbo. Saímos ás once e fixemos o percorrido polas rúas recibindo o agarimo e aplauso do público. Xa na praza, presidida pola presenza no balcón de Paquita e Nicanor, realizamos as coreografías que preparamos durante estes días. Este ano acompañounos Vicentiño despois de estar todo o curso connosco e conseguir graduarse e que será entregado o martes de entroido a outro veciño ou veciña do pobo. Foi unha xornada moi divertida que encheu as rúas de música, cor e alegría. Aquí vos quedan vídeos e fotos de todo o acontecido.

Preparando o Entroido 2019

Levamos uns días preparando os disfraces que luciremos o vindeiro venres un de marzo no desfile de entroido que faremos polo pobo de Seixalbo. Aquí vos deixamos o cartel con toda a información. Agardámosvos a todos!

APRENDENDO SOBRE DIABETE!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMO DUNHA XORNADA MOI ENRIQUECEDORA E DA QUE POLO DE PRONTO CONTINUARÁ CON GRANDES SORPRESAS. ESTADE MOI ATENTOS!!!

MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE DIABETE AURIA POR DARNOS A OPCIÓN DE FORMARNOS E INFORMARNOS.

ATA PRONTO

 

 

 

.

Saída 3º A e 3º B

Os alumnos de terceiro realizaron unha saída ao centro da cidade onde visitaron unha exposición de arte privada na que puideron contemplar algunhas obras de arte de artistas como Sorolla e Dalí. Tamén visitaron o mercado onde puideron ver os diferentes postos de alimentación como carnicerías, peixerías, froiterías etc...

Día da PAZ 2019

Aquí podedes ver un resumo da celebración do Día da Paz. Se pasades de páxina na presentación poderedes ver os vídeos.

Charla sobre a diabete

Toda a comunidade educativa asi como familiares amig@s, veciñ@s e todo aquel que lle apeteza informarse, está convidad@ á charla informativa sobre a diabete que terá lugar no noso centro o vindeiro martes 12 de febreiro ás cico da tarde. Esperámosvos!

CONSEGUIDO!!

Hoxe, 23 de xaneiro de 2019, dende as 10 de mañá ás nove da noite, procedeuse a realizar unha votación en prol da xornada continuada, xornada que a maioría dos pais viñan demandando dende hai tempo. Damos as grazas á participación e colaboración das familias en todo o proceso e especialmente no día de hoxe, pois sabemos o esforzo que lles supuxo a moitas delas achegarse ao centro a depositar o seu voto. A participación foi dun 80% do cal un 70% manifestouse favorable á xornada continuada. Noraboa!

Proxecto de modificación de xornada

Este é o proxecto que se vai presentar para o cambio de xornada a unha xornada única. Lembramos que as votacións realizaranse este mércores e que o motivo desta celeridade é que así nolo pediron hoxe dende a administración. É fundamental a participación de tódalas familias para que o resultado sexa o desexado. Poden acudir a votar dende as dez da mañá ata as nove da noite.

Actividade Os Bolechas

Hoxe 17 de xaneiro de 2019, os nenos e nenas de terceiro e cuarto disfrutaron dunha sesión moi entretida cos coñecidos personaxes "Os Bolechas" onde aprenderon moitas cousas acerca de que facer cos residuos dos aparellos eléctricos.

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A DOTACIÓN DE ENFERMEIROS/AS ESCOLARES

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A DOTACIÓN DE ENFERMEIROS/AS ESCOLARES NOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO E PRIVADO CONCERTADO

O centro está a colaborar na recollida de sinaturas a prol da dotación de enfermeiros/as nos centros de ensino. Facilitamos o proxecto presentado para tal fin e que é apoiado por diversas asociacións.

O noso centro conta con copias para que poida asinar todo aquel que estea interesado en colaborar. Ditas copias estarán na conserxería do centro a disposición de toda a comunidade educativa.

Lembramos a importancia de colaborar xa que se trata dun beneficio para todos en xeral e para o noso alumnado en particular.

Mostramos de antemán o noso agradecemento pola vosa colaboración.

Actuacións do festival de Nadal

Aquí vos deixamos todas as actuacións do festival de Nadal deste ano 2018. Grazas a todos os que o fixéstedes posible pola vosa ilusión e esforzo. Aquí está o resultado!

Festival de Nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal no cole para todos os nenos e nenas e mañá será o gran día, pois todas as familias que o desexen poderán acompañarnos e disfrutar do traballo que realizamos durante as últimas semanas. Asi pois, esperámosvos a partir das once e media no salón de actos! Só recordar unha cousa importante...

Así foi a visita de Susa Herrera

Por fin chegou o momento esperado no que Susa Herrera subía ao escenario e nos deleitaba coas súas cancións de animais do seu coñecido libro "Cantos animais". Desde o primeiro segundo todos conectamos con ela e nos entregamos aos seus cantos e coreografías, desde os máis cativos aos máis maiores pasando polos profes. Foi un rato  moi agradable que se pasou moi rápido e que nos deixou con ganas de máis. Grazas a Anpa por brindarnos a oportunidade de desfrutar duns minutos musicais cheos de maxia e grazas a Susa Herrera por aceptar compartir con nós esa maxia que desprendes.

Susa Herrera visita o noso cole

Este venres ás doce e media, grazas a colaboración da Anpa, temos a sorte de poder contar no noso cole coa presenza de Susa Herrera coa que imos pasar un rato moi agradable e divertido escoitando e cantando as súas cancións de animais. Que privilexiados nos sentimos!

Certame do Concello Postais de Nadal

Os alumnos de 3º A e 3º B participaron nun Certame organizado polo Concello consistente en elaborar unha postal para felicitar este Nadal 2018. Aquí podedes ver as súas creacións.

Saída 3º A e 3º B "O Ártico se rompe"

O 23 de novembro os alumnos de 3º A e 3º B realizaron unha saída que resultou moi interesante. Visitaron unha exposición que se atopa no Xardín do Posío titulada "O ártico se rompe" e tamén visitaron o IES Otero Pedrayo pois conta cunha colección de aves disecadas que merece a pena ver. Foi unha xornada moi aproveitada ademais de divertida!

Samaín 2018

E aquí está o Samaín! Un ano máis celebramos o Samaín cunha impresionante exposición de cabazas na que cada ano vos superades máis. Impresionantes! Noraboa a todos os que colaborástedes e grazas pola vosa participación. Ademáis o cole vestiuse para a ocasión cunha decoración de medo. E por suposto a nosa amiga a Bruxa Catuxa visitou de novo aos pequenos do cole, os nenos e nenas de Educaión Infantil, convidándoos a larpeiradas. Pinchade na imaxe nos elementos que se moven e poderedes ver catro vídeos diferentes relacionados con esta celebración. A ver se os atopades!

Día da Biblioteca

Este mes celebramos o Día da Biblioteca cunha actividade no salón de actos moi divertida. Tras explicarnos o tema escollido este ano dende Bibliotecas Escolares que é sobre a poesía, e o do centro que xirará en torno a "Alimentación saudable", un grupo de mestras expuxeron no escenario diferentes razóns da importancia da lectura. Ao final cantamos todos xuntos unha canción que fala da importacia de "alimentarnos" saudablemente lendo moitos libros. Pasamos un ratiño moi entretido!

Powered by Drupal - Design by artinet