MODIFICACIÓN DAS NOFC

Tal e como se informou no Consello Escolar do pasado 30 de xuño de 2022, engadiuse un novo punto ás NOFC relativas ao reagrupamento dos cursos 1º, 3º e 5º de EP no caso de estar desdobrados con anterioridade.

No punto 5.1.11. do documento (pax 65) podedes consultar a xustificación pedagóxica de dita medida así como os criterios para levala a cabo de ser o caso.

Dita modificación entra en vigor o vindeiro curso 22-23 polo que no caso do alumnado que cursará 5º de EP levarase a cabo dito reagrupamento. Neste caso, as familias serán avisadas a principios de setembro polos titores do grupo que lle corresponde ao seu fill@.

Adxunto, podedes visualizar as NOFC  do centro.

 

AdxuntoTamaño
NOFC Seixalbo (Versión julio 2022).pdf1.24 MB

Powered by Drupal - Design by artinet