Ola familias!
A partir do venres 17 de novembro comeza a súa andaina a MOCHILA VIAXEIRA da aula de Infantil.
Adiantamos o calendario coas datas en que a levará cada neno ou nena á casa e o día que ten que regresar á escola.
Se queredes consultar o CALENDARIO da mochila premede AQUÍ, para ver o CONTIDO da mochila preme AQUÍ ou no arquivo adxunto.
A partir do pasado martes 21 de novembro engadimos na mochila un libro que mercou a mestra Mila e se titula: "Book for making lists of things on your mind and in your heart" (Libro para facer listas de cousas que temos na cabeza e no corazón).
Espero que vos guste e desfrutedes dela en familia!
Saúdos.
Émili
Anexo | Tamaño |
---|---|
MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL CONTIDO 2017 2018.pdf | 177.88 KB |
calendario mochila web.pdf | 37.96 KB |