Resposta da primeira embaixada

 Hoxe foi un gran día para nós!! Unha gran caixa chegou ao noso cole. Viña da embaixada do Brasil!! Fai pouquiños días que os nenos e nenas de catro anos lle escribiran unha carta ao embaixador pedindo materiais diversos sobre Brasil, xa que é o país no que están a traballar dentro do PDI "Recordos na maleta" que levamos a cabo este ano. A chegada este curso da súa compañeira Esther foi o motivo polo que se decidiron a aprender moito sobre Brasil e así axudar tamén a Leo, a nosa mascota da biblioteca, a recuperar a memoria. A sorpresa foi maiúscula. Dentro da caixa viñan moitísimas cousas: carteis grandes con preciosas fotos de Brasil, moitos libriños e contos, tarxetas postais, follas con manualidades, bolsas de algodón coa bandeira do Brasil e ademais unha carta marabillosa, totalmente personalizada chea de agarimo e sensibilidade!! Todos estamos encantados coa fantástica resposta desta embaixada e dende aquí lles damos as grazas polo interese que amosaron enviando tantos materiais. MOITAS GRAZAS! ESTAMOS ENCANTADOS!! Aquí vos deixamos algunhas fotos para que poidades ver o que recibimos.

MAGOSTO 2022

Hoxe 10 de novemvbro celebtaremos o magosto con anadainas polo monte, asando castañas na fogueira e cun gran concerto que nos dará Paco Nogueiras cantando as canción do seu disco "Brinca Vai!"  Vai ser un gran día!

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE E RISCOS DE INTERNET

A Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno, visitaranos este venres 4 de novembro para falar co alumando de 5º e 6º de Educación Primaria (levaranse a cabo dúas charlas) sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar con descoñecidos a través de INTERNET...

 

A charla será impartida por un axente da Policía Nacional da Unidade de Participación Cidadá.

 

Queda pendente unha charla para familias que se levará a cabo unha tarde deste mes a cal se está a organizar contando coa colaboración da ANPA do centro. Seredes informados da mesma nos vindeiros días.

                                                                             A Orientadora do CEIP de Plurilingüe de Seixalbo

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

Durante os meses de Novembro de 2022 farase a renovación parcial do Consello Escolar.

Publicamos calendario. 

Así celebramos o Samaín

 Coa chegada do samaín foron moitas as actividades que se levaron a cabo no noso cole:

A entrada á biblioteca engalanouse cunha exposición de libros terroríficos....

 
Os nenos e nenas de infantil gozaron dun recuncho de samaín onde xogaron e leron moitos contos.

 

 


 

 

 

Tamén na biblioteca se leron contos de bruxas á luz da lúa!

 

 

 

 

 

 

 

 

E como non!, tamén nas clases se leron contos de medo á luz do candil!


 
O máis sorprendente foi a vista de dúas bruxas: Cuca do Brasil e Lucrecia de México. Estaba prevista tamén a visita de Befana, unha bruxa italiana pero ao non poder asistir enviou unha carta en italiano dando explicacións.
 A visita das bruxas era por un motivo solidario: facer un conxuro a Leo, a nosa mascota da biblioteca (en realidade dous conxuros, un do Brasil e outro de México) e intentar que éste recuperase a memoria. Non o conseguiron, asique os nenos e nenas do colexio terán que seguir estudando sobre os países que lles tocaron para que Leo recupere a memoria.

 




 

Tamén se fixeron fotos no photocall que se preparou en plurilingüismo...
E grazas as familias puidemos realizar unha exposición de cabazas aberta ao público no salón de actos decoradas según os países que se están a traballar no PDI. Foron verdadeiras obras de arte o que aportaron facendo que a exposición fose única e inigualable. Non quedou ningún país sen representación e a imaxinación e creatividade saltan á vista!
 

Grazas familias pola vosa colaboración!

 










 





 






 





 
 

VALES DE MATERIAL

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 

 

 

A Xunta ven de ampliar o “Vale de Material” en 25  € a todo aquel alumnado que xa foi beneficiario da axuda para adquirir material no Fondo Solidario de Libros adxudicado no mes de xullo.

