O luns día 6 de novembro tivemos unha das clases da mestra Estela, sempre o pasamos moi ben con ela. Mirade:
Fixemos sopros, foron uns sopros moi divertidos, xa sabedes todos e todas que os nenos e nenas nos levamos moi ben coas pompas de xabón...
Ademais cos sopros axudamos ao desenvolvemento da linguaxe xa que exercitamos os músculos que interveñen na fala, especialmente as meixelas. O sopro axuda a mellorar a pronunciación e a consolidar os fonemas, algo moi importante á nosa idade.
Moitas grazas profe Estela!!