 

 

 

Os vales poderanse recoller na Xefatura de Estudos desde o martes 18 de Outubro en horario de 9:30 a 14:30 horas. Se a persoa solicitante non puidera recollelo deberá autorizar a outra persoa.

 

 

Segundo instruccións remitidas aos centros, o vale deberá ser canxeado na libraría antes do 1 de decembro de 2022.  

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO DA "PRIMAVERA DAS LETRAS"

 

O noso cole, a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega ven de gañar, xunto con outros dous coles, o concurso "A Primavera das Letras" da Real Academia Galega, onde se promovía a figura de Florencio Delgado Gurriarán, personaxe homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

 

PICA NA IMAXE PARA VER A NOTICIA.

 

 

SOMOS GAÑADORES!!!

MODIFICACIÓN DAS NOFC

Tal e como se informou no Consello Escolar do pasado 30 de xuño de 2022, engadiuse un novo punto ás NOFC relativas ao reagrupamento dos cursos 1º, 3º e 5º de EP no caso de estar desdobrados con anterioridade.

No punto 5.1.11. do documento (pax 65) podedes consultar a xustificación pedagóxica de dita medida así como os criterios para levala a cabo de ser o caso.

Dita modificación entra en vigor o vindeiro curso 22-23 polo que no caso do alumnado que cursará 5º de EP levarase a cabo dito reagrupamento. Neste caso, as familias serán avisadas a principios de setembro polos titores do grupo que lle corresponde ao seu fill@.

Adxunto, podedes visualizar as NOFC  do centro.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDA LIBROS E MATERIAL

Informamos que xa foi publicada a LISTAXE DEFINITIVA de Axudas do FondoLibros.

Pódese consultar coa CHAVE 365 ou na Xefatura de Estudos ata o día 13 de Xullo en horario de 10 a 13 horas.

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2022/2023

Informamos que xa está publicada a Listaxe Provisional de Axuda do Fondo Libros tanto de texto como de material. 

En cumprimento coa ¨Ley General de Protección de Datos" a publicación só se levará a cabo na Xefatura de Estudos.

Tamén se pode consultar coa "Chave 365".

  • - Prazo de reclamación: ata o 6 de Xullo.
  • - Listaxe definitiva: 8 de Xullo.
  • - Recollida de vales no centro: do 4 ao 12 de Xullo en horario de 10 a 13 horas.

Información comedor escolar curso 2023-2024

IMPRESOS PARA SOLICITAR COMEDOR PARA O VINDEIRO CURSO 2023- 2024.

 Adxuntos tamén no apartado de Secretaría (Autodeclaracións e información comedor escolar).

 

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 12 de xullo.

 

Pódense presntar: -  a través do correo electrónico (ceip.seixalbo@edu.xunta.gal)

                           - de xeito presencial na sercretaría do centro (horario de 10:00 a 13:00 horas)

                            - no buzón exterior do centro.

 

 

 

 

 

 

 

Resumo dos traballiños na horta

No seguinte vídeo podedes ver un resumo con todas as tarefas, traballos e actividades arredor do noso horto escolar coordinado pola profe Elia. Agradecemos a todo aquel que fixo posible que se puidesen levar a cabo, a súa implicación: familias, alumnos, profesorado, Tamara, a nosa formadora, etc. Agora toca desfrutar do verán. Vémonos en setembro!

 

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 22-23

No seguinte enlace atoparedes toda a información relativa á solicitude de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 19 de maio ata o 30 de setembro (ámbolos dous incluídos)

Os gabinetes ou centros de reeducación aos que acoden os alumnos xa poden comezar a tramitar ditas solicitudes.

O Departamento de Orientación recollerá as solicitudes para proceder á súa validación dende o ata o 30 de setembro así como para informar e tratar de resolver todas as dúbidas que puideran xurdir.

É obrigatorio pedir cita con anterioridade:

- Chamando ao teléfono do centro 988237000

- Enviando un correo electrónico ao enderezo rbautista@edu.xunta.gal 

 

PREMER PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

Powered by Drupal - Design by artinet